"A Berenguela" de Manuel María

Ola outra vez, agora achego a pequena e preciosa obra de teatro de Manuel María "A Berenguela" adaptada coa música de Nani Garcia formando unha interesante opereta onde os clarinetes e os seus sons farán pasar uns intres moi divertidos os máis pequenos da casa.

Manuel María fixo no seu momento esta pequena obra de teatro cuio título orixinal é "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela". Escribiu esta obra para un grupo de teatro de Monforte de Lemos formada por cativos e cativas.

Aqui temos un libro-disco que fará a lectura moito máis orixinal e entretida, xa que a música irá dándolle intensidade os momentos máis importantes da obra, dará o ton misterioso ou o armonizará ó momento feliz da obra, e fará que os pequenos comprendan a mensaxe que Manuel María lles quere dar a coñecer. 

Tralas aventuras da pequeña espiña de toxo Berenguela e a súa confrontación coa folla de carballo, os nenos descubrirán que as sociedades non sempre son acolledoras e xustas cos séus cidadáns e que as veces onde crés que atopas a persoas que te protexerán e darán xustiza, atopas outra cousa ben distinta, inxustiza, abuso de poder, imposicións, privacións de liberdade inxustas, impostos abusivos e medo son algúns dos ingredientes que unha sociedade oscura pode ofrecer os cidadáns. Lugares onde os poderosos pisan os máis débiles das súas sociedades e onde o máis mínimo acto de critica ante as súas inxustas actuacións costará moi caro aqueles que loitan pola libertade dos pobos. Non sempre é así afortunadamente, pero é bo que os máis pequenos sepan o que se poden atopar nas súas cidades ou pobos, nas súas sociedades. E tamén é importante ensinarlles que hai que loitar contra eses abusos e inxustizas. 

Toda esta crítica social, está feita cun linguaxe adaptado en todo momento a comprensión dos máis pequenos, que lograrán asimilar a súa mensaxe sen que lles resulte agresiva, máis ben todo o contrario, comprenderán a perfección que os poderosos fan parecer doces follas de carballo a todos aqueles que lles apoian máis ante os ollos da sociedade farán que os humildes que protestan contra as inxustizas son coma espiñas afiladas de toxo. Toda una crítica social que xoves e maiores deberían de ler si ou si e , a verdade, unha crítica social dun tema moi actual hoxe en día e que traerá importantes reflexións ós lectores.

O comenzo da obra atoparedes un Limiar no que explican a orixe desta obra de teatro e tamén narran de onde partiu a idea  de facer esta pequena e orixinal Opereta. As ilustracións da obra, ben bonitas por certo, corren da man de Miguelanxo Prado e deixarán os nenos pegados o libro ante a diversidade de dibuxos e cores ben bonitas.

Nove cadros de aventuras, dibuxos, sons a cargo do Cuarteto Xerión e cores que farán maravillas nos vosos fillos e fillas, aprenderán máis dos mundos que os rodean e disfrutarán escoitando a voz de María Inés Cuadrado nun conto maravilloso, un clásico da nosa literatura galega e dun autor prolífico como foi Manuel Maria. Con sinceridade teño que dicir que é un libro dos que máis me gustaron ata o momento da Editorial Galaxia, unha xoia que todos deberíades ensinar ou agasallar os máis xoves das vosas casas¡¡ Un libro para ter na túa biblioteca para sempre¡¡ Un luxo de lectura¡¡ Grazas por este pedazo agasallo¡¡¡¡



Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández