"O becho que quería comer á avóa" de Rocío Leira

Ola¡¡ Xa teño unha nova recensión, o conto "O becho que quería comer á avoa" da escritora Rocío Leira. Un pequeno gran conto editado pola Editorial Galaxia.

Si, digo ben, un pequeno gran conto, porque aínda que ten poucas páxinas, esté é un conto ben grande, un conto moi importante se sodes pais e tedes, ou estades a crear, unha biblioteca de referencia para os vosos fillos en lingua galega. 

É un libro importante pola actualidade do téma que trata nas súas follas, xa que nesta ocasión, o libro escrito por Rocio Leira, somerxe ós nosos fillos nunha problemática familiar que a gran maioría das familias sofre, sofriu ou sofrirá. Serálles fácil con este libro aprender que nalgunhas situacións hai familiares que han de marchar lles guste ou non, e que hai enfermidades que hai que afrontar xuntos en familia.

Contado dende a perspectiva dunha pequena cativa chamada Sara, Sariña, atoparedes o diálogo interno da nena que se enfronta a unha situación dificil na súa familia, máis que gracias a maestría dos seus pais e da súa avoa, logra aceptar e asimilar a problemática da enfermidade. Da man de Sariña os vosos fillos comprenderán esa situación, pois a forma de narrar os feitos está creada dunha maneira que, ese diálogo interno de Sara, irá abrindo camiño pouco a pouco para dar a coñecer a enfermidade, os seus procesos e incluso as consecuencias da mesma dunha maneira suave e entretida para eles.

A temática do libro é dura, unha dura realidade que vemos día a día en todos os recunchos do noso país, máis é importante facer entender os cativos que estas cousas pasan e que forman parte da vida, é algo natural. Se esto o fas nun idioma sinxelo, cunha forma narrativa que se acerca a forma de pensar dos cativos pois aquí temos a ferramenta que nos pode axudar a facer dos nosos fillos uns pequenos preparados para afrontar a vida con valentía e comprensión e faremos deles uns nenos cooperativos nestas situacións tan delicadas e complicadas para todos. Excelente¡¡

A verdade, un libro para ter na casa e para compartir se fora necesario, pois penso que abre a mente dos máis pequenos a mundos que a veces, aínda para nos, é dificil de aceptar. Encantoume¡¡

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández