jueves, 23 de julio de 2015

"O vigairo.A monxa-frade.Agromar.Aucto de Santa María" de Xosé Filgueira Valverde

Ola¡¡ Hoxe traio un libro "O Vigairo. A monxa-frade.Agromar.Aucto de Santa María" do escritor Xosé Filgueira Valverde. Editado pola Editorial Galaxia co motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas do ano 2015 que foi adicada a este escritor.

Atopamos aquí un libro con diferentes relatos e que está encabezado por "O Vigairo". Son catro relatos ben distintos, non só pola súa temática senón tamén por o seu estilo literario xa que dous desesrelatos son narracións e os outros dous son  teatro.

Non se caracterizan ningún dos catro por ser relatos longos, entre os catro forman un libro de cento cincoenta e nove páxinas, pero as súas temáticas dan moito que pensar.

Na primeira narración, "O Vigairo" atoparedes un relato "costumista" no que se narra unha pequena parte da historia de Pontevedra. Filgueira Valverde achéganos a historia doutro tempo a través da vida de Xohán de Pontevedra, "o vigairo", un persoaxe moi importante nas vilas mariñeiras por ser o máximo representante dos mariñeiros da vila e, polo tanto, unha persoa moi respectada naqueles tempos por todos os seus veciños e compañeiros na mar. Seguindo os pasos do vigairo coñeceremos como eran as vilas naqueles momentos, o sentir do pobo. A min pareceume un texto moi melancólico no que Filgueira Valverde a través dos pensamentos do Vigairo anhela aqueles tempos e aquela vida moito máis sinxela que a de hoxe, onde todo era máis xenuíno. Asemade, ensina un periódo onde a sociedade galega empezaba a cambiar os seus usos e costumes a través das novas xeracións, que facían  unha inmersión nos novos modos de vida, sen voltar a vista atrás. É a visión da caída dunha xeración de persoeiros da sociedade galega que, nun momento da  historia,  foron moi importantes para as sociedades nas que vivían e servían, pero que logo foron olvidados e deixados de lado, en moitos casos, pola chegada dos novos tempos.

"A monxa-frade" é un relato sen rematar pero que aínda así non perde nada de interese. É un texto inédito recuperado para a presente edición deste libro. A min, neste caso, o texto fálame da loita de calquera persoa por conseguir os seus desexos, máis non calquera desexo, senón a loita por vivir segundo as túas conviccións e a túa forma de sentir. Unha crítica contra aqueles que impoñen ós outros as súas ideas e lles impoñen unha vida que non desexan, destrozando así a súa autoestima e impedíndolles vivir en liberdade. Para min é un canto a aceptación de cada persoa según é, cos seus defectos e virtudes e un canto para que cada quen viva como sente sen importar o que os demáis pensen ó respecto. Un vive e deixa vivir.

"Agromar", unha pequena obra de teatro creada polo autor para representar nos colexios, unha obra que se pode modificar segundo as necesidades alongándoa ou acortándoa segundo suxire o propio Filgueira Valverde na propia obra.
Aquí atoparedes unha obriña sinxela pero profunda en canto os seus contidos. Rápida de ler ó ser unha obra teatral, pero cuns diálogos entre os persoaxes que moven a moitas reflexións. A amizade, a defensa da nosa cultura e da nosa lingua, críticas contra o clasismo, contra aqueles que pensan que hai cidadáns de primeira, de segunda e de terceira e que según con que lingua fales serás máis ou menos importante, ou serás máis ou menos intelixente según a linguaxe que uses. Prexuizos que moitas veces, a maioría das veces diría eu, fanse acompañar de etiquetas absurdas e inxustas. Unha defensa do idioma galego como sistema de comunicación e tamén como unha forma de crear arte. Penso que esta obra é unha moi boa ferramente para amosar ós nosos pequenos que non por falar en galego son menos que os demais. Unha maneira divertida de ensinar valores ós máis pequenos: a través dunha obra de teatro e lendo un libro. A min , xunto co texto da "monxa-frade" foi o que máis me gustou.

Finalmente "Aucto de Santa María", para min foi unha sorpresa despóis de ler os textos anteriores, sorpresa pola súa temática...un texto litúrxico mediaval en lingua galega que en realidade é unha reelaboración dun auto sacramental con textos dos séculos XIII e XIV e que adaptouse ó galego actual para  a súa mellor comprensión. Este texto publicouse por vez primeira no número 25 da revista Grial. Conta cunha pequena aclaración do autor sobre as fontes que utilizou e a finalidade do texto. Para min resultou unha novidade pois recoñezo que teatro litúrxico en galego non lera nunca nada. Sobre a temática desta peza non teño moito que añadir, o texto fala por si mesmo e todo é cuestión de fe. O que sí destacaría eu é o esforzo do autor por recuperar para todos uns textos da idade media que hoxe non entenderíamos moi ben pola evolución do idioma, tamén diría eu que é  unha axuda para ver mellor cómo sentían e entendían naqueles tempos o téma relixioso.


miércoles, 15 de julio de 2015

Novidades de Literatura Infantil da Editorial Galaxia

Hoxe tráiovos unha das senccións máis chulas da Editorial Galaxia, a sección de Literatura Infantil, que ten un montón de novidades, unha sección doce e divertida como poucas.
 

" Un conto ao Revés" de Chuches Amil

Autor: Chuches Amil
Ilustracións: Javi Prieto
Editorial: Galaxia 2015
Colección: Sonárbore
Nº Páxinas: 24
ISBN: 978-84-9865-620-6
P.V.P: 20,00 € Ive incluído

 Nas cancións deste libro-disco vive unha historia protagonizada por dous nenos soñadores que soñan historias que son soños.
No conto que o acompaña viven cancións para facernos rir e cantar.
Preparado para vivir unha aventura singular?

Pois entra¡¡
 A ler.
A escoitar.
A soñar.

"O becho que quería comer á avoa" de Rocío Leira

Autor: Rocío Leira
Ilustracións: Cristina Nogales Aranda
Editorial: Galaxia 2015
Nº páxinas: 85
ISBN: 978-84-9865-614-5
P.V.P: 9,70 Ive incluído

A nena sabe que un becho quere comer a súa avoa. Pero non é un becho con patas e antenas. É un becho moito máis feo. Todos na casa andan alterados polo que lle pasa á avoa. Nesta historia coñeceremos un mundo marabilloso dunha nena e dunha avoa, tan lindo que non hai becho malo que poida acabar con el.




"O álbum de Garrincha" de Beatriz Maceda Abeleira.

Ilustracións: Laura Veleiro
Editorial: Galaxia 2015
Nº de páxinas: 174
ISBN: 978-84-9865-613-8
P.V.P: 11,50 € Ive incluído.


Garrincha foi un futbolista brasileiro medio coxo, ou coxo completo, coa columna vertebral como unha interrogación. Ninguén pensou nunca que chegaría gañar o Mundial e ser un dos mellores futbolistas de todos os tempos. A historia de Garrincha é a que ten sempre en mente o protagonista desta novela quen, a través do fútbol, vai conseguir entender o mundo, ás veces hostil, que o rodea.

"Alegría!" de Sérgio Tannus

Título: Alegría!
Ilustracións: Luís Barbolla
Editorial: Galaxia 2015
Colección: Sonárbore
Nº de páxinas: 32
ISBN: 978-84-9865-605-3
P.V.P: 20,00 € Ive incluído

Era unha vez unha pequena eiruga chamada Alegra. Si, ese era o seu nome, ALEGRA; e, por iso, como dun peixe pallaso todos esperan que sexa divertido, dela tamén había de esperarse que fose moi alegre..."

Así comenza o conto que inclue este libro-disco do brasilego Sérgio Tannus. Unha historia engaiolante. Unha música que conseguirá un sorriso de felicidade para todas e todos. Unha maravillosa mistura de literatura e música que ten por obxeto transmitir a idea de que cada un, ou unha, pode ser feliz aprendendo a gozar das pequenas cousas que están ao seur redor, e aceptándose tal e como é.


martes, 7 de julio de 2015

"Fábula" de Xavier Alcalá

Tiven nas miñas mans un libro de título "Fábula" do escritor Xavier Alcalá, editado pola Editorial Galaxia e  está cheo de memoria. Memoria sobre a historia de España e a historia de Galicia tamén.

Esta novela publicouse por primeira vez en 1980 e recibiu o Premio Nacional da Crítica nese mesmo ano. Non é de extrañar que o recibira porque esta novela sin dúbida é diferente.

Situada na época da Transición española, a través da voz dos seus persoaxes remontarémonos na historia ata a Guerra Civil española, é durante a guerra onde se desenrolan todos os males que despois treaerán unha ringleira de vinganzas. Os feitos nárranse aquí dunha maneira orixinal, pois nalgúns intres o autor utilíza o xénero periodistico e por outros o relato novelado ou o relato en primeira persoa o que fará da novela en xeral unha historia axil e rápida de ler, e moi entretida.

Caciques, periodístas, políticos, traballadores,  matóns descerebrados e emigrantes que fuxen e volven co tempo, todos xúntanse aquí para demostrar de novo que a loita entre os dous bandos existe, a pesar do paso do tempo, e que as vinganzas seguiron adiante moito tempo despois de rematado o conflicto bélico.A historia baséase en feitos reáis e cando o autor escribiu o libro as testemuñas aínda sentían a rabia correr polas súas veas.

Este libro é un dos moitos relatos que existen na literatura que amosan que, en España, ainda hoxe non se queren destapar segredos inconfensables, verdades noxentas e capítulos oscuros da nosa historia. Ambos bandos mataron e erraron, e ambos deberían pechar capítulos e centrarse nos novos tempos nos que estamos que ben malos son, e non cometer os erros doutros tempos.

Xavier Alcalá xoga co lector, e faino sentir nuns intres un cacique enfermo, noutros un matón descerebrado, e noutros unha muller nova, traballadora e loitadora.Tamén serás unha clásica muller do seu tempo educada para casar e ter fillos, un politico xoven ou un periodísta con desexos de atopar as verdades dolorosas doutros tempos. Remataredes por coñecer os persoaxes principais perfectamente e sorprenderávos cando descubrades o misterio que agocha a historia.

Realmente este libro é unha incursión a Transición española en Galicia, o ambiente aparece moi ben reflectido, non só polos acontecementos en si, senón tamen porque a través dos pensamentos de cada persoaxe podes ver con claridade o pensamento e o sentimento do estamento ó que pertence cada un. Se a iso engades as descripcións de lugares e situacións pois o resultado é unha ambientación perfecta para un horrendo feito que se deu na vida mesma e que ainda hoxe doe. Sentiredes o odio, o medo, a envexa, a intriga, a dor, a doble moral dalgúns persoaxes e da sociedade, a maldade pura e dura, e veredes o pensamento arcaico da sociedade de eses tempos maquillada coa palabra democracia. Unha sociedade que quere progresar pero que aínda leva gravado na pel as actitudes dos tempos oscuros e que lle costa quitalos de enriba, que viven pendentes do que dirán, que aceptan con normalidade que un home teña amante máis non  aceptan que unha muller teña un fillo de solteira e non case co pai do cativo; ou un home moderno, político, sindicalista , que loita polos dereitos dos traballadores,a favor da democracia e das libertades  pero que agocha o embarazo da súa noiva ante a sociedade mentres non casa pola Iglesia con ela, para evitar o "qué dirán" da sociedade e tal vez para non perder a súa "imaxe" ante seus compañeiros de partido. Unha sociedade chea de contradiccións e de pensamentos rancios, unha sociedade rencorosa e vengativa.

Gustoume tamén como se trata o téma da prensa, do cuarto poder e a súa influencia na sociedade, nos gobernos. A censura sobre a prensa e os medios de comunicación por parte do goberno impedíndo a publicación daqueles artigos que din verdades molestas e que hai que retirar da circulación para que o pobo non o saiba e se lles vaian enriba, ou para que unhas votacións non xiren en contra o coñecer o pobo a verdade sobre algún feito de relevancia referente o ente que está no goberno ou na oposición. A manipulación que se pode realizar sobre a opinión pública segundo saia un artigo ou outro, e acadar un obxetivo ou outro por parte dos gobernos. A importancia de ter os periódicos a favor do goberno para contar as historias segundo conveña, e decir, a importancia da independencia da prensa.

Todo o libro, polo que conta e como o conta, chama a atención do lector, sobre todo sabendo que está basado en feitos reáis. Gustoume especialmente as formas tan distintas de pensar das mulleres que desfilan pola obra, dende a muller tradicional, casada co seu marido porque as circunstancias non lle puxeron outro mellor diante, muller de igrexa, sempre un paso por detrás do seu marido, a ama de casa perfecta sempre disposta a agradar o seu marido e a servirlo por pensar que ten "unha débeda de cariño con él"...fronte a outra muller totalmente diferente traballadora, con ideas políticas e comprometida coas súas ideas, cunha mente aberta e moito máis liberal...persoaxes totalmente opostos, formas diferentes de ver o mundo e de vivilo, mulleres que representan as vellas formas de vida fronte os novos tempos.

A min o libro gustoume moito, polo que conta, por como o conta, unha denuncia social do que se fixo e non se pode facer, unha demanda de xustiza para todos os que non a tiveron, un grito contra a intolerancia porque non se pode matar a outros por pensar diferente, por apoiar outras ideas, un libro que loita contra a censura da prensa ou de calquer outro medio e un canto a liberdade e a xustiza.

O tedes que ler¡¡


Xavier Alcalá

Xavier Alcalá (Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de Telecomunicacións amais de colaborar na prensa, actualmente cunha columna en La Voz de Galicia.

Instalado en Galicia desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), obra á que seguiron títulos como A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996), e Alén da desventura, novela que obtería o Premio Blanco Amor no ano 1998. 

Tamén é autor da triloxía "Evanxélica memoria", na que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz(2007).

En 2012 publicou a novela Verde oliva, sobre a revolución castrista en Cuba.


sábado, 4 de julio de 2015

Día das Letras Galegas 2016: Manuel María

Ó FALADOIRO chegan noticias de que no ano 2016 a Real Academia Galega dedica a Manuel María Fernandez Teixeiro o Día das Letras Galegas, e dicir, o 17 de Maio.

Manuel María naceu en Outeiro de Rey, Lugo en 1929 e morreu no ano 2004 na cidade de A Coruña. Foi poeta, dramaturgo, narrador caracterizado polo seu compromiso e pola súa loita pola defensa da lingua galega.

No ano 1943 trasladouse a Lugo, alí cursou o ensino secundario e alí comenzou a súa carreira literaria e participando nunha conferencia literaria coñeceu a  Pimentel, Anxel Fole, Cunqueiro, Carballo Calero entre outros, e a través deles tomou contacto co galeguismo.

"Muñeiro de brétemas" foi o seu primeiro poemario, o autor so tiña dezanove anos, en 1950, o que faría del o poeta máis novo que publicaba en galego  naquela época.  Este poemario innauguraría a denominada "Escola da Tebra"

Trasladouse a vivir a Monforte de Lemos onde traballou como procurador. Casa con Saleta Goi.

Participou na reorganización política dos partidos nacionalistas galegos, na clandestinidade e que o leva a ser  concelleiro no ano 1979.

A partir da década dos oitenta, a súa poesía acada unha expresión máis íntima e humanista e nestes anos escribe e publica talvez o seu máis rico corpus poético. Forma parte da Asociación Socio-Pedagóxica Galega e Asociación de Escritores en Lingua Galega. 

En 1998 Manuel María e Saleta trasladan a súa residencia á cidade da Coruña, onde pasa os seus últimos anos e onde manterá unha tertulia no Kirs.

 Manuel María falece o 8 de setembro de 2004.

Obra poética:
  • 1950, Muiñeiro de brétemas
  • 1952, Morrendo a cada intre
  • 1954, Terra Cha
  • 1954, Advento
  • 1957, Auto do taberneiro. 4 ventos
  • 1958, Documentos personaes
  • 1960, Sermón para decir en cualquier tiempo (en castellano)
  • 1961, Auto do labrego. Céltiga, 4
  • 1962, Libro de pregos
  • 1962, Contos en cuarto crecente e outras prosas
  • 1963, Mar Maior
  • 1964, "A poesía galega de Celso Emilio Ferreiro", Grial, 6
  • 1965, "As augas van caudales" Grial, 9
  • 1966, "Os alugados" Grial 14
  • 1967, "Raimon, poeta de noso tempo", Grial, 18
  • 1968, Proba documental
  • 1968, Os soños na gaiola
  • 1968, Barriga Verde
  • 1968, Noticia da vida e da poesía de Xosé Crecente Vega
  • 1969, Versos pra un país de minifundios
  • 1969, Versos pra cantar en feiras e romaxes
  • 1970, Remol
  • 1970, Canciós do lusco ao fusco
  • 1971, A Rosalía
  • 1971, 99 poemas de Manuel María
  • 1971, O Xornaleiro a sete testimuñas máis
  • 1972, Odas nun tempo de paz e de ledicia
  • 1973, Aldraxe contra a xistra
  • 1973, Informe pra axudar a alcender unha cerilla
  • 1973, Laio e clamor pola Bretaña'
  • 1973, Cantos rodados para alleados e colonizados
  • 1976, Poemas para construír unha patria
  • 1977, O libro das badaladas
  • 1977, Poemas ó outono
  • 1978, Catavento de neutrós domesticados
  • 1979, As rúas do vento ceibe
  • 1982, Escolma de poetas de Outeiro de Rei
  • 1982, Versos do lume e do vagalume
  • 1985, O camiño é unha nostalxia
  • 1984, Cantigueiro do Orcellón
  • 1984, A luz resuscitada
  • 1986, Oráculos para cavalinhos-do-demo
  • 1986, Ritual para unha tribu capital do concello
  • 1988, As lúcidas lúas do outono
  • 1988, Sonetos ao Val de Quiroga
  • 1989, Saturno
  • 1990, Cancioneiro de Monforte de Lemos
  • 1991, Compendio de orballos e incertezas
  • 1991, Hinos pra celebrar ao século futuro
  • 1992, Panxoliñas
  • 1993, Os lonxes do solpor
  • 1993, Antoloxía poética
  • 1993, A primavera de Venus
  • 1993, Poemas a Compostela
  • 1994, Cantigas e cantos de Pantón
  • 1994, Poemas para dicirlle a dúas lagoas
  • 1996, O Miño, canle de luz e néboa
  • 1997, Sonetos á casa de Hortas
  • 2000, Brétemas de muiñeiro
  • 2000, Camiños de luz e sombra
Obra dramática:
  • 1957, Auto do taberneiro
  • 1961, Auto do mariñeiro
  • 1970, Barriga verde
  • 1976, Unha vez foi o trebón
  • 1979, Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela
  • 1979, Auto trascendental do ensino tradicional
  • 1979, Farsa de Bululú

miércoles, 1 de julio de 2015

Fragmento de "Fábula" de Xavier Alcalá

"Meteuse no coche. O golpe da porta marcou un cambio no seu pensamento; sen podela coartar máis, alí estaba a idea refugada: ¿ por que gastar tanto diñeiro en  parvo e inútiles, oligofrénicos, babosos, rixosos, irrecuperbles?

E após da idea logo viña un recordo:

- O estado non pode gastar diñeiro en elementos impordutivos para a sociedade, amigo Fernández.
- Non che digo que non. Pero matalos...
- Non van  sufrir.
- Quizais, Wolfgang, pero han sufrir os pais.
- Iso non é certo. Os pais conscientes preocúpanse, desespéranse mesmo, cando un rapaz normal non é capaz de seguir o ritmo de aprendizaxe dos deus compañeiros. Daquela, imaxina o que pode ser veres que o teu fillo no é capaz de nada, non evoluciona, é sempre a mesma masa de carne... A maioría dos pais que teñen un fillo parvo preferirían velo morto.
- ¿E logo por que non os matan?
- Non os matan pero ocúltanos, como ben sabes. Non os eliminan por medo a lei.
- Filicidio: sempreo foi punido, en todas as sociedades, sen distinción da condición mental da criatura
- De acordo, Fernández. Pero nós agora estamos facendo unha nova sociedade, estamos anovando todos os esquemas, ímoslle mostrar a Europa o camiño que todos os europeos debemos seguir para sermos os rexedores do mundo, como sempre fomos."