Entradas

Mostrando entradas de abril, 2015

"O meu pesadelo favorito" de María Solar

Imagen
Aquí tedes o libro " O meu pesadelo favorito " da escritora e presentadora de televisión María Solar . Este libro foi editado neste ano 2015 pola Editorial Galaxia , e pertence a colección Árbore de dita editorial. Este conto orixinal a máis non poder recibiu o Premio Lazarillo 2014 e ten unas ilustracións coloristas e divertidas feitas pola man de María Lires que abren camiño coas súas cores e formas ás aventuras e desventuras que o persoaxe principal desta obra vivirá a través dos camiños que a medicación amósalle na súa mente. É un conto que non deixará indiferente a ningún neno que o teña nas súas mans. "O meu pesadelo favorito" é un libro pequeno, pero dunha gran axuda para os pais, porque a temática que toca é importante. A cantidade de cousas diferentes e de persoaxes diferentes que poden aparecer nun sono. Todas elas enriquecen ó soño e o fan irrepetible e moitas veces inolvidable. Todos eses persoaxes teñen unha función, unha explicación

María Solar

Imagen
María Solar naceu e vive en Santiago de Compostela. É xornalista da Televisión de Galicia e a Radio Galega. Licenciouse en Xornalismo e Bioloxía, ademáis de ser diplomada en Maxisterio e ter o título de especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. A súa actividade sempre se centrou no mundo da comunicación, na actualidade presenta na TVG A revista. Fin de Semana. Ten unha ampla traxectoria en radio e televisión, e na TVG presentou programas de todos os xéneros: culturais, magacines, informativos, de ciencia, musicais, concursos e galas, como Zigzag Diario, Ciencianosa, En pé de festa, Arrampla con todo. Na Radio Galega presentou e dirixiu durante oito anos o magacín As tardes da Galega. Como autora diríxese ao público infantil e xuvenil. En Galaxia publicou os libros: Vou ter un inmán¡¡¡ ( Premio Frei Martín Sarmiento 2013), e A verdadeira historia da mosca da tele (Premio Frei Martín Sarmiento 2014). No ano 2015 publicou o libro O meu pesadelo favorito pertenc

Fragmento de "O meu pesadelo favorito" de María Solar

Imagen
A muller indicoulle que abrise sen medo a caixiña turrando do tirador azul que tiña. Así o fixo e entón viuse na praza dunha vila estranxeira, parecía americana, sen dúbida era a que indicaba na ficha. Había xente camiñando, reparou na beirarrúa, nun mozo e unha moza duns 30 anos que camiñaban xuntos, falando. El era alto, de pel moi branca con moitas pencas e uns intensos ollos azuis, ela levaba o pelo recollido nunha coleta que se movía ao andar, era morena e tamén moi branca ainda que sen pencas. Levaban roupas de abrigo, era inverno e ía moito frío. De súpeto empezou a caer moita auganeve. Grandes gotas que comenzaron a mollar o pelo dos dous, e correron cara a un supermercado próximo para abrigarse. Botaron unha curtiña carreira, berrando e rindo por aquela inesperada chuvia que os estaba enchoupando. Sen saber ben como, colléronse da man para apurar máis. E así alcanzaron o lugar resgardado e riron xuntos, moi cerca un do outro, moi cerca unha boca da outra, a piques de rozars

Día del Libro del 2015: Kafka y Castelao

Imagen
Hoy es el Dïa del Libro, y dos dejo un fragmentos de dos de mis obras favoritas, " La metamorfosis " de Kafka , uno de los libros que más veces he leído, cada vez que lo leo le encuentro un nuevo matiz, un nuevo significado, y , por otro lado, un fragmento de la obra " Un ollo de vidrio " de Castelao , un clásico de la literatura gallega con un encanto especial. Ahí os los dejo, ¿con cúal os quedáis? FRAGMENTO DE " UN OLLO DE VIDRIO " DE CASTELAO. Eu nascín, medrei e fíxenme home, e un bo día enfermóuseme un ollo. Fun aos médicos e lambéronme unha manchada de cartos e no remate de contas o ollo sandar sandou, pero quedoume grolo. Por aquel tempo tiña un galo tan amante que viña comer na miña man. Chamáballe Tenorio. Un día estaba eu agachado cos graos de millo na cunca das maus, veuse cara min, paseniñamente, tripando a terra con aquel de señorón fidalgo. Plántase diante de min, ergue o pescozo pra fitar de perto, cicais bulron

"Quintana viva" de Xosé Filgueira Valverde

Imagen
O libro " Quintana viva " do escritor Xosé Filgueira Valverde , (editado pola Editorial Galaxia , na colección Literaria e dentro da nova Biblioteca Xosé Filgueira Valverde ) é un libro delicado (como a súa cuberta decorada cunha imaxe de Ovidio Murguía e de nome "Verán"), escrito en prosa poética como o seu autor di no libro. Uns relatos de coidado formato, cortos e concisos nos que, cun vocabulario rico, amósanos un retrato costumbrista  dun mundo perdido, unha Galicia extinguida ou si acaso só existente en pequenos pobos e pequenos recunchos do interior do noso pais. Esos recunchos onde o tempo vai máis lento, as sensacións son máis auténticas e os sabores máis intensos. Unha obriña dividida en catro apartados e onde se amosan algúnhas das mellores pezas literarias do autor coas que pretente amosarnos unha Galicia dos anos vinte onde a forma de vivir e de sentir era moi diferente a de hoxe en día. Así a través da visión dos cativos, e recordand

Día das Letras Galegas: Xosé Filgueira Valverde

Imagen
Xosé Filgueira Valverde (Pontevedra, 1906-1996), autor do libro Quintana viva libro reeditado pola Editorial Galaxia  pertence á xeración dos escritores formados no espírito do Seminario de Estudos Galegos, do que foi membro fundador.  Catedrático de Lingua española e Literatura no ensino secundario, tamén foi dierctor do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, alcalde de Pnteverdar, conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia no primeiro goberno galego, presidente do Consello da Cultura Galega e director do Museo de Pontevedra. Como escritor, colaborou en moiros dos xornais galegos e en revistas coma Nós e Grial, recollendo a súa abundante producción bibliográfica na serie Adral (nove volumes). Da súa obra literaria, ademáis de Quintana viva (1971), cómpre salientar O vigairo (1927). Parte do seu enorme labor como investigador compilouna no libro Estudios sobre lírica medieval (1992). Déixovos un video interesante sobre o autor.

Fragmento de "Quintana viva" de Xosé Filgueira Valverde

O ALCUMANTE Do mesmo xeito que  cada freguesía ten un seu cantaruxeiro que fai as cantigas para os Entroidos, os Maios e as chocalladas, tamén hai en todo lugar un tal que pon os alcumes. Ninguén llo leva a mal, e ainda non falta quen deixe encargado que lle poñan a nomeada na necrolóxica cando morra: -Debaixo daquilo de " El Señor Don Francisco Rigueiro da Ponte", enriba do RIP, poñedes, entre parénteses (Mixela). - Pero home, mira que ese é un remoquete moi feo. - Primeiro que non vén a conto discutilo, porque non hei morrer tan cedo, e logo que non digo que faga bonito ou feo,  eu son para todos o Mixela, dende que me lumbrou dese xeito o Alcumante, e Mixela hei ser de morto...  E no seu día, nas necrolóxicas, baixo os nomes, vanse vendo no xornal "Chilgorro", "Memelo", "Calacú", "Picheleiro", "Xatevexo", "Titirití" e aínda "Ricoporco" e "Papalandochas", que todos foran sacados

"A mamá que perdeu as cóxegas" de Clara de Roxo

Imagen
Ola ¡¡  " A mamá que perdeu as cóxegas " e o orixinal título que a súa autora Clara do Roxo elexiu para o seu libro, editado pola Editorial Galaxia . Un título que xa de por si amosa que temos un pequeno problema que resolveremos non sen facer primeiro algunha que outra indagación. É un feito que os cativos prestan atención ó seu arredor aínda que nos ás veces non o vemos. Mesmo parece que os nenos só están a xogar, ou a ler, ou a mirar a tele, pero só é un parecer, o cativo está cun ollo a xogar máis o outro ollo está atento ó seu arredor. O cativo está  coa función "APRENDER" sempre en "ON" esto  o leva a observar, comparar e analizar a realidade que ten máis cerca, o pai, a nai, a irmá, os amigos, todo é obxeto da súa observación e análise. Pero ás veces ó neno faltalle información que o leva e chegar a conclusións non sempre acertadas. ¿E por qué lle falta información? Porque os que estamos ó seu arredor, ocultamos o que pasa

Clara de Roxo

Imagen
A Clara do Roxo o que máis lle gusta facer na vida é ler e escribir. Tamén é feliz cando anda en bici, ou pasea pola praia do Vao en inverno. Vólvenlle tola as chuches, aínda que xa sabe que son moi malas para os dentes. Como o seu maxín andou sempre de castelo en castelo mergullado nos tempos antigos, decidiu estudar Historia, para comprender mellor a vida e aventuras dos reis e raíñas e das damas e cabaleiros, os seus segredos e degoxos e tamén para coñecer os motivos incomprensibles das guerras terribles que sucederon hai tantos e tantos anos. E así foi como agora, xa de maior, acadou o seu maior devezo, ser escritora de verdade. "A mamá que perdeu as cóxegas" é a súa primeira novela, que imaxinou para o seu fillo pequeno e para todos os nenos que teñan unha ilusión na súa cabeciña. Logo imaxinou outra historia que tedes que ler tamén " A princesiña que conducía unha locomotora "

Novidades da Editorial Galaxia

Imagen
Aquí tedes unha das novidades da Editorial Galaxia que eu pronto leeréi e que sae con motivo do próximo Día das Letras Galegas, adicado ó escritor Xosé Filgueira Valverde. Autor: Xosé Filgueira Valverde Titulo: Quintana Viva Colección Literaria Ed. Galaxia 2015, 136 páxinas PVP 12 € Ive incluido Acuarelas do vivir galego Coincidindo co Dia das Letras Galegas dedicado a Xosé Filgueira Valverde , Editorial Galaxia comeza a publicación da Biblioteca Filgueria Valverde, unha serie que, integrada na colección Literaria, se inicia co seu libro de relatos Quintana Viva . Esta biblioteca de autor irá ilustrada en cuberta coa obra pictórica de Ovidio Murguía. Neste libro, Filgueiira Valverde recolleu relatos escritos durante cincuenta anos. O propio autor define estas pezas literarias como "pequenas refendas, en prosa poética, encetadas con 'Os nenos', narracións do feitío que Castelao soubo axiña soerguer coma niguén e nomear pa