Carlos Labraña

Carlos Labraña naceu en Cedeira en 1969. Fundou en 1988 o Colectivo Garola, dedicado á creación e montaxe de pezas de teatro infantil. Con eles participou en varias pezas dirixidas ao público máis novo, das que podemos salientar: O segredo de Daniel e A escada, ambas as dúas gañadoras do Certame Xeración Nós. 

Máis adiante continua a escrita de maneira individual ou en colaboración cos seus irmáns Antón e Sabela con pezas como : O teatro dos soños; Indo para o Samaín, baseada na festa das cabazas; Os sons da buguina, finalista do Premio Meiga Moira; Teatro de xoguete, Premio Estornela; e Espantallo, Premio O Facho. Recentemente, formou o grupo de teatro Os Furabolos para levar á escena ás súas obras.

Trouxen a Carlos Labraña ata o meu blog da man da súa novela infantil Moito Morro Corporation, sociedade ilimitada, que recibiu o Premio Gala do Libro no presente ano 2017 na categoría de Teatro.

Comentarios

Entradas populares de este blog

"O faro escuro" de María López Sández

"La Biblia de Barro" de Julia Navarro

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker