domingo, 8 de mayo de 2016

"Adral" de Xosé Filgueira Valverde"

Hoxe falaréi dunha das achegas da Editorial Galaxia, unha obra do autor Xosé Filgueira Valverde, neste caso falaré do libro "Adral", unha compilación de artigos escritos polo autor dende 1979 ata o momento da súa morte. Publicáronse en distintos xornais e logo recopiláronse para formar a obra da que estamos a falar hoxe.

Neste libro non atoparedes outra cousa que non sexa Galicia e asemade tamén unha proba irrefutable da intención do seu autor de aprender máis e máis sobre a súa terra, e dar a coñecer as súas investigacións ó resto dos galegos para que non se esqueza a nosa cultura, e para que non se perdan as nosas tradicións.

Eu non coñezo moitos libros con esta mistura de témas tan variados, investigacións curiosas que nalgúns momentos fan que o lector quede abraiado, ou que na súa face aparezca unha sonrisa tristeira o pensar que moitas das cousas que conta Filgueira Valverde xa non se levan a cabo, ou se perderon, ou se fixeron eliminar...e só quedan documentos escritos que recollen eses símbolos ou festas e costumes, e as veces nin eso queda xa.

É un libro con relatos cortos, separados por temáticas que co seu título xa indican por onde van a ir mais ou menos as cousas, así "As verbas", "Os símbolos", "O rito e a cantiga", "Os oficios", "As artes" e "As letras" son as seccións nas que se divide o libro. Todos conforman un libro de lectura agradable polo ton desenfadado e informal que o autor escolle para dirixirse ó lector, así, ben parece que estéas a pasear con Filgueira Valverde pola beira do mar e o autor conta curiosidades da nosa lingua, empezando pola palabra "adro", a súa procedencia e os seus significados e seguindo por un mar de témas que non deixan indiferente a ninguén.  Persoalmente quédome neste libro coa parte de "o rito e a cantiga" no que fala e presenta explicacions sobre a orixe dos colores do traxe galego, por exemplo, ou onde conta que as mulleres  doutros tempos comían barro, si si...xerros, cuncas, púcaros eran mercados para comelos as mulleres , máis teredes que acercarvos o libro para saber porque o facían ; coñecereces que eran as Penlas de Redondela ou saberedes como inxeniaban algúns para saciar a fame do seu pobo ou máis información interesante do noso botafumeiro; de onde sae a idea de presentar mans e cabezas de cera ante os santos nas nosas romarías e moitas cousas moi interesantes que nalgúns casos deixaránvos pasmados. En todos os grupos nos que está dividida a obra atoparedes algo que os gustará.

A lectura deste libro non interferirá coa lectura doutros libros,  pois a temática e variada e nada ten que ver cunha novela, e será do gusto de todos aqueles que lles guste coñecer máis da nosa cultura, do uso das palabras, do orixe das mesmas, das nosas festas e costumes ou coñecer máis sobre persoas importantes na nosa cultura. Dende logo revela este libro o traballo importante de todos aqueles homes e mulleres que indagan nas entrañas da nosa cultura para intentar recuperar aquilo que era noso e que fixo dos galegos o que hoxe en día son. Penso que é unha boa forma de recordar, amosar e recolectar de maneira escrita o que fomos para que non se olvide e unha maneira moi boa de animar a que non se perdan estas tradicións, usos e costumes tan nosos que nos fan únicos.

Persoalmente gustoume moito o libro, e disfruto pensando que aínda me queda lectura pois a Editorial Galaxia  recopilou máis destes pequenos e interesantes fragmentos para compilalos noutros libros como son Segundo Adral e Terceiro Adral. Lectura recomendada si ou si¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario