Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2015

Fragmento de "La verdad sobre el caso Harry Quebert" de Joël Dicker

Imagen
" - Mire, le voy a poner en contacto con unos escritores fantasma para que vaya más deprisa. Además, no es necesario que sea gran literatura: la gente quiere sobre todo saber lo que hizo Quebert con la chica. Limítese a contar los hechos, con algo de suspense, de morbo y un poco de sexo, claro.  - ¿Sexo?  - Vamos, Goldman, no le voy a enseñar ahora su trabajo: ¿quién querría compror el libro si no hubiese escenas subidas de tono entre el vejestorio y la chiquilla de siete años? Eso es lo que quiere la gente. Venderemos millones, incluso si no es bueno. Eso es lo que cuenta, ¿no?.  - Harry tenía treinta y cuatro años y Nola quince!!  - No sea quisquilloso.... Si escribe ese libro, le anulo el contrato precedente y le ofrezco además medio millón de dólares de anticipo para agradecerle su colaboración.   Me negué en redondo y Barnasky se enfurreció:  - Muy bien. Ya que se pone usted así, Goldman le voy a decir una cosa: o me entrega un manuscrito dentro de exactament

Fragmento de "A identidade fascinada" de Antonio Piñeiro

Imagen
" E logo estaba Clangor a ábsida da noite ou o sancta sanctorum dos grupos e nomes que viñan de pulular pola cidade, plenos de contarse as cousas, contra a distonía de faros, miradas, reverberación, tasca e boîte . Clangor era coma unha bag de románico ou de romanicogótico, o bolsiño bandoleira cargado de cleenex con suor, resto de estoxo, músicas e ritmos estudados. Dicía Fernando Pereira que a apertura de Clangor coincidiu co peche de Rock-Ola. Era iso. O paso dun período a outro. O novo. Claramente mentres se cocía a sopa dos baby boomer nas vellas olas-aulas da Universidade compostelá. O canto ortoédrico, branco e negro, da Clangor, era xa para a linguaxe de xestos, o sorriso, o labio, os flocos ou o movemento divinizado dos corpos. Difícil entrar alí noutra conversación que non fose a da música.  As viñetas, o saxo, as figuras anxo, os movementos cavernarios que eran parte daquel ritual two tone das paredes, a cuxos pés quedaban sempre embarulladas as pilas d

" As máscaras do profesor Robindra" de Xoán Babarro González

Imagen
Nova lectura feita: " As máscaras do profesor Robindra " do escritor Xoán Babarro González , é un conto para nenos maiores de 10 anos e que ven da man da Editorial Galaxia . Está incluido na colección Árbore da editorial. Ilustrado por Kristina Sabaite que deixa a súa pegada no libro a través de bonitas ilustracións onde a cor azul o inunda todo, fai aínda máis especial e orixinal este pequeno libro. Sinceramente, pareceume un libro singular coma poucos, en primeiro lugar porque un conto trae outro conto a través da súa temática, e cando rematas o libro, tes nas túas mans vinte dous contos incribles que non deixan indiferente a ninguén.  Cunha primeira introducción na que se explica a procedencia dos contos, pasaredes logo a ler os pequenos relatos que contan cunha estructura diferente. Ó remate de todos eses contos, atoparedes uns poemas sorprendentes e que farán voar a imaxinación dos cativos, asi como os mergullarán pouco a pouco no que é o mundo da poesía.

Xoán Babarro González

Imagen
" Xoan Babarro naceu un día en que o dragón Samamede cubría a súa crista cunha capa branca e vía como nas augas da Limia Paseaban, por entre os veos de brétema, o rei Arturo e a raíña Xenebra. Ao lado do dragón foi aprendendo os nomes da terra e descubrindo os seus feitizos. Xa de maior, coñeceu os bardos e os magos das palabras e, con eles, viaxou polas mil e unha rutas do mapa".  Está é a presentación que fai de si mesmo o autor no libro " As máscaras do profesor Robindra " (2015). Xoán Babarro naceu en 1947 en Calvelo de Maceda e reside na Coruña. É profesor de galego no ensino secundario e autor de numerosas obras para nenos e rapaces. Entre os seus libros pódense citar: O dragón de Gondomil (1989), Contos de trabecín trabezón (1993), A aldea das catro primaveras (1993) ou A princesa do cabaliño café (1994), Ten, ten a miña casa ten...( 2001), Sempre Hausa (2004), Mouchiño Mou (2008).

Fragmentos de "As máscaras do profesor Robindra" de Xoán Babarro

Imagen
" Este é o extravagante alcalde Decibelio no auditorio da súa cidade. Verás...Verás... Decibelio presentárase ás eleccións cun programa moi orixinal. Só contiña dous puntos, e incluso lle podería sobrar un.  O primeiro, escrito con letras que se vían desde ben lonxe,  SE SAIO ELIXIDO BUSCAREI A FELICICDADE DE TODO CIDADÁN; e o segundo, escrito con letra miudiña que nin con lupa atinaba un a lela, A NOSA CIDADE SERÁ A PRIMEIRA DO MUNDO EN RUÍDO.  Os votantes unicamente se preocuparon da letra grande. Se ían ser felices, que máis poderían necesitar? E foi así como Decibelio se viu subido á primeira cadeira do concello. Unha vez que tomou posesión, déuselle por empezar polo segundo punto do programa. Escavadoras, tubos de escape, avións rasantes... Cada día aumentaba un novo ruído a súa cidade; mais, Decibelio, nin cun tren entrándolle polo oído se vía saciado. Só cando descubriu o tintineo das moedas fixo un alto. "Este é o que máis me reina", dixo. "