"Bágoa de lúa" de Sabela González
"Bágoa de lúa" é o título do primeiro libro da triloxía "As crónicas de Landereina", da escritora Sabela González, e editado pola Editorial Galaxia.
Unha triloxía do xénero de literatura fantástica onde a través de incríbeis persoaxes Sabela Gonzáles lévanos ata a fronteira do coñecido para enfrontarnos a novas situacións, lugares e persoaxes que non son o que aparentan ser, poderes descoñecidos impensábeis nunha persoa pero que a todos nos gustaria posuir, malos malísimos que queren dominar todo ó seu aredor e valentes loitadores que queren o ben para todos aínda que elo conleve a perda da súas propias vidas. Non sería fantástica esta novela si nela non houbera obxetos de poder..eses obxetos poderosos que caídos nas máns erradas poden perpetrar grandes danos a humanidade toda e ó que non é humanidade tamén, e ahí temos unha pequena "pinga do ceo" que volverá tolas a dúas nenas, indo dun lado para outro para salvarnos a todos.
Con boas descripcións dos lugares por onde a aventura vai xurdindo, coñeces as protagonistas , duas xóvenes mulleres que xuntas loitan contra outra muller descoñecida pero que o quere dominar absolutamente todo. Unha loita pola liberdade e contra a opresión de calquera forma de goberno escuro e tiránico a través da cal atorparedes un montón de persoaxes secundarios ainda que moi importantes para a acción, que non os deixarán indiferentes, centauros, elfos, amazonas ou druidas malvadas que vos farán unha lectura moi amena e divertida. E logo por suposto, os brazos executores das maldades, que veñen de man dos kaihumm, un enorme exército que vai oscurecendo todo ó seu pasao, deixando só medo e morte ó seu aredor.
Con ben calculados saltos no tempo, Sabela preséntanos aquí a parte da familia Gheiroez, os saltos o pasado farán comprender a situación presente na que están inmersas Berenguela e Güenaela, estes saltos fan que a acción sexa máis lixeira e a autora corta a acción no momento máis interesante para manter a intriga, un dos ingredientes clave na novela fantástica. A consabida loita entre o ben e o mal, a cobiza, a amizade, a lealdade, a traizón son algúns dos témas que se ven nesta novela, así como a tiranía e a loita pola liberdade dos pobos. E por suposto, un final aberto no que te quedas coa mel nos beizos ata que consigas a segunda parte da Triloxía
Así que unha obra pequena, dividida en cinco partes que son cinco saltos no tempo, un amuleto máxico, persoaxes imaxinarios, maxia por todos lados e moitas aventuras fan desde libro unha lectura moi divertida e rápida, ben urdida que os fará pasar unha tarde vertixinosamente. O que máis me gusta da obra é que nunhas dúas centas páxinas relátase unha interesante narración fantástica. Un exemplar da nova literatura galega e do saber facer dos nosos novos escritores¡¡ Todo un paseo pola imaxinación de Sabela González e unha experiencia moi agradable ler as súas letras. Eu vou pola seguda parte da triloxía, e xa volveréi nuns días para contarvos mais cousas desta interesante novela.
Moitas grazas polas túas palabras! Así dá gusto seguir esforzándose :) Apertas!
ResponderEliminarGrazas a ti por facerme pasar bos momentos de lectura. Unha aperta para ti tamén Sabela.
Eliminar