Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2016

"A Berenguela" de Manuel María

Imagen
Ola outra vez, agora achego a pequena e preciosa obra de teatro de Manuel María " A Berenguela " adaptada coa música de Nani Garcia formando unha interesante opereta onde os clarinetes e os seus sons farán pasar uns intres moi divertidos os máis pequenos da casa. Manuel María fixo no seu momento esta pequena obra de teatro cuio título orixinal é "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela". Escribiu esta obra para un grupo de teatro de Monforte de Lemos formada por cativos e cativas. Aqui temos un libro-disco que fará a lectura moito máis orixinal e entretida, xa que a música irá dándolle intensidade os momentos máis importantes da obra, dará o ton misterioso ou o armonizará ó momento feliz da obra, e fará que os pequenos comprendan a mensaxe que Manuel María lles quere dar a coñecer.  Tralas aventuras da pequeña espiña de toxo Berenguela e a súa confrontación coa folla de carballo, os nenos descubrirán que as sociedades non semp

"Manuel María. Antoloxía poética" de Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela

Imagen
Aquí sigo no Día das Letras Galegas, e amoso esta vez outro libro " Manuel María. Antoloxía poética " de Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela, unha publicación da Editorial Galaxia para lembrar a obra do autor ó que este ano adica o Día das Letras Galegas que hoxe celebramos. Darío Xohán e Amelia Outeiro fan unha viaxe entre as letras e os pensamentos de Manuel María para amosarnos a evolución e os cambios que a súa obra tivo co paso do tempo. Para montar este libro, fan primeiro un percorrido pola vida e obra do autor, e na primeira parte do libro presentan unha biografía e unha moi util explicación da obra de Manuel María, as súas influéncias políticas e literarias e o seu devagar pola vida e o amor.   Na segunda parte do libro, acharedes o que é a antoloxía propiamente dita, unha escolma escollida por Dario e Amelia no que eles pensan que son os poemas máis representativos de Manuel María e de cada unha das fases nas que se pode dividir a súa obra. Neste

Día das Letras Galegas:"Labrego con algo de poeta" de Mercedes Queixas Zas

Imagen
"Eu son Manuel María, labrego con algo de poeta. Por eso gardo as albas no fondo dos meus ollos e ando de vagar o meu camiño,  e pídolle ás cousas a súa tenrura e aos homes pídolles verdade." Hoxe, Día das Letras Galegas achego aquí unha recensión do libro " Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María " de Mercedes Queixas Zas que publicou a Editorial Galaxia recentemente. Atopamos nesta ocasión unha biografía moi interesante sobre un dos escritores máis prolíficos da literatura galega de todos os tempos, Manuel María. Moitos pensarán que ler biografias non ten nada de interesante, saber a vida dun famoso escritor non aporta nada dirán moitos, coñecer a vida dunha persoa a quen as cousas lle foron ben dadas na súa estancia na terra, non é así de simple. Moitas veces os itinerarios vitais dos personaxes das biografías foron ben porque naceron nun berce rico e o destino púxolles as cousas fáciles, pero a outros deses persoaxes as a vid

Fragmento de "Manuel María.Antoloxía poética" de Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela

Imagen
ACUSO A CLASE MEDIA Acuso a clase media -grandes e pequenos     burgueses- porque eles foron e son os que traicionan o esprito sinxelo, enxebre e antergo de Galicia. Pertenzo ó pobo e falo no seu nome. Falo en nome dos mariñeiros, dos labregos, dos ferreiros, dos criados de servir, dos zoqueiros, dos muiñeiros e arrieiros; dos humildes carpinteiros de ribeira; dos alugados que iban a Castela; dos caseiros que non teñen terra de seu; dos que se ven obrigados a emigrar; dos probes de esprito e dos probes de pedir; do coitado xornaleiro que de sol a sol aínda anda virando a terra co arado romano. Falo en nome de todos aqueles que, anque teñen razón, non llela dan. Acuso a clase media de egoísmo, de non ser solidaria co seu pobo, de brutalidade e de ignorancia, de lles bicar os pés ós poderosos, de traficar coa fame e coa miseria, de vivir na súa terra despreciándoa, intentando borrar o seu idioma, asasinando o seu ser diferenciado. Acuso a clase media de servi

Novidades da Editorial Galaxia

Imagen
Ola a tod@s, aquí tedes as novidades que a Editorial Galaxia achega as nosas librarías e que estou segura será do agrado de moitos de vosotroutros/as. " Raiolas de sol " do autor Antonio García Teijeiro , un libro onde atoparedes un conxunto dos novos relatos nos que atoparedes pequenas historias que abren pequenas fiestras a outras realidades que non pederedes nin imaxinar. Unha mestura de persoaxes, vellos músicos e mestres e poetas e mentes curiosas dispostas a deixar cambiar a vida para sempre por un verso, por un beixo, por un acorde. Unha das obras máis delicadas da produción, intensa e tamén chea de luz, de Antonio García Teijeiro.  Eu non lin nada aínda deste autor así que animareime con estes pequenos relatos e logo xa se verá. Gustoume polo de pronto a súa portada, colorista e bucólica, así moi dos anos 60... Outra das novidades que nos achega a Editorial Galaxia é " A garza insomne ", un volume que reuno os relatos -finalistas e g

"Adral" de Xosé Filgueira Valverde"

Imagen
Hoxe falaréi dunha das achegas da Editorial Galaxia , unha obra do autor Xosé Filgueira Valverde , neste caso falaré do libro " Adral ", unha compilación de artigos escritos polo autor dende 1979 ata o momento da súa morte. Publicáronse en distintos xornais e logo recopiláronse para formar a obra da que estamos a falar hoxe. Neste libro non atoparedes outra cousa que non sexa Galicia e asemade tamén unha proba irrefutable da intención do seu autor de aprender máis e máis sobre a súa terra, e dar a coñecer as súas investigacións ó resto dos galegos para que non se esqueza a nosa cultura, e para que non se perdan as nosas tradicións. Eu non coñezo moitos libros con esta mistura de témas tan variados, investigacións curiosas que nalgúns momentos fan que o lector quede abraiado, ou que na súa face aparezca unha sonrisa tristeira o pensar que moitas das cousas que conta Filgueira Valverde xa non se levan a cabo, ou se perderon, ou se fixeron eliminar...e só quedan docum