martes, 3 de noviembre de 2015

Xoán Babarro González

"Xoan Babarro naceu un día en que o dragón Samamede cubría a súa crista cunha capa branca e vía como nas augas da Limia Paseaban, por entre os veos de brétema, o rei Arturo e a raíña Xenebra. Ao lado do dragón foi aprendendo os nomes da terra e descubrindo os seus feitizos. Xa de maior, coñeceu os bardos e os magos das palabras e, con eles, viaxou polas mil e unha rutas do mapa". 
Está é a presentación que fai de si mesmo o autor no libro "As máscaras do profesor Robindra" (2015).

Xoán Babarro naceu en 1947 en Calvelo de Maceda e reside na Coruña. É profesor de galego no ensino secundario e autor de numerosas obras para nenos e rapaces. Entre os seus libros pódense citar: O dragón de Gondomil (1989), Contos de trabecín trabezón (1993), A aldea das catro primaveras (1993) ou A princesa do cabaliño café (1994), Ten, ten a miña casa ten...(2001), Sempre Hausa (2004), Mouchiño Mou (2008).

No hay comentarios:

Publicar un comentario