Entradas

Mostrando entradas de enero, 2016

"A identidade fascinada" de Antonio Piñeiro

Imagen
" A identidade fascinada ", libro de Antonio Piñeiro lévanos da man ao pasado e fai un análise moi interesante sobre o que supuso para a cidade de Compostela a chegada dunha marabunta de mozos famentos de coñecemento e con ganas de vivir novas experiencias. A través deste libro, Antonio Piñeiro, ofrece unha análise que vai dende o máis íntimo de cada un, dende o que implicou para cada un deses estudantes ata o que a avalancha significou para a cidade de Compostela. Todo un movemento social  apabullante que fixo que un pequeno pobo se convertira nunha cidade chea de mulleres e homes que estudaban, consumían e enchían a cidade de actividades culturais, de novos negocios e novas formas de ver a vida. Unha revolución en todos os aspectos: social, cultural, económico e político. Anos oitenta...eu tiña doce anos ou así, non podo falar do que en Santiago sucedía porque non o vivín, pero o que si observei foi as amigas da miña irmá, elas iban a universidade e, cando viñ

Antonio Piñeiro

Imagen
Antonio Piñeiro naceu en Santa Uxía de Ribeira, en 1962. Publicou a novela As fiandeiras , coa que obtivo o Premio García Barros en 2011. É autor de preto dunha vintena de títulos. Dende o verán de 2004, é o promotor das edicións Bourel, á vez que membro do movemento Barbantia, eixes sobre os que desenvolve a súa presenza cultural e literaria. A súa novela A dama fulxente foi Premio Avilés de Taramancos en 2011, co relato Boxcar Blues acadou o accesito do Premio Modesto R. Figueiredo e, con A carreta, o Premio Valle Inclán de narración curta. No ano 2015 publica o ensaio A identidade fascinada , do que se fai recensión neste blog.