viernes, 22 de abril de 2016

"Almas de algodón" de Enric Lluch

De novo de volta, e nesta ocasión falando dun pequeno libro infantil de título "Almas de algodón" do escritor Enric Lluch

A Editorial Galaxia trae un libro para os pequenos cunha traduccion feita por María Dolores Villanueva Gesteira e tamén cunhas ilustracións de Pablo Oliveiro en branco e negro que farán a lectura moito más amena os mais pequenos da casa.

Nesta ocasión, teremos nas nosas mans un libro no que tocarán o téma da discapacidade intelectual, e o farán dunha maneira amena e cun vocabulario fácil de entender para os nenos. Coñeceredes ó pequeno Carlos, un neno con memoria pequena, pero un gran neno. Saberedes das súas dificultades para adaptarse as novas situacións, das complicacións que para él supoñen as pequenas cousas da vida e os problemas que pode ter para coñecer amigos dada a incapacidade que as veces ten a sociedade para aceptar as diferenzas que teñen os demáis e para entender o que é unha discapacidade intelectual e como tratar con as persoas que son así.  Tamén verán cómo nos colexios axudan e apoian ós nenos con diversidade intelectual, e como co apoio escolar, das familias e dos seus amigos, estes cativos intégranse dentro da nosa sociedade.

Este libro toca o téma dunha maneira delicada e fará ver ós vosos cativos que todos temos dificultades para facer ou aprender as cousas, non só as persoas con diversidade intelectual, e que con axuda uns dos outros sempre podemos sair adiante. Aceptar as diferencias dos demáis sempre é bo, enriquecedor xa que non só aprendes formas distintas de afrontar a vida, senón que aínda por riba coñeces xente maravillosa que enche a túa vida de ledicia.

De cara ó final do libro atoparedes un epílogo moi interesante onde con palabras fáciles, explícaselle ós nenos o que é unha discapacidade intelectual e cómo funciona a mente dunha persoa con este tipo de dificultades. Unha forma moi agradable para que os nenos acepten con normalidade este tipo de situacións e que aprendan a solventar os medos e inquietudes que atoparse con persoas con diversidade intelectual pódelles ocasionar.

Unha ferramenta fundamental para a integración é a educación, é vital ensinar as nosas sociedades a aceptar a todas as persoas "diferentes" por ter unha diversidade funcional ou intelectual, e a lectura deste tipo de libros fará que os nosos pequenos formen nun futuro próximo unha sociedade integradora, que apoie e axude a que estas persoas podan levar unha vida plena, é un traballo de todos. Eu non dubidaría un instante en poñer nas mans do meu fillo este libro, porque o fará pasar un agradable rato coa lectura e o fará crecer como persoa.

Enric Lluch

Enric Lluch, autor do libro "Almas de algodón", é un escritor que fundamentalmente publica en valenciano. Forma parte de importantes asociacións como o PEN Clube. Unha das cousas que fai continuamente é visitar as escolas para falar dos seus libros, comentándoos e aprendendo dos comentarios das lectoras e lectores. A súa obra está traducida, ademais de para o galego, para o eúscaro, castelán, inglés, francés, alemán, portugués, chinés, grego, polaco, xaponés e incluso par o sistema Braille.
Ten máis de cen obras publicadas, destacaremos unhas cuantas:

- Caperucita y el lobo bobo
- Siete cabras cabreadas
- Las increibles botas del gato
- Los músicos que braman
- El saxofonista de Hamelín
- Tres cerditos duros de roer
- Un quijote en bicicleta...

jueves, 21 de abril de 2016

Fragmento de "Almas de algodón" de Enric Llunch

"O mestre comeza a debuxar figuras no encerado. Cando acaba, pregunta a un neno da primeira fila como se chama a primeira figura que debuxou:
-Rectángulo- contesta o rapaz.
A continuación, sinala a segunda figura e pregunta coa súa voz forte:
-A ver, o novo, como se di esta?
Carlos sente un bum-bum no medio do peito. Centra a vista atentamente no debuxo e contesta cun fiíño de voz:
-É unha tenda de campaña...
Toda a clase escacha a rir. Ata o neno gordo da esquerda da palmadas sobre a mesa mentres ri con toda a forza.
Xaime manda calar o barullo e observa a Carlos como o faría un gabíán.
-Asi que unha tenda de campaña...-e engade-: Á hora do recreo espérasme, que teño que explicarche algo.
Un pouco despois soa o timbre. O mestre fai un sinal e todos saen da clase. O neno gordo, mentres pasa por diante de Carlos, rosma:
-Ti es parvo ou que?
A nena con pencas non dá un chío. Tan só pasa ao seu carón máis estirada ca unha palmeira."

lunes, 18 de abril de 2016

"Amor é unha palabra coma outra calquera" de Francisco Castro

"Amor é unha palabra coma outra calquera" é a derradeira novela de Francisco Castro, un libro publicado pola Editorial Galaxia da súa colección Literaria.

Francisco Castro amósase aquí coma un mentireiro porque él ben sabe que "Amor" non é unha palabra calquera, o sabe él e o saben os personaxes da súa excelente novela. É unha obra corta, unhas doucentas vinte follas, con capítulos de títulos moi orixináis non moi longos, máis o que si é, pódese dicir con tranquilidade, é unha novela diferente, adictiva, misteriosa. É unha novela que vos fará pensar e que os romperá un pouco os esquemas cando empecedes coa súa lectura.

Como ben sendo habitual en min, non falaréi do argumento da novela, para eso ides tela que ler, pero si vos diréi que é unha novela no que tal vez o importante é, non tanto o argumento en sí mesmo, senón o trasfondo da novela . Porque "Amor é unha palabra coma outra calquera" é unha novela de misterio con moito trasfondo.

Penso que desta vez, o autor, Francisco Castro toleou, si, si, toleou de todo!!. Penso que tivo unha idea xenial un día pola mañá cando espertou, correu a coller un lapiz e escupiu todo o que o seu maxin tiña que dicir nun papel...e saíu esto...unha obriña xenial¡¡ Francisco Castro tiña necesidade de contar...e escribiu, escribiu e escribiu e dunha maneira maxistral fixo unha novela onde os os diálogos e a narración mestúranse formando unha estructúra única, pero ainda que todo sexa de corrido, e o autor só toma folgos cando crea un novo capítulo, digo que sorprenderavos o ben que se pode ler e comprender a novela. Saberedes perfectamente cando fala o autor ou o narrador, cando un persoaxe ou simplemente cando tedes ante vos unha simple descripción. Acertaredes  coa tonalidade do diálogo e coa intención de cada unha das frases do libr. A min tróuxome a mente a un Saramago brillante no seu libro "Ensayo sobre la ceguera" onde utiliza o mesmo recurso que Francisco nesta súa nova novela. Estou segura que uns cantos deixaredes a novela en canto comprobedes o que vos digo...perderedes un bo rato de lectura xa volo digo agora.

O autor, déixa pasmados ós lectores ante a evolución dos acontecementos na novela, acontecementos que amarran ó lector á lectura , unha pola historia de misterio que desenrola, máis tamén polo análise que se vai facendo aos poucos por todo o libro, reflexións ben traídas que vos fará pensar moito sobre o amor, o téma principal, o Amor que todo o move neste mundo ainda que moitos non o queran ver. O libro é unha gran reflexión sobre o Amor e a vida, unha forma de constatar que neste mundo todo o que se fai e se desfai é por unha razón moi importante: o amor.

Pero eu engadiría máis, eu vexo nesta obra que é un libro sobre as mulleres, a súa evolución e o seu despertar ó longo do tempo. Os cambios de Carla nesta novela, amosan como a Muller evoluciona nas súas formas de pensar ao longo da historia, vai mudando o seu concepto do Amor, e se rebela ante unha sociedade machista que a quere someter e non a acepta tal cual ela é. Se libera pouco a pouco desas cadeas, e vai amosando cales son as súas necesidades e os seus desexos, demostrando que esa independencia e esa forma de ser e de ver a vida que teñen as mulleres enriquece á sociedade, abrindo novas vías de convivencia e crecimento da sociedade da que forma parte. Carla muda a súa forma de ver a vida e o amor, e se enfronta a un cambio radical na súa forma de vivir que lle amosa a realidade que nunca quiso ver, porque ela seguía un codigo de conducta que a sociedade lle inculcara dende pequena , un código de conducta no que a muller o da todo para facer feliz a súa parella, deixando de lado as súas propias necesidades.

As mulleres abren os ollos ante o mundo, un mundo no que se prepara ós homes e ás mulleres a loitar, a estar preparados para enfrontarse a todo o que a vida te pon por diante...pero non a loitar cos sentimentos, coas emocións. A sociedade actual non ten manual de instruccións para solventar os problemas derivados das emocions cambiantes e os sentimentos do resto de seres humanos e ante esa carencia as sociedades improvisan e baten con violencia ata atopar a solución correcta.

A través de Carla e a súa conducta, veremos tamén a  importancia de quererse a un mesmo para logo querer ben os que teñes o teu redor, a famosa autoestima , que fai maravillas pois permite ver cando se os que teñes cerca te manipulan, te pisan ou te maltratan psicolóxicamente; unha autoestima que permite distinguir tamén  a aqueles que te queren ben. En fin, penso que o persoaxe de Carla da para moito que falar e para moito que pensar, e xa non vos digo máis...porque logo temos a César...e Xabier..en fin...un trio que reflexa distintas formas de amar e de entender o amor que dará que falar.

Son moitos os interrogantes que trae o libro sobre o amor, que buscamos na parella? por qué sentimos dunha maneira cunha persoa e con outras doutra? e tan malo o sexo sin amor? cómo podes saber se o que sinte o outro é amor realmente, ou apego, ou simplemente atracción sexual?cal é o mellor xeito de vivir en parella? dous que se queren poden non querer estar sempre xuntos?.ata que punto é lícito deixar que o outro/a renuncie as súas cousas para que a súa parella consiga os teus ideáis?.. que queren os homes das mulleres e viceversa?...moitas moitas preguntas. 

Pero tamén resaltaría do libro ese mensaxe que manda de Carpe Diem, de aproveita o que tes aquí e agora porque o pasado xa pasou e o futuro e incerto...e perdemos moitas cousas bonitas e boas que tal vez logo non podamos levar a cabo, perdemos amistades, experiencias, cousas que aprender, cousas sinxelas que vamos deixando a un lado e que logo non podemos levar a cabo porque neste mundo temos o tempo contado, nos guste ou non.

Penso que é unha novela desas que cada vez que a lees atopas un novo matiz, unha nova reflexión que en lecturas anteriores habías pasado por alto, un libro entretenido e profundo que amosa claramente que Amor, non é unha palabra calquera. Para min unha novola excelente que recomendo ler a tod@s¡¡¡¡ Francisco, parabéns por esta nova novela túa, non deixa indiferente, fai pasar un rato agradable e da moito moito que pensar ata a derradeira das súas follas. Agora só queda unha pregunta que facer...Francisco...para cando unha nova novela?¡¡



Fragmento de "Amor é unha palabra coma outra calquera" de Francisco Castro

" Aquela escena, a da ruptura, aconteceu porque Xabier quixo que acontecese. Como en tantos outros momentos da súa vida foi el que actuou e ela quen reaccionou. Así foi sempre. Ela viviu pregando a súa vontade á vontade del. Mais cando tal se fai, cando alguén actúa así, no fondo é porque se agarda algo, algún premio, algunha recompensa, neste caso, emocional. E que era o que ela esperaba?, que buscaba? Ela diría: nada. Absolutamente nada. Eu nada buscaba. Amar é dar. Amor é Dar. Amor é renunciar para que o outro sexa. Amar é sacrificar por un soño común. Si, Carla, isto xa o falamos. E xa dixemos que  é un erro. Porque non hai un proxecto común. Hai como moito, proxectos. Proxectos dos dous, pero cada un co seu. O de  Xabier estaba claro e era realizable sen grandes complicacións: vivir ben, traballar duro, e estar tranquilo na casa. Contigo. O teu, non obstante, era moito máis fodido: facelo feliz, que el me faga feliz, sermos felices os dous xuntos polo feito de o estar. Iso é unha putada, Carla, a nada que o penses é unha putada. Pensar así é unha putada. Actuar así é unha putada. Debiches entender que só podías ser feliz por ti mesma, non a través do teu marido. Así nos aprenden a ser a todas e a todos, e por iso rematamos sendo, en especial tócavos ás mulleres, peor tratadas pola educación convencional occidental tradicional familiar machista, etcétera, simples e complicadas amantes do amor. E por iso, Carla, quixeches velo feliz, e cediches en todo, por el, por darlle gusto, estando atenta ao que quería ou ao que pensabas que el quería ( a pesar de que el non che prestaba atención, non se preocupaba pola túa felicidade, de feito, nin sabía, non o culpes, que tiña que facer tal cousa). E ti esperabas, por esa actitude túa, bicos, aloumiños, sexo, agarimo. Mais non funciona así. Nunca funciona así. Non o esquezas nunca, Carla, e menos hoxe que estás a piques de iniciar unha aventura que nin imaxinas"

sábado, 2 de abril de 2016

"O álbum de Garrincha" de Beatriz Maceda Abeleira

Novo libro para os máis pequenos da casa, de título "O álbum de Garricha" da escritora Beatriz Maceda Abeleira. A Editorial Galaxia achéganos un libro de portada colorista cuias ilustracións veñen da man de Laura Beleiro, e está incorporado na sección Árbore para nenos maiores de 10 anos.

Nesta ocasión, presentan ante nós un pequeno libro que aportará un montón de coñecementos sobre a historia do fútbol dunha maneira entretida e divertida.

Vosos fillos e fillas, coñecerán quen foi Garrincha (eu teño que recoñecer a miña ignorancia suprema sobre o téma, non son futbolera), os seus éxitos e as súas limitacións que soubo facer virtudes¡¡.
 E irán vendo como, pouco a pouco, se vai facendo un futbolista, a base de esforzo e tesón, de perseverancia e de confianza en sí mesmo. Valores, que todos debemos fomentar nos nosos cativos. Os nenos saberán así, que para acadar os seus desexos e anhelos deberán loitar por eles e que para logralos, a perseverancia e a formación son básicos.

Pero este libro non só fala de futbol, o libro trae consigo un montón de ensinanzas interesantes e levará, ós pequenos e pequenas, a pensar en cómo ven ós demáis, e cómo queren que os demáis os vexan a eles.  O libro fala dos prexuizos que todos temos cando coñecemos a alguén novo, farálles ver as dificultades que se atopan moitas persoas para integrarse nos grupos novos, da importancia de facer as cousas dende o corazón, de compartir, de que se pode facer virtude dos nosos defectos, da importancia de valorar o que somos e o que temos, da amizade, fala de libros, da importancia da lectura...e todo esto, o fai a través dunha narración que é moi facil de ler, con capítulos cortiños, cunha dose xusta de misterio para manter ó neno pegado a lectura, cunha historia totalmente congruente que fará posible que o meniño se vexa reflectido pois él mesmo pode ser Joao. Asemade, o libro está repleto de ilustracións que axudan os nenos e nenas a imaxinar ás situacións e ós persoaxes da novela con maior facilidade.

Sinceramente, a min o libro e a historia de Joao e os seus amigos gustoume un montón, é un libro totalmente recomendable para agasallar ós nenos e nenas, porque está moi ben feito e un libro de lectura amena e rápida e axuda a crecer os cativos e cativas como persoas. Eu o mercaría sin dudalo¡¡

Beatriz Maceda Abeleira

Beatriz Maceda Abeleira, é a autora do libro infantil "O álbum de Garricha" publicado pola Editorial Galaxia.

Beatriz naceu na Coruña. A  carón da súa casa estaba o mar, e a súa presenza tíñaa fascinada xa desde moi nena, mais nunca foi que de aprender a nadar. Iso si, fartouse de comer percebes, cando os percebes case eran tan baratos cama os flocos de millo.

Aos catro anos, por mor do traballo do seu pai, marchou vivir a Vilalba. Cambiaba o mar herculino poo río Madalena, no que nunca se lle ocorreu ni meter a punta dos pés. A auga estaba tan fria, que os seus amigos saían todos morados despois do baño. Nesta vila pasou parte da súa infancia e adolescencia, para logo regresar á Coruña, onde reside actualmente.

De nena viaxou moito e coñeceu moita xente: un neno que se chamaba Jum Hawkins, o fillo do dono dunha pousada chamada Almirante Benbow; deu A volta ao mundo en 80 días e coñeceu a Phileas Fogg, un refinado e excéntrico cabaleiro inglés que xogou a metade da súa fortuna nunha aposta contra  o director do Banco de Inglaterra, a que era quen de dar a volta ao mundo en oitenta días. Tamén coñeceu O Principiño, que chegou ao noso planeta dun asteroide, o B 612.

E mentres gozaba de todas estas lecturas, imaxinaba que algún día tamén ela podería viaxar e coñecer persoas a través da creacion das súas historias. Por iso é escritora, e tamén é mestra, para escoitar o que  lle contan os alumnos e alumnas, cos que comparte libros no club de lectura "Os Tusitalas", da biblioteca do colexio Raquel Camacho, na Coruña, no que dá clase de inglés.

Ten publicado Man. O alemán de Cameselle, e unha cadela blanca, Chispa, que sempre está ao seu carón.