Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2016

Novidades Editorial Galaxia

Imagen
Ola , veño coa primaveira para traervos as novedades da Editorial Galaxia, novedades coloristas e divertidas para nenos, e lecturas interesantes para aqueles que non o son tanto¡¡ "A BERENGUELA" de Manuel María, Nani García e Miguelanxo Prado "A Berenguela" é unha das obras de teatro infantil máis coñecidas de Manuel María, o autor a quen neste 2016 se lle dedica o Día das Letras Galegas. A Editorial Galaxia fai un achegamento diferente e decide publicar este libro acompañado dun CD no que o compositor galego Nani García demostra a grandeza do seu talento acompañado da voz, éste é un formato habitual noutras produccións da Editorial Galaxia e no mundo teatral galego, de María Inés cuadrado. E para facer a achega aínda máis grata, as ilustracións veñen da man de Miguelanxo Prado. Un mollo de artistas de talento (máis o limiar doutro grande da literatura galega como Francisco Fernández Naval) para unha obra talentosa. Horas de lecer. Lendo, ou