lunes, 2 de noviembre de 2015

Fragmentos de "As máscaras do profesor Robindra" de Xoán Babarro

" Este é o extravagante alcalde Decibelio no auditorio da súa cidade.
Verás...Verás... Decibelio presentárase ás eleccións cun programa moi orixinal. Só contiña dous puntos, e incluso lle podería sobrar un. 

O primeiro, escrito con letras que se vían desde ben lonxe,  SE SAIO ELIXIDO BUSCAREI A FELICICDADE DE TODO CIDADÁN; e o segundo, escrito con letra miudiña que nin con lupa atinaba un a lela, A NOSA CIDADE SERÁ A PRIMEIRA DO MUNDO EN RUÍDO. 

Os votantes unicamente se preocuparon da letra grande. Se ían ser felices, que máis poderían necesitar? E foi así como Decibelio se viu subido á primeira cadeira do concello. Unha vez que tomou posesión, déuselle por empezar polo segundo punto do programa. Escavadoras, tubos de escape, avións rasantes... Cada día aumentaba un novo ruído a súa cidade; mais, Decibelio, nin cun tren entrándolle polo oído se vía saciado. Só cando descubriu o tintineo das moedas fixo un alto. "Este é o que máis me reina", dixo. "

No hay comentarios:

Publicar un comentario