"Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos" de Benigno Campos

Novo libro de Benigno Campos de título " Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos " que a Editorial Galaxia inclúe neste caso no seu apartado de Cociña. Un libro de 168 páxinas que agocha un total de unhas perfectas 150 receitas de peixe e mariscos moi apetitosas, todo hai que dicilo. 150 receitas das que, tras comparar este libro co seu libro " A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos ", vemos que nesta ocasión na súa labor de investigación o Señor Campos atopou unhas 89 receitas novas (non comparéi con todos os seus libros) e algo así como unhas 70 das súas recetas xa apareceron en libros anteriores. Por suposto, estou a falar soamente de receitas peixes, mariscos e empanadas. Receitas explicadas con sinxeleza nas que acompaña unha suxerencia dun viño co que refrescar as gorxas no xantar das mesmas. O libro divídese en tres partes, unha maravillosa de Empanadas, onde todas son receitas novas menos unha desas empanadas que xa ...