sábado, 28 de enero de 2017

Fragmento de "As terapias da doutora Ledicia" de Raquel Castro

" DOUTORA: Continúe vostede, señora.
   VELLA: A verdade é que sinto que hoi alguén roubándome as palabras e substituíndoas por outras novas, alleas. (Mira de esguello para o Home do Saco)
   MARÍA DOS MELES: Ás veces, a min, tamén me pasa o mesmo.
   MARÍA CASTAÑA: E sentes coma se a lingua se che volvese de trapo de non usala.
   MARÍA SILVEIRA: Non hai tempo para falar, miñas amigas! Agora as palabras escríbense en WhatsApp.
   VELLA: Eu son vella, mais aínda teño moitas cousas que dicir, porén semella que ninguén me quere escoitar.
   DOUTORA: Non diga  iso, señora, nós estámola escoitando. Quizais debería vostede quitar esa roupa que leva e amosarse máis nova, máis leda.
   CAROLINA: Doutora, non pretenderá converter a consulta nun salón de estética?
   DOUTORA: A nosa imaxe ten moito que ver con como nos sentimos. (Vai onda a VELLA) Fóra este mantelo, fóra este pano, enderéiteme o lombo e...unha nova imaxe!
   VELLA: Xa me sinto mellor, como máis lixeira!
   DOUTORA: Xa verá como todo o mundo vai querer falarlle e vai querer escoitala. Isto merece unha gargallada, unha aperta e un cantar!

Todos rin, van onda a vella, apértana e bailan cantando."


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada