"A identidade fascinada" de Antonio Piñeiro

"A identidade fascinada", libro de Antonio Piñeiro lévanos da man ao pasado e fai un análise moi interesante sobre o que supuso para a cidade de Compostela a chegada dunha marabunta de mozos famentos de coñecemento e con ganas de vivir novas experiencias.

A través deste libro, Antonio Piñeiro, ofrece unha análise que vai dende o máis íntimo de cada un, dende o que implicou para cada un deses estudantes ata o que a avalancha significou para a cidade de Compostela. Todo un movemento social  apabullante que fixo que un pequeno pobo se convertira nunha cidade chea de mulleres e homes que estudaban, consumían e enchían a cidade de actividades culturais, de novos negocios e novas formas de ver a vida. Unha revolución en todos os aspectos: social, cultural, económico e político.

Anos oitenta...eu tiña doce anos ou así, non podo falar do que en Santiago sucedía porque non o vivín, pero o que si observei foi as amigas da miña irmá, elas iban a universidade e, cando viñan de Santiago, contaban maravillas. Compartían coa miña irmá os seus novos coñecementos, os apuntes que tiñan que usar para estudar, os libros que lían, autores e artistas que non coñecíamos e que revolucionaban os pensamentos daquelas mozas...pero o que impresionaba máis a miña irmá eran as experiencias que elas vivían a cotío en Santiago, as cousas que facían, os exámes, as exposicións de arte, os concertos de música , as charlas ou os mitins políticos áos que acudían. Cousas que aquí en Ferrol non se veian nin se vivían da misma maneira. Observábamos atónitas como co paso do tempo as amigas cambiaban as súas formas de pensar, de vestir, de falar e comprendíamos que vivíamos dous mundos totalmente diferentes, elas na cidade, no progreso, na "movida" e nosoutras nun mundo máis parado, menos progresista nalgunhas cousas, menos liberal. Era como si vivíramos a distintas velocidades...elas avanzaban moito e nosoutras íamos moi lentas. As veces a miña irmá iba con elas a Santiago de fin de semana, de marcha, e logo cando viña, contábame as cousas que facían ali, falábame da liberdade de sentirse independente, de facer o que te pete cando te pete, e de ser responsables do que fas cando o fas, de entrar e sair sen ter que dar contas os páis....e viña fascinada...fascinada por contaxo dicía eu...Mais a nosa vida foi outra ben distinta que non vou contar aqui.

Penso eu que esa revolución que supuxo para Santiago a chegada daqueles milleiros de mozas e mozos, tamén afectou a toda Galicia, xa que aqueles cativos e cativas, volvían de cando en vez as súas casas, e alí contaban os seus amigos e familiares as cousas que lles pasaban en Santiago, o que experimentaban e vivían, o que aprendían e, dende logo, o que pensaban. E todo iso, penso eu, tamén influíu naquelas familias que empezaron a vivir doutra maneira, más abertos aos cambios. Asimilaban a información que os seus fillos traían, tanto a nivel cultural como a nivel político, e ían vendo e aceptaban os cambios que se producían na sociedade con máis normalidade que aquelas familias que non tiñan cativos estudiando na universidade, que seguian a vivir coas costumes do lugar no que vivían.

Foi unha xeración marcada, non olvidan aqueles tempos, e os recordan con ollos escintilantes, aquelas persoas atópanse agora e teñen unha complicidade especial que só teñen aqueles que viviron experiencias únicas e irrepetibles, todos eles deberian ler este libro, e cando o fagan non tardarán moito en ter unha sorisa na súa cara e a súa mente volverá a vagar por aqueles tempos e lugares...máis tras ler o libro que temos entre as nosas mans "A identidade fascinada" de Antonio Piñeiro terán entón outra visión máis profunda do que eles experimentaron, porque este libro é un análise profundo da repercusión para a cidade de  Santiago e para a súa población, pero tamén para todos aqueles estudantes que por alí viviron e conviviron.

Non vou contar nada máis desde libro, simplemente vou dicir que se estudastes naquela época en Santiago, se estiveches alí, nos anos oitenta, está ben que leas este libro, traerá bos recordos, e máis información do que esa época supuso. Pero si non estiveches alí, coma eu, tamén deberías leélo, porque axudara a comprender unha parte da historia de Galicia e de Santiago que todos dunha maneira ou outra, directa ou indirectamente vivimos. Excelente ensaio sobre aquel intervalo de tempo irrepetible, de grandes cambios, e que deu forma ao que somos hoxe, cultural, social e políticamente, unha época de liberalización onde os galegos soltaron a melena e mostraron a súa verdadeira personalidade reprimida durante moitos anos pola dictadura. Benditos anos 80¡¡ Que divertidos e profundos foron¡¡

A Editorial Galaxia, ofrece unha maneira moi agradable de coñecer unha parte da nosa historia:  a través dos ollos dun testigo fascinado daqueles tempos, Antonio Piñeiro, que fai un análise profundo e ben estructurado da mesma. Un relato diferente e apasionado no que a pegada da experiencia fai que a lectura do libro resulte interesante e adictiva, xa que en cada liña e párrafo vese o entusiasmo co que o autor viviu o momento. Animádevos coa súa lectura, non defrauda¡¡

Deixo aquí o enlace as primeiras páxinas do libro "A identidade fascinada" de Antonio Piñeiro, boa lectura¡¡

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández