"Todo canto fomos" de Xosé Monteagudo
Un novo libro nas miñas máns, " Todo canto fomos " do escritor Xosé Monteagudo tráeme ata aquí para falar un pouco de libros e boa literatura. Pertence este libro a colección Literaria da Editorial Galaxia. Este libro ven a demostrar que todo o que hoxe somos, ben marcado polo que fumos no pasado e polo que neses tempos anteriores fixemos e nos fixeron. Todo canto fomos é o que marca a nosa existencia e nos fai o que hoxe somos, a nosa personalidade, as nosas pautas de comportamento e a nosa forma de relacionarnos cos demáis. Pero non só a nivel persoal, non, tamén a nivel social. A nosa sociedade é así hoxe por todo o que pasou no pasado, e este libro axuda a comprender ata que punto o pasado inflúe no que hoxe sucede nas nosas sociedades. Nun viaxe magnético polas páxinas do libro de Xosé Monteagudo, iremos cun emigrante galego ata Arxentina, viviremos alí un tempo vendo o devenir de Amaro. Él representará a todos os emigrantes galegos e nos amosará as dificult...