jueves, 12 de febrero de 2015

"Lar-Nai-Pan" de Xosé Neira Vilas

Ola a tod@s

Tráiovos unha novidade de Editorial Galaxia, que se presentou en Santiago, na librería Pedreira


Editorial:  Galaxia
224 páxinas
Rústica con lapelas
19,00 €
ISBN: 978-84-9865-568-1
Data publicación: Novembro 2014
2ª Edición
1ª Impresión
Inclúe o CD "Nai" lido por Uxía Blanco.


Un libro "Lar-Nai-Pan" no que se recopilan tres traballos  de Xosé Neira Vilas,  poemas en prosa editados en 1973, 1980 e 1986, por separado. Posteriormente, foron publicados en 1993 xuntos baixo o nome de "Charamuscas".

Os poemas gardan unha continuidade e comparten un mesmo ton poético a mesma vontade de síntese e o mesmo afán evocador da infancia, da adolescencia e do tempo ido que caracterizan a obra de Neira Vilas. As páxinas chaman á reflexión e á saudade dos momentos vividos e dos escenarios íntimos, particulares e comúns, do múltiple devir da sociedade galega nos seus sentimentos, dores e esperanzas. En “Lar, Nai, Pan” é todo vello e novo ao mesmo tempo, pasado e presente, cavilación e vibrante latexo.

O libro vai acompañado dun CD, "Nai" no que a actriz Uxia Blanco interpreta textos de peza homónima co que o escritor de Gres homenaxeou a  nai, reivindicado a figura materna como portadora da sabedoría para encetar a vida.



No hay comentarios:

Publicar un comentario