jueves, 3 de septiembre de 2015

"Alegría" de Sergio Tannus

De título "Alegría!" e do autor Sérgio Tannus, a Editorial Galaxia trae un libro do que xurden só ideas positivas para os nosos cativos.

O título do libro xa di moito, fálanos como xa dixen en positivo, e tamén falan en positivo as súas ilustracións, que veñen da man de Luis Barbolla. Uns dibuxos coloristas e que parecen sair da man dun cativo farán deste libro un pequeno imán para os nenos, que o ver dibuxos que parecen feitos por otro rapaz quererán vélo de contado.

Alegra é o personaxe principal deste pequeno gran conto, unha pequena eiruga que no seu camiño atopará a outros seres todos diferentes e moi divertidos e que lle aportarán algo bó a Alegra. Todos eles darán sentido ó camiño de Alegra, e o mesmo tempo, amosarán ós xoves lectores un montón de leccións interesantes sobre as súas propias vidas e sobre o significado que ten o seu propio camino ó longo do seu vivir, e darános asemade moitas razóns para seguir sempre adiante.

Neste libro os cativos aprenderán que todos somos diferentes e cada un sigue un camiño distinto, máis ainda que para ti o camiño do teu amigo non sexa a mellor opción, para él si o será, e o levará polo sendeiro de conseguir os seus desexos e a súa felicidade, que ó final tamén é a nosa felicidade, pois moita da alegría de cada ún de nós radica na felicidade dos nosos amigos, que sempre queremos que lles vaia ben na vida, non sí?. Disfrutar de cada intre, apreder de cada persoa coa que nos atopamos, observar as situacións que temos aredor, aproveitar as oportunidades que aparecen nas nosas vidas,  coñecer moitos amigos, viaxar, aprender novas cousas...todo elo redunda na felicidade da persoa e na súa alegría de vivir, eso é o que nos ensina este pequeno conto.

Co libro atoparedes un cd de música, a banda sonora do libro, con fermosas cancións de mensaxes moi alegres e positivos. Un libro-cd onde os máis novos aprenderán que "o diferente" non é malo, senón unha oportunidade para aprender, para medrar, o diferente enriquece¡¡

Un libro positivo, divertido e de lectura rápida, un libro para mercar e compartir. Tédelo que mercar xa¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario