"Coma unha áncora" de Iria Collazo López
Outra nova lectura de título "Coma unha áncora" da escritora Iria Collazo López, e que ven da man da Editorial Galaxia que a inclue na súa colección Costa Oeste.
Titulo: "Coma unha áncora"
Autora: Iria Collazo López
Editorial: Galaxia
Colección: Costa Oeste
ISBN: 978-84-9865-611-4
NºPáxinas: 128
Rústica
1ª Edición
PVP: 11,10€
Máxica e simbólica lectura a deste libro escrito por Iria Collazo, na que se amosan as influencias na vida da escritora e reflexa os seus intereses e os seus valores na vida. Na dedicatoria do libro, a autora xa fala do porqué deste libro, dos seus recordos do pasado, aquel naufraxio do Ave del Mar, dos difíciles tempos da posguerra, daquelas persecucións, daquelas execucións, daqueles medos que sufriron na súa familia. Dende esta dedicatoria sacamos a conclusión de que o que aquí se narra está baseado en cousas que pasaron realmente.
"Coma unha áncora" é o título desta obra, un título que trae a mente o mundo mariñeiro, a base desta novela, pois toda a acción desenrólase nunha vila mariñeira. Así reflexionamos sobre o mundo dos mariñeiros, aqueles que van pescar arriscando as súas vidas, sen saber se volverán a casa tralo traballo. Pero eu penso que este título tamén é un reflexo do que é María (unha das personaxes principais do libro) nesta obra. María é coma esa áncora que mantén fixo o barco nun punto determinado. E María é unha áncora que se mantén fixa no terreo da "esperanza", esperanza de que o seu marido está vivo, de que a súa familia poderá seguir unida e vivirán un futuro mellor. María é a áncora que mantén a Manuel no terreo da esperanza de que poderá sobrevivir para volver coa sua amiga e muller María.
O punto de partida da novela, é un naufraxio nas costas galegas, unha tráxica situación que calquera poboación costeira do mundo coñece ben, e que produce neses pobos circunstancias dificiles de superar. Toda unha reflexión sobre as consecuencias que un naufraxio trae na vida dunha familia, a incertidume da desaparición dun corpo na auga, e as consecuencias cando ese corpo non volve a aparecer, a capacidade que ten o ser humano de recuperarse ante esas desgracias e seguir adiante coa vida. A segunda trama do mesmo é a situación familiar da Cegha, unha situación terrible a través da que se quere denunciar as inxustizas levadas a cabo na época da posguerra en Galicia, onde familias foron destrozadas polo odio e as vinganzas. As dúas trámas relaciónanse unha coa outra polo simple feito de que os persoaxes que as protagonizan viven no mesmo pobo, e ambas familias vincúlanse por unha misteriosa relación que non vou contar aqui.
Ambas historias, a da desaparición do mariñeiro e os sentimentos de María e de Manuel, así como a vida pasada da Cegha, son historias duras, pero son contadas dunha maneira que non deixas de ler en todo momento, sintéste atrapada polo misterio e o ambiente casi nebuloso que a autora desenrola coa súa escritura.
Ambas historias, a da desaparición do mariñeiro e os sentimentos de María e de Manuel, así como a vida pasada da Cegha, son historias duras, pero son contadas dunha maneira que non deixas de ler en todo momento, sintéste atrapada polo misterio e o ambiente casi nebuloso que a autora desenrola coa súa escritura.
A historia está contada en terceira persoa, por un narrador que o sabe absolutamente todo, coñece os persoaxes, os seus orixes, as súas vidas, as súas formas de pensar e sentir. Este narrador, vai xogando co lector, vai deixando pistas e misterios o longo da novela, facendo que o lector quera saber máis. Así, vai contando o que lle vai pasando a cada persoaxe de maneira alterna, en pequenos capítulos de títulos cortos, facendo saltos no tempo cando é necesario para que se comprenda ben o porqué de cada situación. O resultado é unha historia moi ben contada, misteriosa, casi onírica diría eu, na que fai dudar o lector por momentos se o que lee é certo ou non, se ese ou aquel persoaxe está vivo ou morto.
Este narrador da historia ten un lapiz máxico, escribe con maestría, e con habelencia fai descripcións moi detalladas permitindo crear as imaxes do paisaxe e dos persoaxes na túa imaxinación e fai que sintas o que cada persoaxe percibe no seu corpo en cada momento, e tes as súas dúbidas o mesmo que eles as teñen.
Penso que namorei da forma de escribir de Iria Collazo, estou segura de que se volve a escribir de novo outra novela repetirei de novo con ela, porque da súa escritura sae maxia e misterio e consigue atrapar e entreter o lector. Encantoume ler este libro.
Leédeo, é curta, intensa, misteriosa, máxica lectura que deixará unha boa sensación en vosoutros. Animádevos coa súa lectura porque sorprenderá¡¡
Comentarios
Publicar un comentario