"A identidade fascinada" de Antonio Piñeiro
" A identidade fascinada ", libro de Antonio Piñeiro lévanos da man ao pasado e fai un análise moi interesante sobre o que supuso para a cidade de Compostela a chegada dunha marabunta de mozos famentos de coñecemento e con ganas de vivir novas experiencias. A través deste libro, Antonio Piñeiro, ofrece unha análise que vai dende o máis íntimo de cada un, dende o que implicou para cada un deses estudantes ata o que a avalancha significou para a cidade de Compostela. Todo un movemento social apabullante que fixo que un pequeno pobo se convertira nunha cidade chea de mulleres e homes que estudaban, consumían e enchían a cidade de actividades culturais, de novos negocios e novas formas de ver a vida. Unha revolución en todos os aspectos: social, cultural, económico e político. Anos oitenta...eu tiña doce anos ou así, non podo falar do que en Santiago sucedía porque non o vivín, pero o que si observei foi as amigas da miña irmá, elas iban a universidade e, cando viñ...