martes, 3 de noviembre de 2015

" As máscaras do profesor Robindra" de Xoán Babarro González

Nova lectura feita: "As máscaras do profesor Robindra" do escritor Xoán Babarro González, é un conto para nenos maiores de 10 anos e que ven da man da Editorial Galaxia. Está incluido na colección Árbore da editorial.

Ilustrado por Kristina Sabaite que deixa a súa pegada no libro a través de bonitas ilustracións onde a cor azul o inunda todo, fai aínda máis especial e orixinal este pequeno libro.

Sinceramente, pareceume un libro singular coma poucos, en primeiro lugar porque un conto trae outro conto a través da súa temática, e cando rematas o libro, tes nas túas mans vinte dous contos incribles que non deixan indiferente a ninguén. 

Cunha primeira introducción na que se explica a procedencia dos contos, pasaredes logo a ler os pequenos relatos que contan cunha estructura diferente. Ó remate de todos eses contos, atoparedes uns poemas sorprendentes e que farán voar a imaxinación dos cativos, asi como os mergullarán pouco a pouco no que é o mundo da poesía. Serán os primeiros pasos dos nenos no maravilloso mundo da poesía, e faráno da man de persoaxes moi divertidos, así atoparán entre outros a: unha poesía atacada por un pirata, volvoretas que se fan a ciruxía estética, un arco da vella que vive nun rio, unha cobra famenta e o alcalde Decibelio entre outros. 

Detrás de todos estes persoaxes e de todos estes poemas e relatos cortos teredes que adiviñar xunto cos vosos nenos qué quere contar ou amosar o autor do libro, Xoán Babarro González. Entre todas as liñas do libro teredes que atopar as ensinanzas e mensaxes para os nenos, as leccións a aprender e asimilar. É un libro senlleiro, dende a primeira liña ata a derradeira e pasaredes un momento moi agradable coa súa lectura. Un libro cheo de imaxinación e un trasfondo moi interesante, unha nova forma de ensinar poesía a nosa xuventude.Un libro máxico¡¡

Dende logo eu diría que éste pode ser un bo exemplo das novidades e cousas orixináis que se poden atopar  na literatura galega de hoxe en día, un representante do cambio que deu a nosa literatura onde as portas foron abertas a imaxinación e a orixinalidade, novas formas de acercar ós cidadáns a literatura, pero tanto ós adultos como ós cativos, novas temáticas, novos formatos, toda unha revolución das letras pensadas para divertir e ensinar os lectores ávidos. Un libro revolucionario e moi divertido¡¡ Non é contalo, é télo nas mans e disfrutalo....animádevos¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario