"Teatro de Guiñol" de Pirilampo

Aquí temos de novo un pequeno gran libro-disco " Teatro de Guiñol " de Pirilampo , unha publicación da Editorial Galaxia que conta coa colaboración de Sonárbore e de o artísta gráfico Iván R. Xuntos fan unha obra moi marchosa e moi actual onde os máis beneficiados sen dúbida serán os máis pequenos das vosas casas. Con maestría todos levan ata as mans dos nenos uns poemas dun autor do que este ano se está a falar moito: Manuel María. Poderíamos dicir que son poemas vellos para rapaces novos, si, sería unha boa maneira de describir este pequeno libro. Os poemas son unha escolma recollida de tres poemarios de Manuel María: "As rúas do vento ceibe", "Os soños na Gaiola" e "Terra Cha". Os rapaces así, nesta obra verán como "O vento" que ven do mar, empurra a "O galo" fachendoso que descubre "A natureza" a que hai que coidar. Polo camiño atopará un "Teatro de guiñol", con moitos bonecos onde se poden ...