"Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos" de Benigno Campos

Novo libro de Benigno Campos de título "Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos" que a Editorial Galaxia inclúe neste caso no seu apartado de Cociña. Un libro de 168 páxinas que agocha un total de unhas perfectas 150 receitas de peixe e mariscos moi apetitosas, todo hai que dicilo.

150 receitas das que, tras comparar este libro co seu libro "A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos", vemos que nesta ocasión na súa labor de investigación o Señor Campos atopou unhas 89 receitas novas (non comparéi con todos os seus libros) e algo así como unhas 70 das súas recetas xa apareceron en libros anteriores. Por suposto, estou a falar soamente de receitas peixes, mariscos e empanadas.

Receitas explicadas con sinxeleza nas que acompaña unha suxerencia dun viño co que refrescar as gorxas no xantar das mesmas. 

O libro divídese en tres partes, unha maravillosa de Empanadas, onde todas son receitas novas menos unha desas empanadas que xa aparece noutros dos seus libros, en total doce empanadas douradiñas e ben olorosas (digo eu, que só vendo as imaxes xa as podo ulir). Estas empanadas recheas dos compangos máis variados e sabedeiros de peixes  e mariscos, feitas con tres masas diferentes, algunhas feitas coa masa clásica de pan, outra con fariña de millo, centeo e trigo, e noutras receitas as fai con masa de viño. Ribeiros brancos e albariños farán as delicias daqueles comensais que decidan tomar algunha destas ricas empanadas.

Unha sección de Mariscos, onde atoparedes receitas cocidas e listas para comer e outras receitas máis elaboradas. Os mariscos...variados, apetitosos...mmmm, todos acompañados de viños brancos, albariños, do Rosal.

A derradeira sección e máis extensa e a de Peixes, con 115 receitas de peixes moi variados como o ollomol, a pescada, a troita, sardiñas, sanmartiños e moitos máis, acompañados de unha gran variedade de ingredientes de gran calidade e por suposto sempre procurando que sexan sempre productos da nosa terra.

Que máis os podo dicir deste libro...eu como cociñeira que son xa probéi alguhas destas recetas, xa que teño un libro anterior de Benigno Campos e podo dicir que son exquisitas e ben feitas, o bacallao esmiuzado, o peixe sapo ao meu seito, evidentemente o polbo a feira, as ameixas con fabas,  Das receitas novas..moitas gañas desas empanadas, dese bonito en rolo, dun bacallau confitado con fabas ou desas luras recheas de gulas e langostinos entre outras. Sorprendeume atoparme un txangurro e un linguado meuniére por non ser unhas recetas típicas galegas, pero que xa se convertiron nun clásico nas nosas terras. Ahhh si, outra cousa...aiiii esas fotos¡¡¡¡¡¡¡ Complemento perfecto do libro, as fotos, a todo color, cunha presentación perfecta, pena non poder meter o dedo nas cazolas para degustar eses sabores auténticos da nosa terra¡¡

Un exemplar que gustará a todos aqueles que queran cociñar os nosos productos e as nosas receitas, no que atoparedes 89 receitas novas, recollidas como di Benigno tras falar con familias mariñeiras que lle aportaron consellos para cociñar os nosos productos da maneira máis axeitada, de tal maneira que se poda sacar o mellor da nosa gastronomía galega e o mesmo tempo recordar e recuperar os antigos usos e costumes que se van perdendo.

Un bo agasallo, útil, saboroso (ainda que o libro non é de comer¡¡), con receitas galegas para xente que xa se move ben pola cociña, iso si, mais tamén con receitas fáciles que poden facer eses que se arriman por primeira vez ós fogóns. 

Comentarios

  1. Amiga Kericolo,encántame esta nova recomendación. Son unha fan incondicional do programa Larpeiros e sobre todo de Benigno Campos.As receitas de este home son riquísimas e moi sinxelas, o que demostra que a nosa cociña non necesita de ingredientes que non coñecemos ben, nin de moita manipulación. A nosa calidade dos nosos productos e a riqueza da nosa terra son suficientes para facer enormes platos dignos da mellor das mesas. Sin embargo, hay algo que xa non me gusta tanto, e non de Benigno, tamén de outros moitos cociñeiros: escriben o primeiro libro que nos deja encantados, pero cando vas mercar o segundo e incluso en algúns casos o terceiro, ves que repiten e repiten receitas, e tamén fan outra cousa curiosa, mezclan receitas e parece que inventan unha nova cando en realidade xa coñecemos as duas... Con esto non quero parecer irrespetuosa co traballo de Benigno, todo o contrario, seguiré mercando os seus libros e seguíndoo na TVG, pero penso que era preferible editar un libriño con menos recietas pero novas e deixar tanta repetición. Repito o libro pareceme "riquísimo" e disfrutarei cociñando e "papando" todiño. Así que moitas gracias Kericolo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola, gracias por vir a ler as miñas opinións sobre as lecturas, agrádame saber que temos gustos parecidos na lectura. No de que a maioría dos libros de receitas teñen moitas repetidas, tes razón, eu collín varios libros do mesmo autor e tamén pasou unha cousa así, non sei porqué o fan cando editan os libros de cociña, pero non é un fenómeno que ocurra soamente cos libros dos que estamos a falar hoxe neste blog. Penso coma ti, máis eu ainda así non renuncio a seguir comprando libros de cociña deste home porque as novas receitas que aporta teñen unha pinta de luxo. Penso probalas todas. Un saúdo e gracias por vir

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández