martes, 17 de mayo de 2016

"Manuel María. Antoloxía poética" de Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela

Aquí sigo no Día das Letras Galegas, e amoso esta vez outro libro "Manuel María. Antoloxía poética" de Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela, unha publicación da Editorial Galaxia para lembrar a obra do autor ó que este ano adica o Día das Letras Galegas que hoxe celebramos.

Darío Xohán e Amelia Outeiro fan unha viaxe entre as letras e os pensamentos de Manuel María para amosarnos a evolución e os cambios que a súa obra tivo co paso do tempo. Para montar este libro, fan primeiro un percorrido pola vida e obra do autor, e na primeira parte do libro presentan unha biografía e unha moi util explicación da obra de Manuel María, as súas influéncias políticas e literarias e o seu devagar pola vida e o amor.  

Na segunda parte do libro, acharedes o que é a antoloxía propiamente dita, unha escolma escollida por Dario e Amelia no que eles pensan que son os poemas máis representativos de Manuel María e de cada unha das fases nas que se pode dividir a súa obra. Neste caso non atopardes poemas da liña localista do autor nin dos seus libros infantís, máis ainda así seredes quen de entender e apreciar os cambios que a poesía de Manuel María foron sufrindo co paso do tempo.

Pola miña parte fun lendo a biografía e a antoloxía ao mesmo tempo, así fun quen de comprender a evolución e os cambios da súa poesía, a creación dun xove Manuel María no que escribe a súa primeira poesía na que se reflexan as súas inquedanzas e se ve claramente esa rebeldia ante o que lle está a suceder na súa vida persoal, ata a poesía feita na madurez da sua existencia onde xa se amosa coma un home comprometido co seu pobo e a súa lingua e non ten reparos en amosar o seu inconformismo co que está a suceder no seu país. Persoalmente gústame máis a etapa da súa madurez onde a poesía é máis reivindicativa e para min a súa linguaxe resulta máis doada de comprender.

Aquí tedes unha antoloxía pensada para todos os que atopades a Manuel María e a súa poesía por primeira vez na vosa vida, e será moi útil e clarificadora, mais tamén é un libro para os que xa coñecedes a este marabilloso poeta e vos resultará unha viaxe agradable para rememorar o xa lido e disfrutar de novo das palabras dun autor que non deixa indiferente a ninguén coa súa obra. 

Penso eu que temos nas nosas máns un moi bo libro para agasallar a quenes aman a poesía, a quenes aman o noso idioma e ó noso pobo, un gran achado¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario