Xosé María Álvarez Cáccamo
Xosé María Álvarez Cáccamo naceu en Vigo en 1950, é poeta, narrador e crítico literario.
Publicou, ademais, obra teatral e literatura infantil. Entre os seus poemarios cómpre salientar Praia das furnas (1983), Luminoso lugar de abatimiento (1987), O lume branco (1991), Calendario perpetuo (1997), Vocabulario das orixes (2000), Vento de sal (2008) e Tempo de cristal e sombra (2014).
En Ancoradoiro. Obra poética (1983-2003) recóllese a súa poesía.
En Microtopofanías (1992) e A luz dos desnortados (1996) reuniu senllas coleccións de relatos breves. Memoria de poeta (2006) e Tempo do pai (2008) son libros de memorias.
Engadir tamén a novela "As últimas galerías", publicada pola Editorial Galaxia no ano 2015, unha novela da que se fai recensión neste blogue.
Comentarios
Publicar un comentario