Novidades Editorial Galaxia
Ola a tod@s, Tedes aquí novidades interesantes do que o panorama da literatura galega nos deixa entre as novas achegas que aparecen no mercado a través da Editorial Galaxia , vai unha para coñecer vida e obra dalguén que moitos descoñecemos, outra para os pequenos da casa...e polo que eu vin para os que xa non somos tan pequenos tamén e finalmente unha obra dunha nova escritora do panorama galego que fai o seu debut cunha obra que promete.. eu xa os teño no baúl das palabras. "Barthes filósofo" de Luis G. Soto Título: Barthes filósofo Autor: Luis G. Soto Editorial: Galaxia 2015 144 páxinas ISBN: 978-84-9865-608-4 P.V.P: 14,40 € IVE incluído Gañadora do Premio Ramón Piñeiro 2014 , que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da sunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro. O xurado valorou especialmente que o ensaio premiado faga unha interpretación, d...