"A Berenguela" de Manuel María

Ola outra vez, agora achego a pequena e preciosa obra de teatro de Manuel María " A Berenguela " adaptada coa música de Nani Garcia formando unha interesante opereta onde os clarinetes e os seus sons farán pasar uns intres moi divertidos os máis pequenos da casa. Manuel María fixo no seu momento esta pequena obra de teatro cuio título orixinal é "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela". Escribiu esta obra para un grupo de teatro de Monforte de Lemos formada por cativos e cativas. Aqui temos un libro-disco que fará a lectura moito máis orixinal e entretida, xa que a música irá dándolle intensidade os momentos máis importantes da obra, dará o ton misterioso ou o armonizará ó momento feliz da obra, e fará que os pequenos comprendan a mensaxe que Manuel María lles quere dar a coñecer. Tralas aventuras da pequeña espiña de toxo Berenguela e a súa confrontación coa folla de carballo, os nenos descubrirán que as sociedades non semp...