Mergullarse na literatura infatil e xuvenil galega

Déixovos pequenos tesouros da literatura infantil e xuvenil que teñen unha pinta moi atractiva e divertida. Penso que son bos agasallos para a nosa xuventude, e dende logo non deixan indiferentes. Algúns deles recomendados por dos ananos parlanchines "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas Editorial: Xeráis Papel 14x19 cm Rústica cosido a fio 176 páxinas ISBN: 978-84-9914-739-0 Código: 1343238 12,50 € Setembro 2014 3ª edición - Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014 -Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014 Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina,...