Entradas

Mostrando entradas de 2017

"O caso Quintana" de Miguel Alonso

Imagen
Traio ata as vosas mans un libro novo, de Miguel Alonso , autor e cantautor galego, de título "O caso Quintana" o libro ven da man de Belagua Ediciones. Aquí deixo a sinopse e a información sobre o seu autor que resultará do voso interés. Sinopse : Sara Porto devece por desempacar a súa maleta e comenzar a súa vida universitaria. Independencia, novas amizades, festas...Qué pode sair mal?. Porén, axiña descubrirá que a universidade alberga tamén segredos e misterios, algúns deles soterrados no pasado. Nos corredores da facultade de Psicolosía, Sara atoparase con personaxes que farán máis peculiar e único o seu primeiro ano, pero ninguén tan excepcional como Laura Mariño, a súa compañeira de cuarto. Irreverente, intelixente e extraña. Unha rapaza pouco convencional, cun xeito propio e diferente de moverse polo mundo. Xunto a ela vivirá a aventura máis grande e perigosa da súa vida: a investigación de dous asasinatos cometidos na propia facultade. Miguel Al

"Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada" de Carlos Labraña

Imagen
O autor Carlos Labraña e a Editorial Galaxia traen o libro " Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada " ata as librerías e ata as vosas casas. Unha achega chea de cor e de diversión, pero tamén chea de información importante para os nenos e nenas. Da man dun circo, que tanto lles gusta os cativos, e dos seus integrantes, o autor ten a boa idea de contarlles os problemas que a crise trouxo a moitas empresas e particulares.  Nesta ocasión o circo ven a representar a todos eses que pasaron por problemas graves por causa da crise, e a través dun díalogo intelixente e rápido, vai achegando as causas e consecuencias da crise, e o por qué de moitas das situacións que os nenos foron vendo nos noticiarios de todas as televisións, e incluso,  nos seus colexios. Nunha sociedade como a nosa, onde os medios de comunicación invaden todo, os nenos van escoitando cousas aquí e alí, fragmentadas e moitas veces incomprensibéis, é importante por tanto facerlles

Carlos Labraña

Imagen
Carlos Labraña naceu en Cedeira en 1969. Fundou en 1988 o Colectivo Garola, dedicado á creación e montaxe de pezas de teatro infantil. Con eles participou en varias pezas dirixidas ao público máis novo, das que podemos salientar: O segredo de Daniel e A escada , ambas as dúas gañadoras do Certame Xeración Nós.  Máis adiante continua a escrita de maneira individual ou en colaboración cos seus irmáns Antón e Sabela con pezas como : O teatro dos soño s ; Indo para o Samaín , baseada na festa das cabazas; Os sons da buguina , finalista do Premio Meiga Moira; Teatro de xoguete , Premio Estornela; e Espantallo , Premio O Facho. Recentemente, formou o grupo de teatro Os Furabolos para levar á escena ás súas obras. Trouxen a Carlos Labraña ata o meu blog da man da súa novela infantil Moito Morro Corporation, sociedade ilimitada , que recibiu o Premio Gala do Libro no presente ano 2017 na categoría de Teatro.

Fragmento de "Moito Morro Corporation, sociedade ilimitada" de Carlos Labraña

Imagen
"Nita: Coidado, isto está cheo de xente! Mira o sofá.   Rita: Desde cando a xente dorme nos bancos?   Nita: Desde que lles quitan as casas.   Rita: Non sei..., Nita, isto paréceme un pouco raro.   Nita: Ti ves cousas raras en todos os sitios   Rita: Só cando o son   Nita: Isto vainos dificultar un pouco as cousas. Temos que andar amodiño para non espertalos.   Rita: Non será mellor vir outra noite que estea ísto máis despexado?   Nita: Diso nada! Agora que estamos aquí non imos  marchar cos petos baleiros. Este banco non vai quedar cos nosos cartos de ningunha das maneiras.   Rita: Ben, pero collemos só o que nos deben.   Nita: E os xuros, fataba máis! Agora hai que mirar por onde cae a caixa forte. Sígueme! Nita e Rita procuran silandeiras pola oficina.   Nita: Con tanto moble isto parece un labirinto!   Rita: Pois vai amodo, non vaias enfociñar!   Nita: (Afastándose da irmá) Vexo algo!   Rita: Agarda por min! Nita bate coa caixa e magóase.   Nita: Aaaiii!

"As últimas galerías" de Xosé María Álvarez Cáccamo

Imagen
" As últimas galerías " é o título do libro que escribiu Xosé María Álvarez Cáccamo . A Editorial Galaxia trouxo ata as nosas máns este libro que está dentro da colección Literaria e eu estou máis que segura de que todos aqueles que a leades, recomendaredes a súa lectura os vosos amigos e amigas. Creo que gardaréi este libro entre uns dos meus preferidos de entre os moitos que xa lin en lingua galega. Preguntarédesvos cal é a razón , pois volo vou contar. Teño que dicir deste libro que, polas súas páxinas brota a Empatía, desborda a empatía, o autor ten unha moi boa capacidade para facer sentir as sensacións e sentimentos encontrados que o fillo de Amalia vai amosando o longo da súa novela. A descripción que o narrador fai dos seus sentimentos calan na mente do lector, ou polo menos a min fíxome comprender moi ben cómo se pode sentir un fillo cando vai vendo que a súa nai se borra polo camiño. Sintes perfectamente como un baleiro enorme vai enchendo a alma do fillo ó

Xosé María Álvarez Cáccamo

Imagen
Xosé María Álvarez Cáccamo naceu en Vigo en 1950, é poeta, narrador e crítico literario. Publicou, ademais, obra teatral e literatura infantil. Entre os seus poemarios cómpre salientar Praia das furnas (1983), Luminoso lugar de abatimiento (1987), O lume branco (1991), Calendario perpetuo (1997), Vocabulario das orixes (2000), Vento de sal (2008) e Tempo de cristal e sombra (2014).  En Ancoradoiro. Obra poética (1983-2003) recóllese a súa poesía. En Microtopofanías (1992) e A luz dos desnortados (1996) reuniu senllas coleccións de relatos breves. Memoria de poeta (2006) e Tempo do pai (2008) son libros de memorias. Engadir tamén a novela " As últimas galería s ", publicada pola Editorial Galaxia no ano 2015, unha novela da que se fai recensión neste blogue.

Fragmento de "As últimas galerías" de Xosé María Álvarez Cáccamo

Imagen
"...Efectivamente, non aturo esas persoas que che contan unha película ou unha novela de arriba a abaixo e con todo detalle, mesmo revelando o final; pero non teño máis remedio que contarche, agora eu, non unha película, senón un suceso real que me ocorreu o xoves pasado. Ía na moto coas pernas nas estribeiras e a trote lixeiro cara a Vitigudino, case en dirección a ti, cando, ao pasar por Villaseco de los Gamitos -o nome parece inventado pero é real- vin a carón da estrada unha escola rural moi parecida á miña de Sobreira, aquel mundo que me roubaron. Parei e descabalguei. Era a hora do recreo. Os nenos brincaban e chiaban, a correr polo patio de terra. Desde a cancela de entrada vin chegar o mestre, que camiñaba cara a min para atenderme. Conforme se achegaba funme vendo dominado polo desexo de cambiarme por el, propoñerlle que me deixase quedar alí, ao cargo daqueles rapaces, a cambio da miña representación comercial, a moto e a carteira; pero, de súpeto, a súa cara resultou

"As terapias da doutora Ledicia" de Raquel Castro

Imagen
Unha nova lectura tráeme ata aquí, o libro " As terapias da doutora Ledicia " da escritora Raquel Castro . A Editorial Galaxia encadra esta pequena maravilla na súa colección Árbore. Atopamos aquí un pequeno conto moi orixinal, en realidade, unha pequena obra de teatro na que se reflicten moitos dos problemas da nosa sociedade. Unha sociedade enferma, na que o diñeiro, as redes sociáis e uns valores equivocados, (se lle da máis importancia ó aspecto exterior das persoas que ó seu mundo interior; emítese a mensaxe equívoca de que  canto máis diñeiro tes más vales entre outros; foméntase a insolidaridade e a violencia, etc) fan que os cidadáns se volvan máis frios e insolidarios cos seus conxéneres, se aislen, e fabriquen un mundo ideal e unha imaxe persoal falsa a través das redes sociáis, e só pensen en aparentar o que non son en realidade, para encanxar nunha sociedade que te xulga constantemente. Raquel Castro, trae da súa man persoaxes moi divertidos e moi típi

Raquel Castro

Imagen
Nacín en Alxén (Salvaterra do Miño) no ano 1971. Son profesora de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario. Dedícome ao teatro dende o ano 1999, cando comezo a dirixir o Grupo amador Ata Sempre de Alxén. Impartín clases e escribín obras para o grupo de teatro do CEP Carlos Casares de Alxén e actualmente dirixo o Grupo de Teatro da SDC de Salvaterra.  Teño algúns premios e este As terapias da Doutora Ledicia recibiu o Premio de Honra nos premios Estornela de Teatro que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas, no ano 2014.

Fragmento de "As terapias da doutora Ledicia" de Raquel Castro

Imagen
" DOUTORA: Continúe vostede, señora.    VELLA: A verdade é que sinto que hoi alguén roubándome as palabras e substituíndoas por outras novas, alleas. (Mira de esguello para o Home do Saco)    MARÍA DOS MELES: Ás veces, a min, tamén me pasa o mesmo.    MARÍA CASTAÑA: E sentes coma se a lingua se che volvese de trapo de non usala.    MARÍA SILVEIRA: Non hai tempo para falar, miñas amigas! Agora as palabras escríbense en WhatsApp.    VELLA: Eu son vella, mais aínda teño moitas cousas que dicir, porén semella que ninguén me quere escoitar.    DOUTORA: Non diga  iso, señora, nós estámola escoitando. Quizais debería vostede quitar esa roupa que leva e amosarse máis nova, máis leda.    CAROLINA: Doutora, non pretenderá converter a consulta nun salón de estética?    DOUTORA: A nosa imaxe ten moito que ver con como nos sentimos. (Vai onda a VELLA) Fóra este mantelo, fóra este pano, enderéiteme o lombo e...unha nova imaxe!    VELLA: Xa me sinto mellor, como máis lixeira

"Bic e Bombona" de Sara Barreiro

Imagen
Chegou ata as miñas mans este libro pequeno de título " Vic e Bombona " da escritora Sara Barreiro . A Editorial Galaxia inclúe este libro na súa colección Árbore, dedicada as lecturas para nenas e nenos maiores de 10 anos. Sen dúbida é unha historia moi orixinal e que te mantén pegada as súas follas desde o principio ata o final do libro. É unha narración feita co unha linguaxe sinxela cuio protagonista é un cativo, aventureiro e curioso que ben podría ser un dos nosos cativos. Os nenos sentiránse moi intrigados e non pararán de ler porque lles gustaría pasar unha aventura así de divertida nas súas vidas. Bic, que así se chama o protagonista deste pequeno conto, fará uns incribles achados no seu pobo que levarano a descubrir historias e misterios doutros tempos. Non penso contar máis cousas do argumento do libro, o que si diréi é que de maneira sutil a autora leva a reflexión os nenos sobre o respecto ós mestres e lles fai meditar sobre a importancia de acudir ó co

Fragmento de "Vic e Bombona" de Sara Barreiro

Imagen
" O neno abriu moito os ollos e púxose de xeonllos para tocar a trapela, pero non a alcanzou, polo que dun salto caeu dentro do burato e  escoitou como a madeira sobre a que se puxera de pé, renxía. Moveuse con coidado mentres falaba con Bombona. - Pero amiga! Como o conseguiches? Por isto tiñas onte as patas cheas de terra, agora entendo...Es a mellor cadela do mundo. Imos tentar abrir esta trapela e ver que hai dentro. E mañá volveremos para ver de adiviñar que hai ao outro lado da corda sen pillar unha molladura e sen que mamá berre cos dous. Vic analizou os bordos da trapela. Para levantala tería que sair do burato, senón sería imposible. Coa man dereita limpou os restos de terra que quedaran sobre a madeira e descubriu unha inscrición que dicía "The Brigde". Seguiu quitando a terra e atopou unha pechadura. Desilusionouse un pouco, pois aquilo significaba que precisaba dunha chave para abrir a porta. Era unha pechadura de chave grande, de tipo antiga, coma

"O viaxeiro radical" de Xerardo Quintiá

Imagen
 O libro " O viaxeiro radical ", de Xerardo Quintiá, é unha pequena novela na que se relatan parte dos momentos da vida dun persoaxe que elexiu vivir na nosa costa galega dunha maneira diferente.  Pola súa forma de vivir e pensar foi criticado, máis tamén foi amado por aqueles que o coñeceron ben. O viaxeiro radical, existiu na realidade e creo que non hai nin un só galego en toda a nosa terra que non soupera del, unos tratábano de tolo, outros admiraban a súa obra, e a moitos coma a min nos resultaba indiferente ainda que un pouco de curiosidade si que nos movia cando de él se falaba nos medios de comunicación, curiosidade por saber qué era o que movía a este home a ter ese comportamento e a facer as cousas extrañas (extrañas para min, claro) que facía. Traio esta obra da Editorial Galaxia ata as vosas mans porque aquí, con este libro, saberedes da vida deste home, o porqué do seu comportamento, e aprenderedes que, o que é diferente, non ten por qué ser malo máis

Xerardo Quintiá

Imagen
Xerardo Quintiá (Friol, 1970), poeta e narrador, publicou os seus primeiros traballos no suplemento cultural "Táboa Redonda" de El Progreso e colaborou despois en revistas como Dorna e Xistral .  En 1997 sae do prelo o seu primeiro libro, Finísimo po nas ás ; posteriormente, publica os libros de relatos Unha soa man e outros intres (1999) e Un rabaño de ovellas brancas (2001). No ano 2009 publica o libro Ke-Tumba Ke-Tamba . De 2002 é O libro dos aparecidos e, de 2012, Hotel Cidade Sur , tamén dedicados á narrativa curta.  Como poeta é autor de Ailalalelo de auga (2001), Poesía en Ruta , Premio Fermín Bouza Brey en 2005, e Fornelos &Fornelos , primeira fundación, Premio Fiz Vergara Vilariño en 2011. No ano 2015 publica o libro do que falamos neste blogue O viaxeiro radical

Fragmento de "O viaxeiro radical" de Xerardo Quintiá

Imagen
" En certo xeito, querido Manfred, a vida é así, e a todos nos pasa o mesmo. Quero dicir que, se o miras ben, a vida consiste niso, en carretar unha pedra costa arriba e cando chegas á cima e volves a vista, ves como todo se esmendrella e tes que empezar outra vez. Quizabes a felicidade, se é que a hai, estea en non pensar moito, ou en disimular cun mesmo e convencerse de que cada vez a pedra é unha pedra distinta, e tamén o monte, e tamén a cima. Así, polo menos, o esfrozo non é tan absurdo. Non cho parece? Nunha das túas cartas dicíasme que eu era un home práctico e que todo o que facía se cimentaba en algo real e tanxibel. É certo. Sempre me fiei máis daquilo que vexo e toco que de calquera outra cousa: o meu son os parafusos e a graxa e os motores, aí son feliz; pero malia o meu apego á realidade vexo claramente esa aura que sempre te envurullou e amólame que a xente che faga dano. Como che dicía ao primeiro, tes que ser forte. Non queda outra. E se che esmendrellaron o q