viernes, 13 de mayo de 2016

Novidades da Editorial Galaxia

Ola a tod@s, aquí tedes as novidades que a Editorial Galaxia achega as nosas librarías e que estou segura será do agrado de moitos de vosotroutros/as.

"Raiolas de sol" do autor Antonio García Teijeiro, un libro onde atoparedes un conxunto dos novos relatos nos que atoparedes pequenas historias que abren pequenas fiestras a outras realidades que non pederedes nin imaxinar. Unha mestura de persoaxes, vellos músicos e mestres e poetas e mentes curiosas dispostas a deixar cambiar a vida para sempre por un verso, por un beixo, por un acorde. Unha das obras máis delicadas da produción, intensa e tamén chea de luz, de Antonio García Teijeiro.

 Eu non lin nada aínda deste autor así que animareime con estes pequenos relatos e logo xa se verá. Gustoume polo de pronto a súa portada, colorista e bucólica, así moi dos anos 60...





Outra das novidades que nos achega a Editorial Galaxia é "A garza insomne", un volume que reuno os relatos -finalistas e gañadores- do Certame de Narracións Breves Manuel Murguia entre os anos 2013 a 2015. o seu interior discorren paixóns e gozos dignos de ser descubertos: a brutalidade da guerra, a vaidade intelectua, o peso da culpa, a frustración amorosa, as profesións máis sanguinarias, a vinganza, a felicidade imposible, estraños crimes, difíciles decisións, o verdadeiro e o falso coñecemento, o costumismo máis rico e en xeral as enerxías telúricas que nos moven, inexorablemente, a continuar vivindo. Todo vaixo a imaxe dunha garza insomne...Un pequeno gran libro onde atoparedes autores coma Adolfo Caamaño, Pedro Larrañaga, Xosé Alfredo Naz Fernández, David Pérez Iglesias, Antonio Piñeiro, Juan Tallón, Antón Vázquez e Eduard Velasco.

Penso que promete ser un mar de boas historias, apuntado queda¡¡




 Engado outra obra máis da Editorial Galaxia, neste caso falaremos da obra de titulo "A boca do monte" da escritora Celia Díaz Núñez, neste libro cóntasenos a historia da existencia dos habitantes do Castro de Ares, estamos no século II, e a chegada dos romanos , ávidos de conseguir o ouro do rio Sil, vai alterar a vida deste pequeno pobo.

A construción do túnel de Montefurado condicionará as vidas de Navia e Tureno, de Caio e Cornelia, de Aldriz e de Moira...Todos terán que sobreporse ás circunstancias nuns tempos en que o amor, a cobiza e as ansias de poder eran as razóns que movían o mundo.

A seción Costa Oeste agocha esta novela histórica que promete unha lectura que atrapa.



Finalmente dende a sección Literaria da Editorial Galaxia sae este libro de título interesante "A fuga a Exipto" do escritor Bernardino Graña. O autor presenta unha novela histórica na que fai unha reinterpretación narrativa da vida de Xesús Cristo. Así, Bernardino aproveita os máis novidosos achados da investigación histórica para transmitir a quen le o acontecer da vida cotiá daqueles tempos. O autor presenta unha das etapas más enigmáticas do fundador do cristianismo.

O autor conta a orixe desta obra: "A fuga a Exipto en realidade empezou a concibirse en 2003, cando me deron o Premio Eixo Atlántico, e concibíaa como unha continuación dun capítulo final do Protoevanxeo do neto de Herodes, onde se di que a Santa Familia vai por uns cinco anos a Exipto escapando da furia de Herodes, rabioso por matar a Xesús, proclamado polos pastores como Rei de Israel" 

Bernardino Graña explica tamén a xenealosía dun dos episodios fundamentais de A fuga a Exipto, episodio que axudou ao autor a dar senso e cabo a historia da fuxida e a explicar a súa importancia para o cristianismo: "Segundo investigacións recentes, e segundo os coptos, a Santa Familia estivera na localidade de Maghagha, ao localizala, por fin puiden escribir o capítulo situado nesa localidade das beiras do río Nilo. Xesús (tal vez en Alexandría, a onde volveu) coñeceu xente da India de relixión hindú ou budista e de ai lle vén o de ofrecer a esquerda se che pegan na dereita e o de "ama o teu inimigo", actitude inconcibíbel no noso occidente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario