sábado, 28 de enero de 2017

"As terapias da doutora Ledicia" de Raquel Castro

Unha nova lectura tráeme ata aquí, o libro "As terapias da doutora Ledicia" da escritora Raquel Castro. A Editorial Galaxia encadra esta pequena maravilla na súa colección Árbore.

Atopamos aquí un pequeno conto moi orixinal, en realidade, unha pequena obra de teatro na que se reflicten moitos dos problemas da nosa sociedade. Unha sociedade enferma, na que o diñeiro, as redes sociáis e uns valores equivocados, (se lle da máis importancia ó aspecto exterior das persoas que ó seu mundo interior; emítese a mensaxe equívoca de que  canto máis diñeiro tes más vales entre outros; foméntase a insolidaridade e a violencia, etc) fan que os cidadáns se volvan máis frios e insolidarios cos seus conxéneres, se aislen, e fabriquen un mundo ideal e unha imaxe persoal falsa a través das redes sociáis, e só pensen en aparentar o que non son en realidade, para encanxar nunha sociedade que te xulga constantemente.

Raquel Castro, trae da súa man persoaxes moi divertidos e moi típicos da cultura galega.  Cada un deles amosará o seu problema ante os demáis compañeiros e ante una sabia Doutora Ledicia, que en lugar de pírulas, ou inxeccións, ou xaropes, utiliza as sonrisas, o saber escoitar ós que teñes ó lado, o agarimo e o apoio mútuo para curar esas afecións que empobrecen as nosas sociedades.

Así, entre persoaxes moi coñecidos, entre  terapias divertidas nas que escoitar o que tes o lado e a axuda mútua atópanse entre elas , moitas cancións e risas, os cativos das vosas casas pasarán un bo rato de lectura adquirindo novos coñecementos e novos valores.

Este libro, esta obriña de teatro recibiu o Premio de Honra nos Premios Estornela de Teatro que convocou a Fundación Xosé Neira Vilas no ano 2014. O libro vai acompañado de fermosas ilustracións de Almudena Aparicio que axudarán ós nenos a imaxinar como son eses persoaxes tan famosos.

Non podo dicir outra cousa máis que me pareceu unha obra moi orixinal e divertida e moi útil para facer comprender os máis pequenos cales son as mellores actitudes para enfrontarse a vida. Moi recomendable a súa lectura. Un bo libro para facer un agasallo a unha pequena ou pequeno¡¡ Unha chulada¡¡


Raquel Castro

Nacín en Alxén (Salvaterra do Miño) no ano 1971.

Son profesora de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario. Dedícome ao teatro dende o ano 1999, cando comezo a dirixir o Grupo amador Ata Sempre de Alxén.

Impartín clases e escribín obras para o grupo de teatro do CEP Carlos Casares de Alxén e actualmente dirixo o Grupo de Teatro da SDC de Salvaterra. 

Teño algúns premios e este As terapias da Doutora Ledicia recibiu o Premio de Honra nos premios Estornela de Teatro que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas, no ano 2014.

Fragmento de "As terapias da doutora Ledicia" de Raquel Castro

" DOUTORA: Continúe vostede, señora.
   VELLA: A verdade é que sinto que hoi alguén roubándome as palabras e substituíndoas por outras novas, alleas. (Mira de esguello para o Home do Saco)
   MARÍA DOS MELES: Ás veces, a min, tamén me pasa o mesmo.
   MARÍA CASTAÑA: E sentes coma se a lingua se che volvese de trapo de non usala.
   MARÍA SILVEIRA: Non hai tempo para falar, miñas amigas! Agora as palabras escríbense en WhatsApp.
   VELLA: Eu son vella, mais aínda teño moitas cousas que dicir, porén semella que ninguén me quere escoitar.
   DOUTORA: Non diga  iso, señora, nós estámola escoitando. Quizais debería vostede quitar esa roupa que leva e amosarse máis nova, máis leda.
   CAROLINA: Doutora, non pretenderá converter a consulta nun salón de estética?
   DOUTORA: A nosa imaxe ten moito que ver con como nos sentimos. (Vai onda a VELLA) Fóra este mantelo, fóra este pano, enderéiteme o lombo e...unha nova imaxe!
   VELLA: Xa me sinto mellor, como máis lixeira!
   DOUTORA: Xa verá como todo o mundo vai querer falarlle e vai querer escoitala. Isto merece unha gargallada, unha aperta e un cantar!

Todos rin, van onda a vella, apértana e bailan cantando."


miércoles, 25 de enero de 2017

"Bic e Bombona" de Sara Barreiro

Chegou ata as miñas mans este libro pequeno de título "Vic e Bombona" da escritora Sara Barreiro. A Editorial Galaxia inclúe este libro na súa colección Árbore, dedicada as lecturas para nenas e nenos maiores de 10 anos.
Sen dúbida é unha historia moi orixinal e que te mantén pegada as súas follas desde o principio ata o final do libro. É unha narración feita co unha linguaxe sinxela cuio protagonista é un cativo, aventureiro e curioso que ben podría ser un dos nosos cativos. Os nenos sentiránse moi intrigados e non pararán de ler porque lles gustaría pasar unha aventura así de divertida nas súas vidas.

Bic, que así se chama o protagonista deste pequeno conto, fará uns incribles achados no seu pobo que levarano a descubrir historias e misterios doutros tempos. Non penso contar máis cousas do argumento do libro, o que si diréi é que de maneira sutil a autora leva a reflexión os nenos sobre o respecto ós mestres e lles fai meditar sobre a importancia de acudir ó colexio e de ser puntuáis e responsables, tamén engade unha importante reflexión sobre o respecto á natureza e lles ensina a disfrutar dos nosos entornos naturáis facendo actividades no campo cos amigos e familiares como outra opción para encher os espacios de lecer das súas vidas. Estou  segura que eles atoparán aínda máis ensinanzas coa lectura deste libro, pero eso mellor será que o descubran eles mesmo.

Unha historia a de  Bic e Bombona ben construída, onde os nenos non deixarán de ler porque a autora conta as aventuras de Bic de tal maneira que eles mesmos sentirán que están a vivíla con Bic no mesmo momento, e sen darse conta estarán a practicar a súa lingua e a lectura de maneira fácil e divertida.

Misterios e diversión para os máis pequenos da man de Bic e Bombona, cunha historia moi orixinal e divertida, unha boa adquisición¡¡

martes, 24 de enero de 2017

Fragmento de "Vic e Bombona" de Sara Barreiro

" O neno abriu moito os ollos e púxose de xeonllos para tocar a trapela, pero non a alcanzou, polo que dun salto caeu dentro do burato e  escoitou como a madeira sobre a que se puxera de pé, renxía. Moveuse con coidado mentres falaba con Bombona.

- Pero amiga! Como o conseguiches? Por isto tiñas onte as patas cheas de terra, agora entendo...Es a mellor cadela do mundo. Imos tentar abrir esta trapela e ver que hai dentro. E mañá volveremos para ver de adiviñar que hai ao outro lado da corda sen pillar unha molladura e sen que mamá berre cos dous.

Vic analizou os bordos da trapela. Para levantala tería que sair do burato, senón sería imposible. Coa man dereita limpou os restos de terra que quedaran sobre a madeira e descubriu unha inscrición que dicía "The Brigde". Seguiu quitando a terra e atopou unha pechadura. Desilusionouse un pouco, pois aquilo significaba que precisaba dunha chave para abrir a porta. Era unha pechadura de chave grande, de tipo antiga, coma as dos castelos dos libros que tantas veces lera.

-Meu Deus! Bombona! Nin imaxinas o que descubriches! É o principio dunha aventura! Tal e como contou a señora Haider, a vida real pode proporcionar historias reais. Temos que atopar a forma de abrir esta trapela. "

sábado, 14 de enero de 2017

"O viaxeiro radical" de Xerardo Quintiá

 O libro "O viaxeiro radical", de Xerardo Quintiá, é unha pequena novela na que se relatan parte dos momentos da vida dun persoaxe que elexiu vivir na nosa costa galega dunha maneira diferente.  Pola súa forma de vivir e pensar foi criticado, máis tamén foi amado por aqueles que o coñeceron ben.

O viaxeiro radical, existiu na realidade e creo que non hai nin un só galego en toda a nosa terra que non soupera del, unos tratábano de tolo, outros admiraban a súa obra, e a moitos coma a min nos resultaba indiferente ainda que un pouco de curiosidade si que nos movia cando de él se falaba nos medios de comunicación, curiosidade por saber qué era o que movía a este home a ter ese comportamento e a facer as cousas extrañas (extrañas para min, claro) que facía.

Traio esta obra da Editorial Galaxia ata as vosas mans porque aquí, con este libro, saberedes da vida deste home, o porqué do seu comportamento, e aprenderedes que, o que é diferente, non ten por qué ser malo máis ben todo o contrario, as veces o diferente aporta cousas boas as nosas vidas.
 Aprenderedes máis sobre a sociedade e o seu comportamento hacia todo o que é distinto, uns juzgan ó distinto como equivocado, outros juzgan á diversidade como algo positivo e enriquecedor, outros respetan ainda que non comprendan, e outros atacan todo o que para eles é diferente e supón un cambio. 
Máis ademáis de ver un comportamento das nosas sociedades frente o dispar, veredes tamén a loita interna que todos temos por coñecer cal é o sentido da nosa vida, unha loita para coñecer as nosas necesidades e levalas a cabo, cómo inflúen nas nosas vidas todos aqueles que viven con nós e nos rodean e cómo unha decisión allea pode influir e cambiar o noso destino e a nosa visión da vida. Todo esto o veredes a través da vida e decisións deste home misterioso para moitos, Manfred Gnädinger, aquel alemán que chcgou a Camelle fai moitos anos despóis de percorrer media Europa buscando o sentido da súa vida.
Desfrutaredes dunha lectura agradable, adictiva polas reflexións que leva engadidas a lectura e polas aventuras e desventuras de Man, ó que terminaredes por coller cariño e ó que,  finalmente, terminaredes por respectar e comprender. Estou segura de que gustaredes moito desta lectura de Xerardo Quintiá.

Xerardo Quintiá

Xerardo Quintiá (Friol, 1970), poeta e narrador, publicou os seus primeiros traballos no suplemento cultural "Táboa Redonda" de El Progreso e colaborou despois en revistas como Dorna e Xistral.
 En 1997 sae do prelo o seu primeiro libro, Finísimo po nas ás; posteriormente, publica os libros de relatos Unha soa man e outros intres (1999) e Un rabaño de ovellas brancas (2001). No ano 2009 publica o libro Ke-Tumba Ke-Tamba. De 2002 é O libro dos aparecidos e, de 2012, Hotel Cidade Sur, tamén dedicados á narrativa curta. 
Como poeta é autor de Ailalalelo de auga (2001), Poesía en Ruta, Premio Fermín Bouza Brey en 2005, e Fornelos &Fornelos, primeira fundación, Premio Fiz Vergara Vilariño en 2011.

No ano 2015 publica o libro do que falamos neste blogue O viaxeiro radical

viernes, 13 de enero de 2017

Fragmento de "O viaxeiro radical" de Xerardo Quintiá

" En certo xeito, querido Manfred, a vida é así, e a todos nos pasa o mesmo. Quero dicir que, se o miras ben, a vida consiste niso, en carretar unha pedra costa arriba e cando chegas á cima e volves a vista, ves como todo se esmendrella e tes que empezar outra vez. Quizabes a felicidade, se é que a hai, estea en non pensar moito, ou en disimular cun mesmo e convencerse de que cada vez a pedra é unha pedra distinta, e tamén o monte, e tamén a cima. Así, polo menos, o esfrozo non é tan absurdo. Non cho parece? Nunha das túas cartas dicíasme que eu era un home práctico e que todo o que facía se cimentaba en algo real e tanxibel. É certo. Sempre me fiei máis daquilo que vexo e toco que de calquera outra cousa: o meu son os parafusos e a graxa e os motores, aí son feliz; pero malia o meu apego á realidade vexo claramente esa aura que sempre te envurullou e amólame que a xente che faga dano.
Como che dicía ao primeiro, tes que ser forte. Non queda outra. E se che esmendrellaron o que construíras, volve construílo outra vez, pero agora, de ser posible, faino aínda máis grande e máis fermoso. Que o vexan ben. Que todos o vexan ben. Non lembras cando me falabas de Van Gogh e me dicías que as pasara louras toda a vida? Pero malia a adversidade endexamais se veu abaixo, endesamais renunciou a facer o que de verdade lle gustaba. Ti tampouco o fagas, tampouco te veñas abaixo. Se cadra, cando eramos novos, non entendía esa teima túa de andar coa cabeza nos biosbardos. Se cadra daquela pensaba un chisco como pai, e o de que te fixeses artista parecíame unha trapallada coma outra calquera, pero agora entendo -querido irmán- que se algunha posibilidade temos de ser moderadamente felices, esta radica en que polo menos poidamos escoller nós mesmos a pedra que nos corresponda subir.
Sempre teu, teu irmán que non te esquece. "

*Para Vicky*