Día das Letras Galegas 2016: Manuel María

Ó FALADOIRO chegan noticias de que no ano 2016 a Real Academia Galega dedica a Manuel María Fernandez Teixeiro o Día das Letras Galegas, e dicir, o 17 de Maio.

Manuel María naceu en Outeiro de Rey, Lugo en 1929 e morreu no ano 2004 na cidade de A Coruña. Foi poeta, dramaturgo, narrador caracterizado polo seu compromiso e pola súa loita pola defensa da lingua galega.

No ano 1943 trasladouse a Lugo, alí cursou o ensino secundario e alí comenzou a súa carreira literaria e participando nunha conferencia literaria coñeceu a  Pimentel, Anxel Fole, Cunqueiro, Carballo Calero entre outros, e a través deles tomou contacto co galeguismo.

"Muñeiro de brétemas" foi o seu primeiro poemario, o autor so tiña dezanove anos, en 1950, o que faría del o poeta máis novo que publicaba en galego  naquela época.  Este poemario innauguraría a denominada "Escola da Tebra"

Trasladouse a vivir a Monforte de Lemos onde traballou como procurador. Casa con Saleta Goi.

Participou na reorganización política dos partidos nacionalistas galegos, na clandestinidade e que o leva a ser  concelleiro no ano 1979.

A partir da década dos oitenta, a súa poesía acada unha expresión máis íntima e humanista e nestes anos escribe e publica talvez o seu máis rico corpus poético. Forma parte da Asociación Socio-Pedagóxica Galega e Asociación de Escritores en Lingua Galega. 

En 1998 Manuel María e Saleta trasladan a súa residencia á cidade da Coruña, onde pasa os seus últimos anos e onde manterá unha tertulia no Kirs.

 Manuel María falece o 8 de setembro de 2004.

Obra poética:
  • 1950, Muiñeiro de brétemas
  • 1952, Morrendo a cada intre
  • 1954, Terra Cha
  • 1954, Advento
  • 1957, Auto do taberneiro. 4 ventos
  • 1958, Documentos personaes
  • 1960, Sermón para decir en cualquier tiempo (en castellano)
  • 1961, Auto do labrego. Céltiga, 4
  • 1962, Libro de pregos
  • 1962, Contos en cuarto crecente e outras prosas
  • 1963, Mar Maior
  • 1964, "A poesía galega de Celso Emilio Ferreiro", Grial, 6
  • 1965, "As augas van caudales" Grial, 9
  • 1966, "Os alugados" Grial 14
  • 1967, "Raimon, poeta de noso tempo", Grial, 18
  • 1968, Proba documental
  • 1968, Os soños na gaiola
  • 1968, Barriga Verde
  • 1968, Noticia da vida e da poesía de Xosé Crecente Vega
  • 1969, Versos pra un país de minifundios
  • 1969, Versos pra cantar en feiras e romaxes
  • 1970, Remol
  • 1970, Canciós do lusco ao fusco
  • 1971, A Rosalía
  • 1971, 99 poemas de Manuel María
  • 1971, O Xornaleiro a sete testimuñas máis
  • 1972, Odas nun tempo de paz e de ledicia
  • 1973, Aldraxe contra a xistra
  • 1973, Informe pra axudar a alcender unha cerilla
  • 1973, Laio e clamor pola Bretaña'
  • 1973, Cantos rodados para alleados e colonizados
  • 1976, Poemas para construír unha patria
  • 1977, O libro das badaladas
  • 1977, Poemas ó outono
  • 1978, Catavento de neutrós domesticados
  • 1979, As rúas do vento ceibe
  • 1982, Escolma de poetas de Outeiro de Rei
  • 1982, Versos do lume e do vagalume
  • 1985, O camiño é unha nostalxia
  • 1984, Cantigueiro do Orcellón
  • 1984, A luz resuscitada
  • 1986, Oráculos para cavalinhos-do-demo
  • 1986, Ritual para unha tribu capital do concello
  • 1988, As lúcidas lúas do outono
  • 1988, Sonetos ao Val de Quiroga
  • 1989, Saturno
  • 1990, Cancioneiro de Monforte de Lemos
  • 1991, Compendio de orballos e incertezas
  • 1991, Hinos pra celebrar ao século futuro
  • 1992, Panxoliñas
  • 1993, Os lonxes do solpor
  • 1993, Antoloxía poética
  • 1993, A primavera de Venus
  • 1993, Poemas a Compostela
  • 1994, Cantigas e cantos de Pantón
  • 1994, Poemas para dicirlle a dúas lagoas
  • 1996, O Miño, canle de luz e néboa
  • 1997, Sonetos á casa de Hortas
  • 2000, Brétemas de muiñeiro
  • 2000, Camiños de luz e sombra
Obra dramática:
  • 1957, Auto do taberneiro
  • 1961, Auto do mariñeiro
  • 1970, Barriga verde
  • 1976, Unha vez foi o trebón
  • 1979, Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela
  • 1979, Auto trascendental do ensino tradicional
  • 1979, Farsa de Bululú

Comentarios

  1. Outro gran escritor que tiña esquecido... O primeiro libro que lein for Terra Cha, ainda o teño pola casa, e algún máis que xa non recordo ben, así que a espabilar que hai moito que leer. O que si podo decir é que o pouco que pasou polas miñas mans deixoume moi bó sabor de boca. Unha vez máis gracias. Vicky

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias a ti por vir ó blog. Como ves tes moito onde elexir para disfrutar coa lectura de Manuel María, seguro que atopas algo máis del que te gustará. Bicos Vicky, moitos moitos bicos.

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández