Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2016

Fragmento de "Coma unha áncora" de Iria Collazo López

Imagen
" O pesadelo comenzara había anos, lonxe da terra, e sempre se vía a si mesma como unha bolboreta presa dunha enorme arañeira en que un becho xigante a vixiaba con ollos de ollomol podre agardando dar boa conta das súas vísceras. Pero neste terrible día de novembro non foran os pesadelos os que a espertaran. O mal fado quixo que o día de alegría na bisbarra as campás da igrexa esgazasen o silencio á mañá cedo, e non anunciando a festa, senón a desgraza máis absoluta. María non conseguira pegar ollo desde a visita da Cegha. Ignoraba de que cova falaba e por que dicía que ía estar alí con Manuel. Puido pensar que tan só era unha tolemia, unha maldade de Amalia, ou mesmo un estraño xogo, pero soubo que era certo cando caeu no pozo branco dos seus ollos. Ollos brancos coma a neve que caera estes días e que xeara os tellados das casiñas das que saía agora a xente atemorizada, alertada polas badaladas incesantes que ventaban a desgraza e que a ela xa non a sorprenderan. M

"Coma unha áncora" de Iria Collazo López

Imagen
Outra nova lectura de título " Coma unha áncora " da escritora Iria Collazo López, e que ven da man da Editorial Galaxi a que a inclue na súa colección Costa Oeste . Titulo: "Coma unha áncora" Autora: Iria Collazo López Editorial: Galaxia Colección: Costa Oeste ISBN: 978-84-9865-611-4 NºPáxinas: 128 Rústica 1ª Edición PVP: 11,10€ Máxica e simbólica lectura a deste libro escrito por Iria Collazo, na que se amosan as influencias na vida da escritora e reflexa os seus intereses e os seus valores na vida. Na dedicatoria do libro, a autora xa fala do porqué deste libro, dos seus recordos do pasado, aquel naufraxio do Ave del Mar, dos difíciles tempos da posguerra, daquelas persecucións, daquelas execucións, daqueles medos que sufriron na súa familia. Dende esta dedicatoria sacamos a conclusión de que o que aquí se narra está baseado en cousas que pasaron realmente. "Coma unha áncora" é o título desta obra, un título que trae a mente

Iria Collazo López

Imagen
Iria Collazo López naceu en Barro (Pontevedra, 1981) pero leva no Morrazo desde os sete anos. As historias que lle contaron, que vive e respira nestes fous lugars impregnan boa parte do que escribe. Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira. Ao ano seguinte aprobou as oposicións ao Ensino Secundario e hoxe exerce como profesora de Lingua e Literatura Galega no IES As Barxas, de Moaña.   Coma unha áncora é a súa primeira obra literaria publicada, e tamén a primeira que se atreveu a escribir.