sábado, 18 de junio de 2016

Carlos Vila Sexto

Naceu na Coruña en 1977, aínda que a súa vida familiar está moi ligada á cidade de Ourense, onde transcurriu boa parte da súa infancia e adolescencia.
 Lector e escritor precoz, deuse a coñecer aos catorce anos cando publicou a súa primeira obra, Alén da aventura (1992), gañadora do certame de novela xuvenil "Rúa Nova".
 Un ano máis tarde deu ao prelo Gárgola, tamén na colección Costa Oeste, e outro exemplo do tipo de novela que a Carlos Vila Sexto lle gusta contar: historias ben construídas nas que o medo, o terror ou o suspense fan que o lector non poida deixar de ler. 
En 1995 publicou Cara a fin da luz, abrindo un período no que se volcou na escrita de guións para series audiovisuais e películas, ámbito no que centra o seu traballo profesional. Afincado en Madrid desde hai anos, Vila Sexto regresa á creación literaria cunha novela na que nos ofrece o mellor do seu estilo, ese que xa leva cativado a miles de lectores "As sete mortes". 
Hoxe traémolo a estas páxinas pola súa obra "O enigma de Caronte" publicado pola Editorial Galaxia, obra da que falamos neste blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario