"Almas de algodón" de Enric Lluch
De novo de volta, e nesta ocasión falando dun pequeno libro infantil de título " Almas de algodón " do escritor Enric Lluch . A Editorial Galaxia trae un libro para os pequenos cunha traduccion feita por María Dolores Villanueva Gesteira e tamén cunhas ilustracións de Pablo Oliveiro en branco e negro que farán a lectura moito más amena os mais pequenos da casa. Nesta ocasión, teremos nas nosas mans un libro no que tocarán o téma da discapacidade intelectual, e o farán dunha maneira amena e cun vocabulario fácil de entender para os nenos. Coñeceredes ó pequeno Carlos, un neno con memoria pequena, pero un gran neno. Saberedes das súas dificultades para adaptarse as novas situacións, das complicacións que para él supoñen as pequenas cousas da vida e os problemas que pode ter para coñecer amigos dada a incapacidade que as veces ten a sociedade para aceptar as diferenzas que teñen os demáis e para entender o que é unha discapacidade intelectual e como tratar con as pe...