Noite de San Xoan en Galicia
Hola a tod@s... Hoxe é a Noite de San Xoan ...hoxe toca facer cacharelas ou lumieiras ou como dicimos os de Ferrol...luminarias....imos celebrar a chegada do solsticio de verán...e imos saltar as cacharelas...imos pisar as cinzas ainda quentes...imos bailar o redor das nosas lumieiras..e comeremos sardiñas con pan...e tomaremos unha boa Queimada ...e diremos o conxuro máxico... O Conxuro Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Demos, trasnos e dianhos, espritos das nevoadas veigas. Corvos, pintigas e meigas, feitizos das mencinheiras. Pobres canhotas furadas, fogar dos vermes e alimanhas. Lume das Santas Companhas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios. Oubeo do can, pregon da morte, foucinho do satiro e pe do coello. Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello. Averno de Satan e Belcebu, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar embravescida. Barriga inutil da muller solteira, fal...