Beatriz Maceda Abeleira

Beatriz Maceda Abeleira, é a autora do libro infantil "O álbum de Garricha" publicado pola Editorial Galaxia.

Beatriz naceu na Coruña. A  carón da súa casa estaba o mar, e a súa presenza tíñaa fascinada xa desde moi nena, mais nunca foi que de aprender a nadar. Iso si, fartouse de comer percebes, cando os percebes case eran tan baratos cama os flocos de millo.

Aos catro anos, por mor do traballo do seu pai, marchou vivir a Vilalba. Cambiaba o mar herculino poo río Madalena, no que nunca se lle ocorreu ni meter a punta dos pés. A auga estaba tan fria, que os seus amigos saían todos morados despois do baño. Nesta vila pasou parte da súa infancia e adolescencia, para logo regresar á Coruña, onde reside actualmente.

De nena viaxou moito e coñeceu moita xente: un neno que se chamaba Jum Hawkins, o fillo do dono dunha pousada chamada Almirante Benbow; deu A volta ao mundo en 80 días e coñeceu a Phileas Fogg, un refinado e excéntrico cabaleiro inglés que xogou a metade da súa fortuna nunha aposta contra  o director do Banco de Inglaterra, a que era quen de dar a volta ao mundo en oitenta días. Tamén coñeceu O Principiño, que chegou ao noso planeta dun asteroide, o B 612.

E mentres gozaba de todas estas lecturas, imaxinaba que algún día tamén ela podería viaxar e coñecer persoas a través da creacion das súas historias. Por iso é escritora, e tamén é mestra, para escoitar o que  lle contan os alumnos e alumnas, cos que comparte libros no club de lectura "Os Tusitalas", da biblioteca do colexio Raquel Camacho, na Coruña, no que dá clase de inglés.

Ten publicado Man. O alemán de Cameselle, e unha cadela blanca, Chispa, que sempre está ao seu carón.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández