Entradas

Mostrando entradas de 2016

Fragmento de "Coma unha áncora" de Iria Collazo López

Imagen
" O pesadelo comenzara había anos, lonxe da terra, e sempre se vía a si mesma como unha bolboreta presa dunha enorme arañeira en que un becho xigante a vixiaba con ollos de ollomol podre agardando dar boa conta das súas vísceras. Pero neste terrible día de novembro non foran os pesadelos os que a espertaran. O mal fado quixo que o día de alegría na bisbarra as campás da igrexa esgazasen o silencio á mañá cedo, e non anunciando a festa, senón a desgraza máis absoluta. María non conseguira pegar ollo desde a visita da Cegha. Ignoraba de que cova falaba e por que dicía que ía estar alí con Manuel. Puido pensar que tan só era unha tolemia, unha maldade de Amalia, ou mesmo un estraño xogo, pero soubo que era certo cando caeu no pozo branco dos seus ollos. Ollos brancos coma a neve que caera estes días e que xeara os tellados das casiñas das que saía agora a xente atemorizada, alertada polas badaladas incesantes que ventaban a desgraza e que a ela xa non a sorprenderan. M

"Coma unha áncora" de Iria Collazo López

Imagen
Outra nova lectura de título " Coma unha áncora " da escritora Iria Collazo López, e que ven da man da Editorial Galaxi a que a inclue na súa colección Costa Oeste . Titulo: "Coma unha áncora" Autora: Iria Collazo López Editorial: Galaxia Colección: Costa Oeste ISBN: 978-84-9865-611-4 NºPáxinas: 128 Rústica 1ª Edición PVP: 11,10€ Máxica e simbólica lectura a deste libro escrito por Iria Collazo, na que se amosan as influencias na vida da escritora e reflexa os seus intereses e os seus valores na vida. Na dedicatoria do libro, a autora xa fala do porqué deste libro, dos seus recordos do pasado, aquel naufraxio do Ave del Mar, dos difíciles tempos da posguerra, daquelas persecucións, daquelas execucións, daqueles medos que sufriron na súa familia. Dende esta dedicatoria sacamos a conclusión de que o que aquí se narra está baseado en cousas que pasaron realmente. "Coma unha áncora" é o título desta obra, un título que trae a mente

Iria Collazo López

Imagen
Iria Collazo López naceu en Barro (Pontevedra, 1981) pero leva no Morrazo desde os sete anos. As historias que lle contaron, que vive e respira nestes fous lugars impregnan boa parte do que escribe. Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira. Ao ano seguinte aprobou as oposicións ao Ensino Secundario e hoxe exerce como profesora de Lingua e Literatura Galega no IES As Barxas, de Moaña.   Coma unha áncora é a súa primeira obra literaria publicada, e tamén a primeira que se atreveu a escribir.

"Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos" de Benigno Campos

Imagen
Novo libro de Benigno Campos de título " Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos " que a Editorial Galaxia inclúe neste caso no seu apartado de Cociña. Un libro de 168 páxinas que agocha un total de unhas perfectas 150 receitas de peixe e mariscos moi apetitosas, todo hai que dicilo. 150 receitas das que, tras comparar este libro co seu libro " A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos ", vemos que nesta ocasión na súa labor de investigación o Señor Campos atopou unhas 89 receitas novas (non comparéi con todos os seus libros) e algo así como unhas 70 das súas recetas xa apareceron en libros anteriores. Por suposto, estou a falar soamente de receitas peixes, mariscos e empanadas. Receitas explicadas con sinxeleza nas que acompaña unha suxerencia dun viño co que refrescar as gorxas no xantar das mesmas.  O libro divídese en tres partes, unha maravillosa de Empanadas, onde todas son receitas novas menos unha desas empanadas que xa

Benigno Campos

Imagen
Benigno Campos, naceu en Chapela, e traballou nunha empresa da construcción naval, mais tras ser prexubilado descubriu que a cociña era unha das súas paixóns, así que meteuse na cociña ata tal punto que rematou participando nun programa na Televisión de Galicia sobrecociña galega. Co nome de Larpeiros, o programa convertiuse nun éxito de pantalla, o que levou a Benigno a publicar as receitas do programa nunha serie de libros, acollidos tamén con moito éxito entre os lectores e cociñeiros. Os seus libros.... - A cociña de Benigno Campos -  Cociñando con Benigno Campos - Novas receitas da cociña de Larpeiros - Volve a cociña de Larpeiros - A  cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos - Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos

"Teatro de Guiñol" de Pirilampo

Imagen
Aquí temos de novo un pequeno gran libro-disco " Teatro de Guiñol " de Pirilampo , unha publicación da Editorial Galaxia que conta coa colaboración de Sonárbore e de o artísta gráfico Iván R. Xuntos fan unha obra moi marchosa e moi actual onde os máis beneficiados sen dúbida serán os máis pequenos das vosas casas. Con maestría todos levan ata as mans dos nenos uns poemas dun autor do que este ano se está a falar moito: Manuel María. Poderíamos dicir que son poemas vellos para rapaces novos, si, sería unha boa maneira de describir este pequeno libro. Os poemas son unha escolma recollida de tres poemarios de Manuel María: "As rúas do vento ceibe", "Os soños na Gaiola" e "Terra Cha". Os rapaces así, nesta obra verán como "O vento" que ven do mar, empurra a "O galo" fachendoso que descubre "A natureza" a que hai que coidar. Polo camiño atopará un "Teatro de guiñol", con moitos bonecos onde se poden

Pirilampo

Imagen
PIRILAMPO son: Xose Lois (Voz), Gala (Acordeón), Cristina (Frauta), Álex (Percusión Tradicional), Sergio (Guitarra), Antía ( Percusión) e tamén... Andrea (Voz), Arturo (Percusión), Tito (Baixo) e Erea ( Gaita). Nace no ano 2010 como continuidade de Fol do Vento e ten editados varios cedés pensados para a rapazada. Fai música infantil e en galego. Teñen actuado en todo sitio de lugares: centros educativos, asociacións culturais, prazas públicas…Nesta ocasión sorprenden coa súa participación na creación do libro-disco "Teatro de Guiñol" xunto coa Editorial Galaxia e a Iván R o ilustrador do libro.

"La verdad sobre el caso Harry Quebert" de Joël Dicker

Imagen
Hola a tod@s, un libro que he leído y me ha sorprendido, "La verdad sobre el caso Harry Quebert" del escritor Joël Dicker. Dos escritores, uno en apuros y otro realizando el trabajo de un escritor metido a investigador. Un editor ambicioso. Un hombre y una mujer que se aman. Un asesinato. Una sociedad que observa y juzga lo que ve. La descripción de cómo se crea una novela policíaca, thriller, misterio. Análisis del oficio del escritor, y finalmente una crítica voraz y magistralmente realizada del actual mundo editorial, de todo lo que gira alrededor de la creación y producción de los famosos best-sellers...y una cantidad interesantes de témas que se van asomando entre la vida de este pueblecito misterioso. Sinceramente, el libro por lo que más me ha gustado es porque en el fondo es una critica tremenda a ese mundo editorial que da prioridad al lado económico del negocio literario en lugar de centrarse en publicar novelas con calidad  que aporte a los ciudadanos y

Joël Dicker

Imagen
En 1985 nace en Ginebra Jöel Dicker, lugar donde pasará su infancia. Estudió Derecho y se graduó en el 2010. A los 20 años, decidió probar suerte como escritor de ficción con el cuento corto Le Tigre , el cual sería reconocido con el Premio internacional para jóvenes autores francófonos, siendo publicado en una antología que recopilaba el trabajo de otros ganadores. Tras ese éxito, se animó a escribir una novela, en este caso " Los últimos días de nuestros padres " donde cuenta la historia de los SEO, una rama secreta del Servicio Secreto de Inteligencia. Este libro no lo quiso publicar nadie en su momento. En 2010, Dicker envió Los últimos días de nuestros padres para que fuera nominada en el Prix des Ecrivains Genevois, importante premio entregado cada 4 años, solo a obras sin publicar. La novela resultó ser ganadora y el premio le fue entregado en diciembre de 2010. Después de un tiempo, en el año 2012, y no sin tener algunas dificultades para ello, e

Fragmento de "La verdad sobre el caso Harry Quebert" de Jöel Dicker

Imagen
"Mire, le voy a poner en contacto con unos escritores fantasma para que vaya más deprisa. Además, no es necesario que sea gran literatura: la gente quiere sobre todo saber lo que hizo Quebert con la chica. Limítese a contar los hechos, con algo de suspense, de morbo y un poco de sexo, claro. -¿Sexo?  -Vamos, Goldman, no le voy a enseñar ahora su trabajo: ¿quién querría comprar el libro si no hubiese oscuras subidas de tono entre el vejestorio y la chiquilla de siete años?Eso es lo que quiere la gente. Venderemos millones, incluso si no es bueno. Eso es lo que cuenta, ¿no? -Harry tenía treinta y cuatro años y Nola quince¡¡ -No sea quisquilloso...Si escribe ese libro, le anulo el contrato precedente y le ofrezco además medio millón de dólares de anticipo para agradecerle su colaboración. Me negué en redondo y Barnasky se enfureció: -Muy bien. Ya que se pone usted así, Goldman le voy a decir una cosa: o me entrega un manuscrito dentro de exactamente once dí

"O enigma de Caronte" de Carlos Vila Sexto

Imagen
Rematei a lectura do libro " O enigma de Caronte " do escritor Carlos Vila Sext o. A Editorial Galaxia trouxo este libro recentemente as nosas librerías, pertence a colección Costa Oeste na se inclúen títulos para maiores de 14 anos. Que vos podo contar deste libro? Primeiramente direi que resultoume moi atractivo, unha lectura engaiolante xa que o autor a través dos persoaxes e das súas pesquisas te leva dun lado a outro, fai que queras atopar ti a solución ós misterios antes que os propios actores desta obra, máis non o logras. Atoparedes aquí un libro onde a amizade é un dos ingredientes principais da obra, todo xira aredor da amizade entre un grupo de amigos, cada un deles ben distinto, pero que xuntos forman un grupo inseparable. Un grupo unido gracias a Dani, o cativo que fai de conexión entre as moitas e distintas personalidades que cada neno trae consigo a esa pandilla. Entre as temáticas que atoparedes polo medio do libro, ben mesturadas e que fará refl

Carlos Vila Sexto

Imagen
Naceu na Coruña en 1977, aínda que a súa vida familiar está moi ligada á cidade de Ourense, onde transcurriu boa parte da súa infancia e adolescencia.  Lector e escritor precoz, deuse a coñecer aos catorce anos cando publicou a súa primeira obra, Alén da aventura (1992), gañadora do certame de novela xuvenil "Rúa Nova".  Un ano máis tarde deu ao prelo Gárgola , tamén na colección Costa Oeste, e outro exemplo do tipo de novela que a Carlos Vila Sexto lle gusta contar: historias ben construídas nas que o medo, o terror ou o suspense fan que o lector non poida deixar de ler.  En 1995 publicou Cara a fin da luz , abrindo un período no que se volcou na escrita de guións para series audiovisuais e películas, ámbito no que centra o seu traballo profesional. Afincado en Madrid desde hai anos, Vila Sexto regresa á creación literaria cunha novela na que nos ofrece o mellor do seu estilo, ese que xa leva cativado a miles de lectores "As sete mortes".  Ho

Fragmento de "O enigma de Caronte" de Carlos Vila Sexto

Imagen
"-Avó...-dixo ela nun murmurio, coma se aínda non o crese. Xoaquín sorriulle, coma se levase moito tempo sen vela. Acaricioulle a man e despois estendeu a súa, sinalando un dos andeis da libraría, onde aínda conservaba recordos dunha vida da que xa non se lembraba en absoluto. Álex mirouno de novo, sen comprender. Xoaquín sorríulle, pícaro, coma un neno pequeno. -Ten un dobre fondo... Ela non entendeu. Achegouse ao andel que sinalaba. -¿Qué e o que ten un dobre fondo, avó?Aquí só están os teus libros... Pasou a man por riba deles, movéndoos un pouco. Cando o fixo, pareceulle ver algo detrás duns antigos volumes de historia. Curiosa, meteu a man e sacou do fondo do andel unha vella caixa de cigarros. Estrañada, volveuse sentar xunta ao seu avó.  -¿É iso o que...? Pero el xa non estaba alí. A súa mirada volvera perderse no exterior, no pardal que camiñaba a pequenos e eléctricos saltos polo peitoril da ventá. Álex non puido reprimir un xesto de desgusto: aquela po

"Pequenas historias" de Julia Fernández Rodríguez

Imagen
Aqui achego este pequeno gran libro " Pequenas historias " de Julia Fernández Rodriguez , publicado fai un tempo pola Editorial Galaxia , e vos podo dicir que aínda que o título reza "Pequenas historias" atoparedes historias moi grandes e importantes para a vida dos vosos nenos e nenas. Penso que a sociedade de hoxe en día está moi preocupada pola formación das mulleres e homes, moitas materias importantes, moitos datos para memorizar, moitas actividades que asimilar para poder aceder a postos de traballo cada vez máis cualificados e cada vez máis tecnificados, máis penso que a sociedade de hoxe en día, e as sociedades anteriores a nosa , olvidan os sentimentos dos seus traballadores, dos homes e mulleres que forman a sociedade. O resultado deste olvido forma un mundo con homes e mulleres que teñen moitos problemas para canalizar as súas emocións e para recoñecer como se senten. E cando un non sabe como se sente, tampouco sabe o que ten que facer para cambiar

Julia Fernández Rodríguez

Imagen
Julia Fernández Rodríguez é profesora. Impartiu a súa docencia en diversos centros do Ensino Público, pasando por diferentes niveis de Primaria e ESO. Exerceu nos últimos dez anos o seu labor dentro da Pedagoxía Hospitalaria. Sempre manifestou unha especial sensibilidade na Educación en Vaores (Educación Ambiental, Educación para o Consumo, Educación para a Saúde...), e na Educación Emocional (educación para aprender a ter o maior benestar posible a pesar das circunstancias difíciles polas que poidamos pasar, aprendendo a controlar a ira, a tristeza sen motivo, a ansiedade e o medo). Dedicou gran parte do seu tempo a afondar neste terreo dentro da educación, como queda constancia polos numerosos cursos, congresos, seminarios, grupos de traballo..., aos que asistiu, coordinou ou dos que foi relatora, tanto dentro en Galicia como no Estado español; así como polos proxectos desenvolvidos nos Centros polos que pasou, algúns deles primeiros premios de Innovación Educativa. Tamén

"A Berenguela" de Manuel María

Imagen
Ola outra vez, agora achego a pequena e preciosa obra de teatro de Manuel María " A Berenguela " adaptada coa música de Nani Garcia formando unha interesante opereta onde os clarinetes e os seus sons farán pasar uns intres moi divertidos os máis pequenos da casa. Manuel María fixo no seu momento esta pequena obra de teatro cuio título orixinal é "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela". Escribiu esta obra para un grupo de teatro de Monforte de Lemos formada por cativos e cativas. Aqui temos un libro-disco que fará a lectura moito máis orixinal e entretida, xa que a música irá dándolle intensidade os momentos máis importantes da obra, dará o ton misterioso ou o armonizará ó momento feliz da obra, e fará que os pequenos comprendan a mensaxe que Manuel María lles quere dar a coñecer.  Tralas aventuras da pequeña espiña de toxo Berenguela e a súa confrontación coa folla de carballo, os nenos descubrirán que as sociedades non semp

"Manuel María. Antoloxía poética" de Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela

Imagen
Aquí sigo no Día das Letras Galegas, e amoso esta vez outro libro " Manuel María. Antoloxía poética " de Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela, unha publicación da Editorial Galaxia para lembrar a obra do autor ó que este ano adica o Día das Letras Galegas que hoxe celebramos. Darío Xohán e Amelia Outeiro fan unha viaxe entre as letras e os pensamentos de Manuel María para amosarnos a evolución e os cambios que a súa obra tivo co paso do tempo. Para montar este libro, fan primeiro un percorrido pola vida e obra do autor, e na primeira parte do libro presentan unha biografía e unha moi util explicación da obra de Manuel María, as súas influéncias políticas e literarias e o seu devagar pola vida e o amor.   Na segunda parte do libro, acharedes o que é a antoloxía propiamente dita, unha escolma escollida por Dario e Amelia no que eles pensan que son os poemas máis representativos de Manuel María e de cada unha das fases nas que se pode dividir a súa obra. Neste

Día das Letras Galegas:"Labrego con algo de poeta" de Mercedes Queixas Zas

Imagen
"Eu son Manuel María, labrego con algo de poeta. Por eso gardo as albas no fondo dos meus ollos e ando de vagar o meu camiño,  e pídolle ás cousas a súa tenrura e aos homes pídolles verdade." Hoxe, Día das Letras Galegas achego aquí unha recensión do libro " Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María " de Mercedes Queixas Zas que publicou a Editorial Galaxia recentemente. Atopamos nesta ocasión unha biografía moi interesante sobre un dos escritores máis prolíficos da literatura galega de todos os tempos, Manuel María. Moitos pensarán que ler biografias non ten nada de interesante, saber a vida dun famoso escritor non aporta nada dirán moitos, coñecer a vida dunha persoa a quen as cousas lle foron ben dadas na súa estancia na terra, non é así de simple. Moitas veces os itinerarios vitais dos personaxes das biografías foron ben porque naceron nun berce rico e o destino púxolles as cousas fáciles, pero a outros deses persoaxes as a vid

Fragmento de "Manuel María.Antoloxía poética" de Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela

Imagen
ACUSO A CLASE MEDIA Acuso a clase media -grandes e pequenos     burgueses- porque eles foron e son os que traicionan o esprito sinxelo, enxebre e antergo de Galicia. Pertenzo ó pobo e falo no seu nome. Falo en nome dos mariñeiros, dos labregos, dos ferreiros, dos criados de servir, dos zoqueiros, dos muiñeiros e arrieiros; dos humildes carpinteiros de ribeira; dos alugados que iban a Castela; dos caseiros que non teñen terra de seu; dos que se ven obrigados a emigrar; dos probes de esprito e dos probes de pedir; do coitado xornaleiro que de sol a sol aínda anda virando a terra co arado romano. Falo en nome de todos aqueles que, anque teñen razón, non llela dan. Acuso a clase media de egoísmo, de non ser solidaria co seu pobo, de brutalidade e de ignorancia, de lles bicar os pés ós poderosos, de traficar coa fame e coa miseria, de vivir na súa terra despreciándoa, intentando borrar o seu idioma, asasinando o seu ser diferenciado. Acuso a clase media de servi

Novidades da Editorial Galaxia

Imagen
Ola a tod@s, aquí tedes as novidades que a Editorial Galaxia achega as nosas librarías e que estou segura será do agrado de moitos de vosotroutros/as. " Raiolas de sol " do autor Antonio García Teijeiro , un libro onde atoparedes un conxunto dos novos relatos nos que atoparedes pequenas historias que abren pequenas fiestras a outras realidades que non pederedes nin imaxinar. Unha mestura de persoaxes, vellos músicos e mestres e poetas e mentes curiosas dispostas a deixar cambiar a vida para sempre por un verso, por un beixo, por un acorde. Unha das obras máis delicadas da produción, intensa e tamén chea de luz, de Antonio García Teijeiro.  Eu non lin nada aínda deste autor así que animareime con estes pequenos relatos e logo xa se verá. Gustoume polo de pronto a súa portada, colorista e bucólica, así moi dos anos 60... Outra das novidades que nos achega a Editorial Galaxia é " A garza insomne ", un volume que reuno os relatos -finalistas e g

"Adral" de Xosé Filgueira Valverde"

Imagen
Hoxe falaréi dunha das achegas da Editorial Galaxia , unha obra do autor Xosé Filgueira Valverde , neste caso falaré do libro " Adral ", unha compilación de artigos escritos polo autor dende 1979 ata o momento da súa morte. Publicáronse en distintos xornais e logo recopiláronse para formar a obra da que estamos a falar hoxe. Neste libro non atoparedes outra cousa que non sexa Galicia e asemade tamén unha proba irrefutable da intención do seu autor de aprender máis e máis sobre a súa terra, e dar a coñecer as súas investigacións ó resto dos galegos para que non se esqueza a nosa cultura, e para que non se perdan as nosas tradicións. Eu non coñezo moitos libros con esta mistura de témas tan variados, investigacións curiosas que nalgúns momentos fan que o lector quede abraiado, ou que na súa face aparezca unha sonrisa tristeira o pensar que moitas das cousas que conta Filgueira Valverde xa non se levan a cabo, ou se perderon, ou se fixeron eliminar...e só quedan docum

"Almas de algodón" de Enric Lluch

Imagen
De novo de volta, e nesta ocasión falando dun pequeno libro infantil de título " Almas de algodón " do escritor Enric Lluch .  A Editorial Galaxia trae un libro para os pequenos cunha traduccion feita por María Dolores Villanueva Gesteira e tamén cunhas ilustracións de Pablo Oliveiro en branco e negro que farán a lectura moito más amena os mais pequenos da casa. Nesta ocasión, teremos nas nosas mans un libro no que tocarán o téma da discapacidade intelectual, e o farán dunha maneira amena e cun vocabulario fácil de entender para os nenos. Coñeceredes ó pequeno Carlos, un neno con memoria pequena, pero un gran neno. Saberedes das súas dificultades para adaptarse as novas situacións, das complicacións que para él supoñen as pequenas cousas da vida e os problemas que pode ter para coñecer amigos dada a incapacidade que as veces ten a sociedade para aceptar as diferenzas que teñen os demáis e para entender o que é unha discapacidade intelectual e como tratar con as pe

Enric Lluch

Imagen
Enric Lluch, autor do libro "Almas de algodón", é un escritor que fundamentalmente publica en valenciano. Forma parte de importantes asociacións como o PEN Clube. Unha das cousas que fai continuamente é visitar as escolas para falar dos seus libros, comentándoos e aprendendo dos comentarios das lectoras e lectores. A súa obra está traducida, ademais de para o galego, para o eúscaro, castelán, inglés, francés, alemán, portugués, chinés, grego, polaco, xaponés e incluso par o sistema Braille. Ten máis de cen obras publicadas, destacaremos unhas cuantas: - Caperucita y el lobo bobo - Siete cabras cabreadas - Las increibles botas del gato - Los músicos que braman - El saxofonista de Hamelín - Tres cerditos duros de roer - Un quijote en bicicleta...

Fragmento de "Almas de algodón" de Enric Llunch

Imagen
"O mestre comeza a debuxar figuras no encerado. Cando acaba, pregunta a un neno da primeira fila como se chama a primeira figura que debuxou: -Rectángulo- contesta o rapaz. A continuación, sinala a segunda figura e pregunta coa súa voz forte: -A ver, o novo, como se di esta? Carlos sente un bum-bum no medio do peito. Centra a vista atentamente no debuxo e contesta cun fiíño de voz: -É unha tenda de campaña... Toda a clase escacha a rir. Ata o neno gordo da esquerda da palmadas sobre a mesa mentres ri con toda a forza. Xaime manda calar o barullo e observa a Carlos como o faría un gabíán. -Asi que unha tenda de campaña...-e engade-: Á hora do recreo espérasme, que teño que explicarche algo. Un pouco despois soa o timbre. O mestre fai un sinal e todos saen da clase. O neno gordo, mentres pasa por diante de Carlos, rosma: -Ti es parvo ou que? A nena con pencas non dá un chío. Tan só pasa ao seu carón máis estirada ca unha palmeira."

"Amor é unha palabra coma outra calquera" de Francisco Castro

Imagen
" Amor é unha palabra coma outra calquera " é a derradeira novela de Francisco Castro , un libro publicado pola Editorial Galaxia da súa colección Literaria . Francisco Castro amósase aquí coma un mentireiro porque él ben sabe que "Amor" non é unha palabra calquera, o sabe él e o saben os personaxes da súa excelente novela. É unha obra corta, unhas doucentas vinte follas, con capítulos de títulos moi orixináis non moi longos, máis o que si é, pódese dicir con tranquilidade, é unha novela diferente, adictiva, misteriosa. É unha novela que vos fará pensar e que os romperá un pouco os esquemas cando empecedes coa súa lectura. Como ben sendo habitual en min, non falaréi do argumento da novela, para eso ides tela que ler, pero si vos diréi que é unha novela no que tal vez o importante é, non tanto o argumento en sí mesmo, senón o trasfondo da novela . Porque "Amor é unha palabra coma outra calquera" é unha novela de misterio con moito trasfondo.

Fragmento de "Amor é unha palabra coma outra calquera" de Francisco Castro

Imagen
" Aquela escena, a da ruptura, aconteceu porque Xabier quixo que acontecese. Como en tantos outros momentos da súa vida foi el que actuou e ela quen reaccionou. Así foi sempre. Ela viviu pregando a súa vontade á vontade del. Mais cando tal se fai, cando alguén actúa así, no fondo é porque se agarda algo, algún premio, algunha recompensa, neste caso, emocional. E que era o que ela esperaba?, que buscaba? Ela diría: nada. Absolutamente nada. Eu nada buscaba. Amar é dar. Amor é Dar. Amor é renunciar para que o outro sexa. Amar é sacrificar por un soño común. Si, Carla, isto xa o falamos. E xa dixemos que  é un erro. Porque non hai un proxecto común. Hai como moito, proxectos. Proxectos dos dous, pero cada un co seu. O de  Xabier estaba claro e era realizable sen grandes complicacións: vivir ben, traballar duro, e estar tranquilo na casa. Contigo. O teu, non obstante, era moito máis fodido: facelo feliz, que el me faga feliz, sermos felices os dous xuntos polo feito de o estar. Iso