Iván García Campos

Iván García Campos (A Coruña, 1974) obtivo en 2008 o Premio Nacional de Narracións Curtas Modesto Rodríguez Figueiredo, instituído pola Fundación do Pedrón de Ouro, pola súa obra Unha casa chea de xanelas

Coa súa primeira novela, O imposible de desatar, recibiu o Premio Blanco Amor en 2010. 

Neste ano 2015 trae a súa nova publicación da man da Editorial Galaxia, "Cuestións vitáis secretas", un libro sobre os secretos das nosas vidas que non son revelados, pero secretos que removen as nosas vidas por completo. Os relatos que Iván García Campos introduce nesta nova novela, desvela todo aquilo que sempre está a piques de acontecer e parece que endexamais chegará a realizarse. Un libro moi interesante que non vos deixará indiferentes.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández