lunes, 28 de marzo de 2016

Novidades Editorial Galaxia

Ola , veño coa primaveira para traervos as novedades da Editorial Galaxia, novedades coloristas e divertidas para nenos, e lecturas interesantes para aqueles que non o son tanto¡¡

"A BERENGUELA" de Manuel María, Nani García e Miguelanxo Prado

"A Berenguela" é unha das obras de teatro infantil máis coñecidas de Manuel María, o autor a quen neste 2016 se lle dedica o Día das Letras Galegas. A Editorial Galaxia fai un achegamento diferente e decide publicar este libro acompañado dun CD no que o compositor galego Nani García demostra a grandeza do seu talento acompañado da voz, éste é un formato habitual noutras produccións da Editorial Galaxia e no mundo teatral galego, de María Inés cuadrado.

E para facer a achega aínda máis grata, as ilustracións veñen da man de Miguelanxo Prado.

Un mollo de artistas de talento (máis o limiar doutro grande da literatura galega como Francisco Fernández Naval) para unha obra talentosa.

Horas de lecer. Lendo, ou escoitando...


"AS ANDANZAS DE PAIO" de Oviravai, Sonárbore e Editorial Galaxia.

A Editorial Galaxia presenta "As andanzas de Paio", un novo libro-disco da colección Sonárbore con vocación viaxeira.

Sonárbore, de novo co obxetivo de achegar a música de calidade os máis pequenos, trae as nosas mans un novo persoaxe: Paio, un teixugo viaxeiro que percorre medio mndo vivindo as máis emocionantes aventuras.
Paio recorre lugares remotos e orixináis como Madagascar, Canadá, China ou mesmo o fondo do océano, onde coñece a unha boa morea de novos amigos. De regreso a granxa na que se atopa a sua teixugueira, cóntalles a todos os animais as peripecias que vén de experimentar na súa particular andaina.

"As andanzas de Paio" inclúe ademáis un conto que acompaña os temas musicais, cunha clara vocación instructiva. Complétase esta faceta coa incorporación dunha Paiopedia final, na que se desenvolven algúns dos termos e conceptos tratados ao longo do libro.

O grupo Oviravai, de recente creación, é o responsable deste novo álbum no que se fusionan diferentes ritmos e estilos musicais. Laura Iglesias, Verónica Santalices, David Álvarez e Federico Welicki, integrantes da banda, son os autores das letras, músicas e islustracións de As andenzas de Paio, un libro-disco ateigado de sorpresas e descubrimentos.

"CAMIÑOS NA AUGA" de Manuel Núñez Singala

Núñez Singala dando un xiro nas súas publicacións e, enfrontándose neste caso a creación dunha novela, preséntanos a Szymo un negro de pel branca ou un branco con sangue negra, e con este protagonista, crea unha novela de iniciación situada na Africa poscolonial: a peripecia do protagonista, que busca a liberdade e o fai a través dunha viaxe iniciática, é o motivo que se desenvove e mediante o cal o autor expón unha versión posmoderna da subxetividade, exemplificándoa nun caso de ambigüedade extrema, o dun individuo cuxa identitade contradí as
súas caracteríscticas físicas.

 ¿Todos somos diferentes ou todos somos iguáis? Esa é a pregunta sobre a que se artella unha historia  que intenta reformular a ficción da "diferenza" contrapoñéndoa á igualdade proclamada nos incios da Idade Moderna pola Ilustración e a Revolución Francesa (a Europa actual).

No hay comentarios:

Publicar un comentario