"As últimas galerías" de Xosé María Álvarez Cáccamo

"As últimas galerías" é o título do libro que escribiu Xosé María Álvarez Cáccamo. A Editorial Galaxia trouxo ata as nosas máns este libro que está dentro da colección Literaria e eu estou máis que segura de que todos aqueles que a leades, recomendaredes a súa lectura os vosos amigos e amigas.

Creo que gardaréi este libro entre uns dos meus preferidos de entre os moitos que xa lin en lingua galega. Preguntarédesvos cal é a razón , pois volo vou contar. Teño que dicir deste libro que, polas súas páxinas brota a Empatía, desborda a empatía, o autor ten unha moi boa capacidade para facer sentir as sensacións e sentimentos encontrados que o fillo de Amalia vai amosando o longo da súa novela. A descripción que o narrador fai dos seus sentimentos calan na mente do lector, ou polo menos a min fíxome comprender moi ben cómo se pode sentir un fillo cando vai vendo que a súa nai se borra polo camiño. Sintes perfectamente como un baleiro enorme vai enchendo a alma do fillo ó ver como a nai perde a súa vida e as lembranzas se lle escapan das mans.

Sorprendeume moito esta capacidade do autor de reflectir os sentimentos, esta sensación incrementouse hoxe porque atopei na rúa un home que estaba pasando pola mesma loita que o narrador de As últimas galerías, pero nesta ocasión era unha irmá a que estaba enferma.O home necesitaba expresar os seus sentimentos, a súa dor, a súa incertidume e incapacidade para poder axudar máis a súa irmá.

 Cando cheguei a casa, eliminei a recensión deste libro e volvín a empezala de novo, porque surdiu en min a necesidade de expresar gratitude o autor de As últimas galerías, porque gracias a este libro, moitas persoas comprenderán o que sofren os familiares dos enfermos de Alzheimer, e o que sofren tamén eses enfermos, que cada día viven nun tempo diferente, as veces espertan entre os seus seres querídos pero outras, non poden recoñecelos. Os seus familiares se debaten día sí día tamén para intentar que os seus familiares non se asusten o verse entre seres descoñecidos, ainda que eses seres sexan os seus fillos ou netos. Se amosa perfectamente o desexo de que os enfermos sexan ben atendidos nas residencias así como esa sensación que moitos deles teñen de estar a facer algo mal porque levan a eses enfermos as residencias. Como si deixaran os seus pais ou avós abandonados cando non é así.

Dende logo eu resalto este aspecto da novela de Xosé María Álvarez Cáccamo, porque fai que tomes conciencia das dificultades que o Alzheimer trae consigo nos enfermos e no seu entorno máis próximo, a necesidade de darlles os enfermos atención especializada para que os síntomas se retrasen canto mais mellor no tempo, e a necesidade de dar apoio psicolóxico os familiares para enfrontar a enfermidade da mellor manera posible.

O libro conta unha terrible historia do pasado, sítúase no ano 1936, en Galicia, e conta a historia de Amalia e Ramón, non penso contarvos nada máis sobre a historia, pero veredes que o odio pasea polas páxinas, vinganzas, asasinatos e unha descripción do ambiente que reinaba naqueles tempos difíciles para todo o país. A represión salvaxe levada a cabo  contra os mestres e contra todos aqueles que non pensaran a favor do Réxime. Un contexto duro, pero que reflexa unha realidade que existiu e que levou por diante moitas vidas valiosas.

Entre este contexto histórico convulso, disfrutaredes dun momento de calma cando o autor poña nas vosas mans antigas cartas de namorados. Amosa aqueles tempos nos que para ter novas dos teus seres queridos tiñas que esperar un mes ata a chegada da seguinte carta. Tempos tan diferentes dos que vivimos hoxe en día no que todo ten que ser feito no momento, dito e feito. Outra forma diferente de vivir o amor. Uns tempos no que todo iba máis lento, todo o saboreabas mais, as cousas boas e as cousas malas, todo parecía máis auténtico e máis profundo. O recurso das cartas entre os namorados de novo reforza a sensación de sentir o que sofren e pensan os persoaxes, e así podes ver o problema dende as distintas perspectivas segundo quen escribe en cada momento.

Tamén amosa o papel das mulleres naquelas épocas, a forma de velas por parte dalgúns homes e dalgúns sectores da sociedade, a loita contínua xa naqueles tempos por parte dalgunhas mulleres para ser máis libres, para ser valoradas polo que realmente valen.

Na novela navega un enigma polas súas páxinas que non descubriredes ata o final do libro, iredes pouco a pouco sabendo máis e terminaredes perplexos como rematéi eu. O autor manten o misterio ata o final, momento no que a acción cada vez é mais rápida e a curisidade fai que te manteñas pegado a novela para descubrir máis e máis.

Para min unha novela para volver a ler, unha novela para sentir. Encantoume¡¡ Preguntades se recomendo a súa lectura?...Xa tiñades que tela nas máns¡¡¡ Non teñades dúbida de que ides disfrutar da súa lectura.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández