martes, 16 de enero de 2018

8º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil

Ola¡¡Veño ata aquí para informarvos de que  Baia Edicións convoca o premio de creación literaria infantil-xuvenil Premio Meiga Moira na súa oitava edición.

A resolución do xurado daráse a coñecer o 19 de setembro de 2018, o premio ten unha dotación económica de 2.500 euros, o afortunado verá a súa obra publicada por Baia Edicións na súa colección Meiga Moira.

As obras literarias dirixiranse a un público infantil de entre 8 e 12 anos, deixo aquí as bases do Premio para que teñades máis información.

Moita sorte ós participantes¡¡

2 comentarios: