Novidades da Editorial Galaxia

Ola¡¡ Aquí tedes algunhas das novidades que mostra a Editorial Galaxia na súa páxina web e que parecéronme interesantes para vosoutros e para min. Tal vez achedes algo do voso interese. Un saúdo¡¡ "AS ULTIMAS GALERIAS" de Xosé María Álvarez Cáccamo Título: As últimas galerías Autor: Xosé María Álvarez Cáccamo Editorial: Galaxia 2015 Colección: Literaria 204 páxinas ISBN: 978-84-9865-619-0 P.V.P: 16,00 € O percorrido a través dun álbum de fotos familiares; a lectura dun feixe de cartas de amor; un soño sorprendente e as conversas sostidas con antigas amizades da nai -entre outras fontes de información- permiten ao narrador, fillo dunha muller afectada de demencia senil e internada nun centro xeriátrico, indagar arredor do sentido enigmático de determinados acontecementos do pasado que, pouco a pouco, se lle van revelando. Novela de evocación. As últimas galerías tece vagarosamente o retrato da parella protagonista para acelerar o ritmo narrativo conforme o narra...