martes, 10 de marzo de 2015

"Tes ata as 10" de Francisco Castro

 Preséntovos a novela "Tes ata as 10" do escritor Francisco Castro, unha novela pertencente a colección Costa Oeste da Editorial Galaxia.

Interesante sorpresa atopar no teu ordenador unha mensaxe imposible que te leva a descubrir todo un mundo de sentimentos encontrados e de segredos familiares ocultos durante toda unha vida. Segredos que abren as portas a unha época de España e de Galicia siniestra e moi escura, a época de dictadura de Franco, uns poucos anos antes de que o dictador falecese, e nuns intres onde a importancia dos movementos obreiros estiveron no seu punto alxido, loitando pola defensa dos dereitos dos traballadores e pola recuperación dos dereitos civís e sociáis dos ciudadáns. 

Unha novela contada polo persoaxe principal,Toni, ó que coñeceredes moi ben ó rematar a lectura, pois ó longo da obra abre o seu corazón, e mostra todos os seus sentimentos, por momentos moi tristes e profundos, e noutros confusos ou completamente felices. Ese momento duro na vida de Toni, amósanos o importante que foron os medios de comunicación durante a dictadura de Franco, e o dífícil traballo que levaron a cabo para denunciar os abusos do réximen contra os cidadáns e contra os traballadores, a loita contra a censura cando, moitas veces, os periodistas  arriscaban o pescozo para publicar certo tipo de noticias nos que o réxime non saía moi ben parado. Un duro xogo de equilibrios dos medios de comunicación presionados, por un lado polos traballadores pedindo que se publicaran as torturas e a opresión contra os cidadáns, e por outro, a presión da censura e o poder, que lles prohibían sacar á luz aquelas denuncias e os amenazaban coa cárcere de non seguir as súas ordes. Tamén destaca este libro o traballo silencioso das imprentas clandestinas que arriscando todo o que tiñan, incluso arriscando a vida, impirmían os panfletos cos traballadores esparexaban nos centros de traballo e nas poboaciones para chamar á loita contra os abusos da dictadura e a favor da creación dunha democracia real.

A través dun xogo de pistas, Francisco Castro tráenos recordos doutros tempos, tempos nos que  a lectura dos libros clásicos de aventuras (como "A Illa do Tesouro", " O estrano caso do doctor Jekyll e o señor Hyde" de Stevenson, ou as novelas de Salgari, Julio Verne, Conan Doyle e outros moitos) enchían o noso tempo de lecer, e a nosa imaxinación bulía entre tantas aventuras. Distraccións que hoxe en día non estaría de máis retomar cos máis pequenos das nosas casas ( e cos mais maiores tamén, agora co penso¡¡). E así mediante as pistas, os doces e unha acción trepidante, o autor do libro crea unha entretida novela histórica de aventuras que vos fará pasar un bo rato.

Mais tamén é unha novela de amor e desamor, ambos tamén foron moi importantes neses intres, xa que moitos sucesos daqueles tempos tiveron a súa raiz profunda no amor ou no desamor. Por amor fixéronse moitos feitos importantes e arriscados, por amor ós seus semellantes arriscaron as súas vidas os traballadores e cidadanos na loita contra a dictadura, por amor os cidadáns protexeron e ocultaron a os perseguidos polo réxime, por amor denunciáronse os abusos e as torturas; mais por desamor fixéronse moitas cousas terribles, vinganzas, asasinatos, palizas e moitas outras cousas.
Amor, desamor e política fixeron unha mistura perigosa como poucas, que levou a unha nación a loita estrema, e que penetrou no mas profundo do noso país ata chegar lenta e inexorablemente ata o interior das familias, moitas das cales separadas pola política romperon en mil anacos, temible mistura que  marcau para sempre ó noso pobo.

Tes ata as 10, unha novela onde se mistura a narración e o diálogo dunha manera ben orquestada, facendo a lectura rápida , onde  Francisco Castro vai dando pequenas pistas para manterte atado o fío da narracción e facendo que ti mesmo teñas o interese e a curiosidade de Toni. Eu cando me din conta estaba indagando en internet se aquelo que ardeu polos catro costados no libro inventouno o autor ou tiña algunha base real. Unha novela na que flues co narrador e sintes as súas preocupacións, o seus sentimentos son totalmente cercanos polo ben descritos e notas perfectamente os cambios de ritmo segundo as circunstancias que vive o narradador e persoaxe principal. En fin, unha excelente novela que nos achega a momentos reáis da nosa historia ben mesturada cunha historia de amor e desamor saída do maxín de Francisco Castro.

Que queredes que diga? Pois que tedes que mercalo, tedes que leélo e tedes que vir aquí a falar conmigo, pois penso que a min se me quedan moitas cousas por comentar desta obra, pois é un exemplar que ainda que está catalogado como literatura xuvenil , pois pertence a colección Costa Oeste da Editorial Galaxia, é un libro con moito trasfondo, ten moitas temáticas para comentar, apto para ler polos adultos tamén. Sólo podo diciros que a min me resultou engaiolante, entretido e paséi un rato divertido coa súa lectura.

2 comentarios:

  1. Ola. Totalmente de acordo coa reseña que fas deste libro. Rematei de lelo hai uns días e encantoume.

    Carmen

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Carmen,é unha boa noticia saber que outra persoa máis disfruta coa lectura deste libro, penso que os éxitos do seu autor serán moitos...e senón xa o veremos...Un saúdo¡¡

      Eliminar