martes, 25 de agosto de 2015

Novidades da Editorial Galaxia

Ola¡¡ Aquí tedes algunhas das novidades que mostra a Editorial Galaxia na súa páxina web e que parecéronme interesantes para vosoutros e para min. Tal vez achedes algo do voso interese. Un saúdo¡¡

"AS ULTIMAS GALERIAS" de Xosé María Álvarez Cáccamo

Título: As últimas galerías
Autor: Xosé María Álvarez Cáccamo
Editorial: Galaxia 2015
Colección: Literaria
204 páxinas
ISBN:  978-84-9865-619-0
P.V.P: 16,00 €

O percorrido a través dun álbum de fotos familiares; a lectura dun feixe de cartas de amor; un soño sorprendente e as conversas sostidas con antigas amizades da nai -entre outras fontes de información- permiten ao narrador, fillo dunha muller afectada de demencia senil e internada nun centro xeriátrico, indagar arredor do sentido enigmático de determinados acontecementos do pasado que, pouco a pouco, se lle van revelando. Novela de evocación. As últimas galerías tece vagarosamente o retrato da parella protagonista para acelerar o ritmo narrativo conforme o narrador, ao tempo que as lectores e os lectores, comenza a descubrir as dramáticas claves dun enigma. 


"PEQUENAS HISTORIAS PARA FALAR DE EMOCIÓNS E SENTIMENTOS"  de Julia Fernández Rodríguez.

Titulo: Pequenas historias para falar de emocións e sentimentos
Autora: Julia Fernández Rodríguez
Editorial: Galaxia 2015
Colección: Intervencion social/ Didáctica.
84 páxinas
ISBN: 978-84-9865-618-3
P.V.P: 12 € IVE incluido


Sabemos como explicar Xeometría ou Historia da Arte, pero como falar de sentimentos? Como abordar a complicada mestura que nos nace dentro do corazón coas emocións provocadas polos acontecementos, os pensamentos, os amores, as esperanzas, en definitiva, por todo o que nos vai pasando na vida?
Neste libro, a autora, profesional da educiacón de longa experiencia (traballou durante moitos anos en alas hospitalarias), explícanos como abordar o complexo mundo das emocións e dos sentimentos para, ademáis de saber como tratar con elas, saber como entendelas, xestionalas e, no fondo, vivir mellor.
Un texto util que nos permitirá entendernos mellor.
A parte final do libro, ademais, contempla unha fermosa sorpresa literaria e artística...


"ALMAS DE ALGODÓN" de Enric Lluch

Titulo: Almas de algodón
Autor: Enric Lluch
Editorial: Galaxia 2015
Colección: Árbore (a partir de 8 anos)
96 páxinas
ISBN: 978-84-9865-623-7
P.V.P:  9 € Ive incluído.


Carlos e a súa familia acaban de mudarse á vila. Todo é novo para el: a escola, os libros, os compañeiros de clase. Os seus pais e os mestres intentarán facilitarlle a integración, pois Carlos é un neno con discapacidade intelectual. Pero quen conseguirá axudalo será un misteriosos vello chamado Tobías. Con este curioso personaxe, Carlos e os seus novos amigos aprenderán a facer maxia, a ler cos ollos pechados, mais, sobre todo, a entender as limitacións e valora as virtudes que todos temos.

"AQUELES ANOS DO MONCHO" de Xosé Neira Vilas

Titulo: Aqueles anos do moncho
Autor: Xosé Neira Vilas
Editorial: Galaxia 2015
Colección: Literaria
148 páxinas
ISBN: 978-84-9865-622-0
P.V.P: 12 € Ive incluido


Esta é unha historia longa contada en capítulos breves. Transcorre nunha aldea galega durante os anos da Guerra Civil. Todo xira arredor da existencia dun neno duns nove anos, cheo de curiosidade máis ao que lle custa entender o que acontece. Con todo, vai madurecendo e vai percibindo algo nese mundo a un tempo estreito e universal. Con tnrura e sinxeleza, Moncho vaise achegando ao que sucede atao o punto de querer incorporarse a unha loita que esta máis alá das súas posibilidades.

2 comentarios:

  1. Penso que todos poden estar moi ben, pero o primeiro "As últimas galerias" penso que será o primeiro da miña lista particular. Por certo outra cousa das tuas recomendacións son os prezos. Nun momento no que todo parece carísimo, poder mercar libros por 16 ou 9 euros e una maravilla, porque xuntando menos de dous euros diarios, o final do mes podes mercalos todos... non é estupendo?. Unha vez máis gracias. Vicky

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Así ainda gusta máil achegarse á lectura, bos precios e moi boa literatura, un binomio de luxo para os amantes dos libros. Un bico Vicky

      Eliminar