"O vigairo.A monxa-frade.Agromar.Aucto de Santa María" de Xosé Filgueira Valverde

Ola¡¡ Hoxe traio un libro " O Vigairo. A monxa-frade.Agromar.Aucto de Santa María " do escritor Xosé Filgueira Valverde . Editado pola Editorial Galaxia co motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas do ano 2015 que foi adicada a este escritor. Atopamos aquí un libro con diferentes relatos e que está encabezado por "O Vigairo". Son catro relatos ben distintos, non só pola súa temática senón tamén por o seu estilo literario xa que dous desesrelatos son narracións e os outros dous son teatro. Non se caracterizan ningún dos catro por ser relatos longos, entre os catro forman un libro de cento cincoenta e nove páxinas, pero as súas temáticas dan moito que pensar. Na primeira narración, "O Vigairo" atoparedes un relato "costumista" no que se narra unha pequena parte da historia de Pontevedra. Filgueira Valverde achéganos a historia doutro tempo a través da vida de Xohán de Pontevedra, "o vigairo", un persoaxe moi impor...