"O viaxeiro radical" de Xerardo Quintiá
O libro "O viaxeiro radical", de Xerardo Quintiá, é unha pequena novela na que se relatan parte dos momentos da vida dun persoaxe que elexiu vivir na nosa costa galega dunha maneira diferente. Pola súa forma de vivir e pensar foi criticado, máis tamén foi amado por aqueles que o coñeceron ben.
O viaxeiro radical, existiu na realidade e creo que non hai nin un só galego en toda a nosa terra que non soupera del, unos tratábano de tolo, outros admiraban a súa obra, e a moitos coma a min nos resultaba indiferente ainda que un pouco de curiosidade si que nos movia cando de él se falaba nos medios de comunicación, curiosidade por saber qué era o que movía a este home a ter ese comportamento e a facer as cousas extrañas (extrañas para min, claro) que facía.
Traio esta obra da Editorial Galaxia ata as vosas mans porque aquí, con este libro, saberedes da vida deste home, o porqué do seu comportamento, e aprenderedes que, o que é diferente, non ten por qué ser malo máis ben todo o contrario, as veces o diferente aporta cousas boas as nosas vidas.
Aprenderedes máis sobre a sociedade e o seu comportamento hacia todo o que é distinto, uns juzgan ó distinto como equivocado, outros juzgan á diversidade como algo positivo e enriquecedor, outros respetan ainda que non comprendan, e outros atacan todo o que para eles é diferente e supón un cambio.
Máis ademáis de ver un comportamento das nosas sociedades frente o dispar, veredes tamén a loita interna que todos temos por coñecer cal é o sentido da nosa vida, unha loita para coñecer as nosas necesidades e levalas a cabo, cómo inflúen nas nosas vidas todos aqueles que viven con nós e nos rodean e cómo unha decisión allea pode influir e cambiar o noso destino e a nosa visión da vida. Todo esto o veredes a través da vida e decisións deste home misterioso para moitos, Manfred Gnädinger, aquel alemán que chcgou a Camelle fai moitos anos despóis de percorrer media Europa buscando o sentido da súa vida.
Desfrutaredes dunha lectura agradable, adictiva polas reflexións que leva engadidas a lectura e polas aventuras e desventuras de Man, ó que terminaredes por coller cariño e ó que, finalmente, terminaredes por respectar e comprender. Estou segura de que gustaredes moito desta lectura de Xerardo Quintiá.
Comentarios
Publicar un comentario