"As terapias da doutora Ledicia" de Raquel Castro

Unha nova lectura tráeme ata aquí, o libro " As terapias da doutora Ledicia " da escritora Raquel Castro . A Editorial Galaxia encadra esta pequena maravilla na súa colección Árbore. Atopamos aquí un pequeno conto moi orixinal, en realidade, unha pequena obra de teatro na que se reflicten moitos dos problemas da nosa sociedade. Unha sociedade enferma, na que o diñeiro, as redes sociáis e uns valores equivocados, (se lle da máis importancia ó aspecto exterior das persoas que ó seu mundo interior; emítese a mensaxe equívoca de que canto máis diñeiro tes más vales entre outros; foméntase a insolidaridade e a violencia, etc) fan que os cidadáns se volvan máis frios e insolidarios cos seus conxéneres, se aislen, e fabriquen un mundo ideal e unha imaxe persoal falsa a través das redes sociáis, e só pensen en aparentar o que non son en realidade, para encanxar nunha sociedade que te xulga constantemente. Raquel Castro, trae da súa man persoaxes moi divertidos e moi típi...